Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Mellorar a saúde materno-infantil nas comunidades indíxenas de Cotacachi, Ecuador
O obxectivo xeral do proxecto é mellorar a saúde das mulleres embarazadas, as nais e os nenos/as menores de cinco anos nas comunidades indíxenas de Cotacachi, en Ecuador. O proxecto contribúe a este obxectivo ao fomentar o acceso aos servizos de saúde entre 45 comunidades indíxenas que agrupan a 3000 familias. O proxecto impulsará un compromiso interconectado en tres niveis. En primeiro lugar, capacitarase unha escola de partería indíxena. En segundo lugar, fomentarase un compromiso directo coas comunidades.
-
Acordo de Prórroga do Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria
Prórroga do Convenio entre a cooperación descentralizada e a AECID para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, subscrito o 3 de outubro de 2018 e publicado no BOE o 9 de novembro de 2018, cuxa vixencia foi prorrogada en 2019 e 2020.
-
Activistas polo mundo que queremos 2021-2022
Novena edición (nesta baixo o título Activistas polo mundo que queremos 2021-2022) dunha iniciativa que forma parte do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
-
Adquisición de 360.000 xiringas para a vacinación xeneralizada contra a COVID da poboación cubana
O convenio ten por finalidade a loita contra a expansión da pandemia provocada pola COVID-19 a través da subministración do material necesario para a vacinación xeneralizada da poboación cubana con vacinas desenvolvidas en Cuba polo Instituto Finlay e o Centro de Ingeniería Genética y Biotecnología.
-
Fortalecemento das accións de vacinación contra o Coronavirus, a Polio e o Sarampelo nas Redes de Saúde dos departamentos da Paz, Cochabamba e Pando. Bolivia
O proxecto conta con accións que estarán dirixidas a mellorar o acceso á vacinación de poboacións de áreas periurbanas e rurais de difícil acceso en 43 redes de saúde dos Departamentos da Paz, Cochabamba e Pando. O financiamento da Xunta de Galicia estará dirixida a 15 destas redes. O proxecto divídese en tres liñas de actuación:
-
Construción de vivendas resilientes fronte ao cambio climático en Mozambique
O proxecto trata de reforzar as capacidades das comunidades que foron afectadas polos ciclóns no municipio de Boane, para apoiar na reconstrución das infraestruturas destruídas.
-
Combatendo a violencia machista nos campos de poboación refuxiada de Palestina na Franxa de Gaza: protección e atención ás mulleres sobreviventes de violencia de xénero 2021
Convenio subscrito no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamento de actuacións no marco das medidas 36 e 37 do devandito Pacto, que afectan o ámbito da cooperación internacional:
-
Servizos integrados de prevención e resposta á violencia de xénero e protección infantil para nenos e nenas refuxiados en Uganda
Convenio subscrito no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamiento de accións no marco das medidas 36 e 37 do devandito Pacto, que afecten o ámbito da cooperación internacional:
-
Loita contra a violencia sexual e a discriminación das mulleres na República Democrática do Congo-RDC
Convenio subscrito no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamiento de accións no marco das medidas 36 e 37 do devandito Pacto, que afecten o ámbito da cooperación internacional:
-
A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación II
Este proxecto xorde da experiencia acumulada do Fondo Galego nos seus 24 anos de andaina, así como das demandas e vontades das administracións locais socias. Tivéronse en conta asemade as principais debilidades detectadas para a difusión e implementación dos ODS no eido local, buscando actividades que resultaran atractivas e novidosas. Por outra banda, a participación de concellos de menos de 50.000 habitantes está garantida, sendo un obxectivo para o Fondo Galego promover actividades destinadas aos concellos pequenos e medianos en función da súa poboación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »