Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas técnicas da universidade galega. Fase 3
Con este proxecto quérese continuar o traballo no Programa Tecnoloxía Sen Fronteiras de promoción e visibilización da tecnoloxía para o ben común nas universidades públicas galegas. Ademais de promover a investigación e activismo da comunidade educativa universitaria galega de base tecnolóxica.
-
Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida. Fase III
Este proxecto pretende fortalecer os vínculos entre organizacións sociais de Galicia e Honduras na defensa da terra e a vida fronte ao extractivismo, apostando por unha cidadanía global activa, crítica e comprometida.
-
Mensaxes que transforman: Mozos de Galicia e Guatemala crean unha campaña de educación e comunicación conxunta para a promoción dunha cidadanía global crítica e activa ante as inxustizas.
O proxecto enmárcase na Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas, que ten como finalidade promover a construción de cidadanía global a través da adquisición de habilidades para o exercicio dunha cidadanía plena, crítica, activa e transformadora. Este proceso de participación xuvenil leva activo en Galicia desde 2004, e este proxecto pretende achegar novas ferramentas e habilidades para a comunicación para a transformación social e espazos de participación estables aos grupos solidarios, centros educativos e entidades sociais participantes.
-
A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030. Unha ollada con lentes violetas cara o sur coa ApS como ferramenta de transformación social
O proxecto céntrase en fortalecer a participación activa e a conciencia social da infancia, mocidade, persoal educador e do alumnado universitario galego na defensa e promoción do bo trato á infancia. Faino mediante iniciativas de formación, sensibilización, mobilización cidadá e incidencia política, integrando a perspectiva do Sur Global e aplicando un enfoque interseccional e de xénero.
-
ODiSeIA: educación, participación e mobilización para reducir o impacto das narrativas discriminatorias e anti Axenda 2030
ODiSeIA é un proxecto que combate a polarización e o odio en Galicia mediante as historias e as tecnoloxías dixitais, empoderando ás persoas migrantes e defensoras de dereitos. Combina Realidade Virtual e Intelixencia Artificial para xerar narrativas positivas, fomentar a participación cidadá e reforzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Ademais, promove valores interculturais, formación en tecnoloxías innovadoras e a construción dunha sociedade máis xusta e inclusiva.
-
Dereito ao Hábitat Rural para a promoción dun modelo de hábitat rural sostible baseado en dereitos humanos, igualdade de xénero, promoción da cultura de paz, cidadanía global e valoración da diversidade cultural en 15 comunidades educativas do ámbito rural galego
O proxecto desenvólvese en 15 comunidades educativas pertencentes a territorios nos que se identifican certas vulneracións do dereito ao hábitat: perda de servizos básicos, escaseza de oportunidades, despoboamento... Ten como obxectivo que esas comunidades educativas do rural galego adquiran os coñecementos e as actitudes para promover un modelo de hábitat rural sostible baseado nos dereitos humanos, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz, a cidadanía global e o aprecio da diversidade cultural.
-
Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do Dereito ao Hábitat, no marco da axenda 2030-ODS, desde a participación social comunitaria e a perspectiva interseccional. Fase 3
Este proxecto, desenvolvido no barrio coruñés da Agra do Orzán, busca fortalecer as capacidades comunitarias mediante procesos de aprendizaxe colectiva e metodoloxías participativas, cun enfoque ecofeminista e antirracista. O seu obxectivo é fomentar a inclusión, a convivencia intercultural e a defensa do dereito a un hábitat digno, vinculando o local coas realidades do Sur global. Envolve centros educativos, entidades sociais e a Universidade da Coruña (UDC), coa participación directa duns 1.700 persoas.
-
Rede de Eco Hortas Escolares
O proxecto ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables.Trabállase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares, na que participan 14 centros educativos.
-
Promover a co-responsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado e profesorado
O proxecto céntrase en atacar a raíz destes discursos, fomentados por escasa alfabetización mediática e uso manipulativo de contidos dixitais por grupos extremistas. Na súa 4ª fase, actualizaranse datos sobre odio en institutos galegos, revisaranse metodoloxías educomunicativas interseccionais e antifascistas co apoio de Pura Quiteria, e aplicarase en 8 aulas de 3 centros. Participarán 200 estudantes en 24 obradoiros, nos que analizarán estereotipos e crearán materiais contradiscursivos en grupos reducidos con monitores.
-
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de creación de produtos educomunicativos do alumnado
EpDLab celebra o seu décimo aniversario consolidado como unha comunidade educativa estable que conecta ensino, universidade e terceiro sector. O proxecto promove a Educación para o Desenvolvemento a través da comunicación dixital, o pensamento crítico e a participación social. Actúa en varios IES galegos, fortalecendo competencias dixitais, sensibilización ante a desigualdade e acción cidadá pola xustiza global. A súa metodoloxía fomenta o traballo en equipo, a reflexión crítica e a colaboración intersectorial.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »