Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Proxecto Qoklen toj xnaq´tzb´il (valor á educación) por unha educación inclusiva, equitativa, de calidade, libre de discriminación, nunha contorna segura e nunhas infraestruturas apropiadas, no Municipio de Champerico, Retalhuleu
De acordo con o informe de Diagnóstico sobre educación inclusiva en Champerico con enfoque de xénero e pertinencia cultural (2020) o 52% dos menores con diversidade funcional non van á escola, porcentaxe que aumenta ata un 64% en áreas rurais. Estes datos derivan da situación de exclusión social provocada pola falta de recursos, das capacidades dos docentes e as barreiras arquitectónicas.
-
Mellora da sostibilidade e a xestión integrada da Cadea de Valor da Pesca e Acuicultura, promovendo o desenvolvemento socioeconómico, a igualdade de xénero, e a conservación ambiental dos ecosistemas de augas interiores, na provincia de Maputo (Mozambique)
O proxecto ten como obxectivo xeral mellorar a sostibilidade e a xestión integrada das actividades da cadea de valor da pesca e a acuicultura mediante a promoción do desenvolvemento socioeconómico, a igualdade de xénero e a conservación ambiental dos ecosistemas de augas continentais nos distritos de Namaacha, Boane e Moamba na provincia de Maputo.
-
Innovalac: Fortalecemento de competencias e promoción de tecnoloxías limpas na cadea láctea no departamento de Madriz
O proxecto ten como obxectivo central contribuír ao desenvolvemento empresarial de mulleres e mocidades vinculadas á cadea láctea. Preténdese non só mellorar a súa concorrencia, senón tamén empoderarlles economicamente e fomentar o seu liderado no sector, fortalecendo as súas competencias empresariais e comerciais na toma de decisións operativas e estratéxicas.
-
Comunidades rurais e centros educativos promoven a prevención do matrimonio infantil e unións temperás, desde o enfoque de interseccionalidade, na provincia San Cristóbal
Este proxecto ten como finalidade promover a prevención das unións temperás (UT), socialmente consideradas como matrimonios infantís, e o embarazo en adolescentes (EA), desde un enfoque de xénero, interseccional e psicosocial, mediante a articulación, entre comunidades rurais e comunidade educativa, de 3 comunidades rurais do municipio de San Gregorio de Nigua.
-
Contribuír a facer efectivo o dereito á saúde das persoas en risco de desnutrición fortalecendo os servizos de saúde e as boas prácticas nutricionais e de coidado con enfoque de xénero e pertinencia cultural en Alta Verapaz, Guatemala
Este proxecto pretende contribuír a facer efectivo o dereito á saúde das persoas en risco de desnutrición fortalecendo os servizos de saúde e as boas prácticas nutricionais e de coidado con enfoque de xénero e pertinencia cultural no municipio de San Pedro Carchá, Alta Verapaz, GT.
-
Melloradas as capacidades produtivas e coñecementos técnicos da poboación nova e mulleres Awajún de Urakusa para o acceso a alimentos nutritivos e culturalmente apropiados, promovendo a soberanía alimentaria
Desenvolto en Perú, concretamente no departamento do Amazonas na provincia de Condorcanqui, coa poboación Awajún da comunidade de Urakusa, este proxecto atende ás principais problemáticas da contorna e do contexto, poñendo o foco en: a falta de acceso a alimentos nutritivos e culturalmente pertinentes, a entrada de produtos de fóra e procesados a través do mercado, os altos niveis de contaminación por mor das fugas de petróleo, a minería ilegal e o uso de pesticidas; e a diminución de carne de monte e peixe dispoñible.
-
Fortalecida a Rede de Saúde pública do Distrito Municipal nº 8 (Plan 3000), Santa Cruz de la Sierra (Bolivia), Fase II
O presente proxecto constitúe a Fase II dun proxecto iniciado en 2021 que ten como obxectivo específico o fortalecer o sistema público de saúde do Municipio de Santa Cruz de la Sierra para que, grupos e poboacións en situación de vulnerabilidade, accedan a servizos de saúde especializados, inclusivos e de calidade, con prioridade da atención primaria e preventiva da poboación periurbana do Distrito Municipal Nº 8 (Plan 3000), ampliando a cobertura do sistema público de saúde.
-
Loita contra a pobreza e pola soberanía alimentaria en 5 comunidades indíxenas Ch'orti' de Jocotán, Chiquimula. Guatemala FASE II
O proxecto foi concibido para dar continuidade a “Loita contra a pobreza e pola soberanía alimentaria en 3 comunidades indíxenas Ch'orti' de Jocotán, Chiquimula. Guatemala”. Así, esta Fase II continúa promovendo a vixencia plena dos dereitos humanos das comunidades indíxenas Ch´orti´ da Rexión VIII (e especialmente o dereito á Soberanía Alimentaria) rescatando algúns aspectos estratéxicos identificados durante a execución e na Avaliación Final Externa do proxecto.
-
Proxecto te Chwinqlal (para a vida) para o acceso mellorado a auga e á súa gobernanza con enfoque de xénero, das 267 familias indíxenas, maioritariamente mulleres viúvas e solteiras, da comunidade Mam Cajolá, recentemente asentada en Champerico, Guatemala
Este proxecto dá continuidade ao plan iniciado en 2022 de acompañamento á poboación centrado nos aspectos de gobernanza, xestión de riscos e habitabilidade. O plan atende o principal déficit e vulneración de dereitos identificada pola comunidade que é o acceso á auga, saneamento e a súa gobernanza, tendo en conta o impacto que esta vulneración supón nas condicións de hixiene, saúde, produtividade e seguridade alimentaria.
-
Reforzo dos sistemas e mecanismos gobernamentais e comunitarios de prevención e actuación ante a VbG nos distritos de Koinadugu e Falaba.
Este proxecto ten como obxectivo contribuír ao fortalecemento da abordaxe da Violencia baseada en Xénero (VbG) nos Distritos de Koinadugu e Falaba, dous dos distritos máis desfavorecidos de Serra Leona, promovendo exercicio do dereito á saúde e a igualdade das mulleres. Isto conseguirase mediante o reforzo do acceso, a eficacia e a calidade dos sistemas gobernamentais e mecanismos comunitarios para a abordaxe da VbG neses distritos a través de dúas liñas de actuación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »