O capítulo II do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento regula o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, no que poderán inscribirse os axentes de cooperación enumerados no artigo 96.3, alíneas b), e), f) e h), da Lei 10/2021, do 9 de marzo, que cumpran os requisitos establecidos regulamentariamente.
No Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, regúlanse tres procedementos distintos: inscrición, modificación e cancelación.
As solicitudes de inscrición/modificación/cancelación deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), de acordo co establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
- Procedemento de inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento
- Procedemento de modificación da inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento
- Procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento