En cumprimento do disposto na base décima da Orde do 20 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR809A), DOG núm. 61, do 1 de abril, dáse publicidade á listaxe de puntuacións definitivas das persoas aspirantes na fase de avaliación dos méritos.