Proxectos
Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.
Buscar proxectos en
-
Acordo de Prórroga do Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria
Prórroga do Convenio entre a cooperación descentralizada e a AECID para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, subscrito o 3 de outubro de 2018, publicado no BOE o 9 de novembro de 2018, cuxa vixencia foi prorrogada nunha primeira anualidade a través da Adenda modificativa relativa ao acordo de prórroga e ao acto de adhesión do convenio entre a cooperación descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, publicada no BOE o 6 de novembro de 2019.
-
Convenio de colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Este convenio vén asinándose de forma ininterrompida desde o ano 2009 para garantir unha resposta rápida e áxil da Xunta de Galicia, a través da posta en marcha de accións de asistencia e atención inmediata de emerxencias, tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (situacións de fame, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) tratando de evitar unha gran mortandade entre os/as damnificados/as.
-
O Globo; observatorio para educar na cidadanía global
-
De Ítaca a Ávalon. Proxecto ponte entre a Fase I e II
-
Investigación - Acción - Formación para fortalecer a educación e integración do dereito ao hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia. Fase 2
O proxecto focalízase arredor da súa acción nos centros educativos de secundaria da Coruña e na facilitación de espacios de formación para axentes multiplicadores neste campo cunha serie de actividades que xiran en torno a:
-
Construción de recursos e capacidades para a integración dos ODS na Rede de Eco Hortas Escolares
O proxecto ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables. Para elo traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares, e cunha rede de traballo colaborativo en torno ás hortas escolares, impulsada por Amigos da Terra.
-
O movemento social do comercio xusto como exercicio de cidadanía global: unha contribución á consecución da Axenda 2030 desde Galicia
O proxecto abórdase de xeito integral dende 3 dimensións da EDCG: investigación, sensibilización, mobilización social e incidencia política. Farase mediante un conxunto de actividades que se desenvolverán en 8 concellos galegos en torno á temática principal do Comercio Xusto.
-
Elas deciden
O proxecto intégrase nunha estratexia global de ACPP destinada a sensibilizar sobre os procesos de empoderamento das mulleres a un e outro lado desta “liña” Sur-Norte global e, ademais, dar a coñecer ao conxunto da sociedade a labor que desenvolven as mulleres das organizacións contrapartes locais para comprendelas mellor, rachar prexuízos e coñecer realmente as dimensións e implicacións da cooperación internacional.
-
A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria
Este proxecto xorde da traxectoria previa entre a USC e FM, dando continuidade ao traballo realizado en común pola USC en materia de participación e integración universitaria coa implantación da metodoloxía pedagóxica da Aprendizaxe-Servizo na comunidade universitaria, e a experiencia de Farmamundi Galicia na execución de proxectos de ECG sobre dereitos humanos, saúde global e comunitaria e equidade de xénero.
-
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)
O proxecto EpDLab Fase 6 é un proxecto multimedia de comunicación para o desenvolvemento no que participan 5 centros educativos de 5 concellos de diferentes puntos de Galicia -Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión- e máis de Latinoamérica: os centros de ensino dos bateys de La Cubana e Olivares, no municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, na República Dominicana, que participa a través dunha actividade concreta.