No DOG do 25 de maio de 2016 publicouse a convocatoria de seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.
O obxectivo destas bolsas, cuxa convocatoria aparece recollida no Plan Anual 2016, é a formación de persoal especializado en materia de cooperación para o desenvolvemento.
Os destinos para a formación dos bolseiros son a sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, onde os/as bolseiros/as se formarán na xestión e xustificación dos expedientes de subvencións e as Oficinas Técnicas de Cooperación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) de Mozambique, República Dominicana, Nicaragua e Perú, nas que os/as bolseiros/as poderán coñecer no terreo o funcionamento das oficinas da Cooperación Española.