A Xunta de Galicia, en colaboración coa ONG Farmamundi, activou unha resposta de emerxencia para brindar atención sanitaria á poboación refuxiada urbana en Nairobi, Kenia, ante a epidemia de cólera. O Goberno galego achegará 7.700 euros para esta intervención na que se proverá de kits hixiénico sanitarios e de potabilización a 2.500 persoas, así como de actividades de sensibilización e promoción da saúde. Nesta actuación, Farmamundi contará coa colaboración de Foundation For Health and Social Economic Development Africa (HESED- África) o seu habitual socio local no terreo, quen coordina o seu traballo coas autoridades do goberno de Kenya .