A Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta e a organización Solidaridade Internacional Galicia promoveron o certame de curtametraxes ‘Dialogando co sur’
As curtas gañadoras foron ‘Fogar doce fogar’ e ‘2 – 0’, presentadas polos estudantes do I.E.S Valadares de Vigo e o Instituto García Barbón de Verín
Tres mozos de Palestina, Honduras e Sahara Occidental recorreron unha vintena de centros educativos galegos relatando o seu día a día e convidando aos estudantes a participar no concurso fílmico organizado con fins solidarios