Proxectos

  • Reforzo das capacidades técnicas de formación en acuicultura técnica a pequena escala en Mozambique

    En Mozambique, o sector da pesca contribúe, segundo datos do 2005, á xeración do 2% do PIB. Trátase dun sector que proporciona emprego directo a máis de 130.000 persoas; actualmente, o sub-sector da acuicultura en Mozambique está representado por unha industria de produción de camarón mariño que produce unha media de 1000 toneladas anuais. A adopción da Acuicultura como actividade produtiva por parte das comunidades rurais é fundamental para mellorar as condicións de vida destas e asegurar a súa seguridade alimentaria.

  • Apoio ao reforzo da extensión pesqueira e acuícola en Perú

    O proxecto pretendeu incidir na mellora da calidade de vida das comunidades costeiras dependentes da pesca artesanal. A comercialización pesqueira identifícase como un dos aspectos prioritarios a mellorar co fin de incrementar a rendibilidade da actividade extractiva. Por outro lado, o asociacionismo é un dos elementos clave para fomentar o desenvolvemento pesqueiro e concretamente a comercialización. Se ben nas caletas peruanas esixen un grao de asociacionismo elevado, este non se valora como efectivo.

  • Formación profesional e desenvolvemento produtivo sostible da pesca de pequena escala en Centroamérica. PROFOPAC III

    A partir da experiencia positiva desenvolvida coas intervencións realizadas nos anos anteriores financiadas pola Xunta de Galicia, identificouse a necesidade de afondar no desenvolvemento de capacidades como unha ferramenta clave para o desenvolvemento social e produtivo do sector da pesca de pequena escala na Rexión.

  • Intervención nutricional de emerxencia nos campos da rexión de Dadaab

    O presente convenio establece o marco de colaboración entre a Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados, ACNUR, para a execución de actuacións e proxectos en materia de acción humanitaria que contribúan a mellorar as condicións de vida dos refuxiados dos campos da rexión de Dadaab, en Kenya.

  • Compensación alimentaria escolar de UNRWA en Gaza

    O presente convenido de colaboración ten como fin principal axudar á mellora da área específica de educación, a través do apoio ao Programa de Compensación Alimentaria Escolar da UNRWA na Franxa de Gaza, coa finalidade de mellorar os niveis educativos e de rendemento escolar de 5.569 nenas e nenos refuxiados que asisten aos centros educativos desta Axencia das Nacións Unidas.

  • Colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacions de acción humanitaria e de emerxencia

    As actuacións a desenvolver por Farmacéuticos Mundi no marco deste convenio céntranse en dúas estratexias diferenciadas. En primeiro lugar, procederase ao envío de equipos estándares (Kits de Acción Inmediata e Kits Sanitarios para Emerxencias) que permitan atender ás necesidades da poboación durante máis dun ano, adaptándose estritamente ás necesidades e patróns epidemiolóxicos do país de destino e da urxencia concreta que se debe atender.

  • Ver convenio C-15-11 Axuda Humanitaria no Leste do Chad: Acceso a agua

     O presente proxecto enmárcase dentro dun programa de ACNUR onde se dotará de infraestruturas e servizos de auga á poboación sudanesa refuxiada nos campos de Treguine, Bredjing, Ouré Cassoni, Iridimi, Touloum, Am Nabak, Kounoungou, Mile, Farchana e Gaga xestionados por ACNUR no Leste do Chad, co fin de que as/os refuxiadas/téñan acceso sostible a auga potable de calidade, de conformidade cos estándares internacionais e en cantidades suficientes para o seu consumo, hixiene e uso doméstico.

  • C-16-11 Acordo de colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.

    Accións de asistencia e atención inmediata:
    Dada a especificidad das actuacións a impulsar, que pola súa natureza e imprevisibilidad requiren unha resposta áxil
    - Na medida que a loxística dependa da carga dos avións fretados pola AECID, así como dos compromisos desta para con outras institucións, Farmacéuticos Mundi informará á Consellería das reunións que se manteñan coa AECID respecto diso en cada unha das urxencias e será a Consellería, en coordinación coa AECID, que definirá que tipo de axuda e en que volume achegará a Consellería.

  • C-17-11 Proxecto de axuda alimentaria urxente aos campamentos de refuxiados saharauis.

    Situación Alimentaria da Poboación Refuxiada

    A poboación refuxiada saharaui depende para a súa supervivencia da Axuda Internacional. Nestes momentos non podemos falar dunha situación de seguridade alimentaría pois non está garantido o acceso de toda a poboación a alimentos nutritivos en cantidade suficiente para levar unha vida activa e sa.

    Todas as fontes consultadas coinciden na necesidade de complementar a dieta que recibe a poboación beneficiaria e diversificar a canastra básica que o Programa Mundial de Alimentos (PMA) ofrece mensualmente á poboación.

  • C-15-11 Axuda Humanitaria no Leste do Chad: Acceso a agua

    O presente proxecto enmárcase dentro dun programa de ACNUR onde se dotará de infraestruturas e servizos de auga á poboación sudanesa refuxiada nos campos de Treguine, Bredjing, Ouré Cassoni, Iridimi, Touloum, Am Nabak, Kounoungou, Mile, Farchana e Gaga xestionados por ACNUR no Leste do Chad, co fin de que as/os refuxiadas/téñan acceso sostible a auga potable de calidade, de conformidade cos estándares internacionais e en cantidades suficientes para o seu consumo, hixiene e uso doméstico.