Proxectos
-
Programa de educación para o desenvolvemento Voces do Sur. 3ª edición: as redes como medio de transformación social
Con este proxecto pechamos o Proxecto de Educación e Sensibilización para o Desenvolvemento Voces do Sur no que sería a súa 3º edición. Este ano queremos facer unha especial incidencia no traballo de formación e sensibilización sobre as desigualdades entre os países, as causas estruturais da pobreza e alternativas que se están construíndo, dentro do ámbito específico de traballo de AMARANTE Setem.
-
Campaña Mundial pola Educación 2012 en Galicia
Con este proxecto, o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia e as ONGD que a integran aos efectos deste proxecto (Educación sen Fronteiras, Entreculturas, InteRed e Seminario Galego de Educación para a Paz) quere dar continuidade ao seu traballo de sensibilización da sociedade galega, en xeral, e da comunidade educativa galega, en particular, verbo da situación da educación no mundo.
-
Fortalecemento dos axentes de cooperación en termos de sostibilidade ambiental
O eixe central de Amigos da Terra desde o seu comezo na Cooperación é o enfoque de sostibilidade que sempre imprime nos seus proxectos, intentamos sempre que sexan integrais, porque todo está íntimamente relacionado, polo que a única forma de abordar os problemas é considera-los como un todo.
-
Da información á actuación: itinerario para a mobilización cidadá
Coa presente proposta queremos contribuír á construción dunha cidadanía global, activa e comprometida para un mundo máis xusto. Para lograr este obxectivo cremos que é fundamental traballar
conxuntamente co resto de actores da sociedade civil organizada de Galicia e proporcionar ferramentas e espazos para a formación e autoformación de axentes multiplicadores. Pero tamén son fundamentais as accións de información e sensibilización destinadas á sociedade en xeral, como paso previo e
imprescindible dirixido á transformación social. -
En acción pola Igualdade! Galicia cara a unha cidadanía activa na loita pola superación da pobreza e as desigualdades no mundo
A campaña de sensibilización e EpD "En acción pola igualdade!" nace co obxectivo de sensibilizar e formar á poboación galega sobre cales son as causas que orixinan a pobreza e as desigualdades no mundo globalizado para despois conseguir unha cidadanía activa e responsable na procura de novas formas de guiar o desenvolvemento.
-
Mellora da educación e comunicación para o desenvolvemento na educación infantil, primaria e secundaria, e da formación en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no ámbito universitario
Este proxecto constitúe unha aposta integral pola sensibilización e formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca dende a educación infantil ata a universitaria.
-
Proxecto de difusión do concepto de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano a través da sensibilización e a educación formal na comunidade universitaria e na sociedade galega en xeral 2011
Este proxecto, a través da Educación para o Desenvolvemento (EpD) nas súas dimensións de Educación-Formación e Sensibilización, pretende introducir o concepto da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano (TpDH), como unha ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario e un acceso a servizos básicos como dereito humano.
-
Mellora da eficacia de MUSOL para a promoción da cooperación municipalista en Galicia
MUSOL rexistrou nos últimos anos un considerable crecemento no volume de actividades de cooperación, sensibilización e codesenvolvemento, reflexo da evolución da cooperación ao desenvolvemento en España e da xeral, progresiva afirmación do sector non lucrativo no noso país. Con todo, o rápido crecemento experimentado e o cambiante e complexo contexto nacional e internacional impón a toda organización desafíos notables para garantir a súa sustentabilidade, transparencia e adecuada xestión.
-
Fortalecemento integral en incidencia, eficacia e sostibilidade da asociación Labañou Solidaria-ONGD para aumentar a súa contribución de calidade ao esforzo común en cooperación ao desenvolvemento en Galicia
Este proxecto enmárcase dentro do obxectivo xeral da convocatoria por canto que pretende mellorar as capacidades deste actor para realizar unha contribución de calidade ao esforzo común en materia de cooperación.
-
Implementar a capacidade de AGARESO para deseñar e realizar accións de sensibilización e visibilización sobre realidades de inxustiza e exclusión social en Galicia e países do Sur
O proxecto presentado a esta convocatoria encaixa no proceso de fortalecemento establecido por AGARESO para a mellora de catro áreas da súa actividade: visibilización, xestión (interna e externa), comunicación e técnica. Todas elas pasan por unha profesionalización dentro do traballo da ONGD que aparece reflectida no seu Plan Estratéxico para o período 2010-2011 e permitirán dar un salto cualitativo importante en relación coa forma de traballar da entidade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- …
- seguinte ›
- última »