Proxectos
-
Enredadas no Cambio: Cartografía sonora do emprendemento feminista Norte-Sur Global Voces, saberes e territorios que sosteñen a vida.
Busca ampliar e enriquecer o imaxinario colectivo sobre o emprendemento, incorporando voces, saberes e prácticas económicas habitualmente ausentes dos relatos hexemónicos. A proposta articúlase arredor dunha cartografía sonora dixital, aberta e interactiva, construída colectivamente ao longo de tres anos a partir dos relatos de mulleres emprendedoras de Galicia, Perú, Bolivia, Guatemala e Nicaragua.
-
A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030. Un camiño de transformación social para a prevención da violencia
Desde o ano 2022 Educo implanta en Galicia unha liña de traballo estable orientada a prevención da violencia contra a infancia e a promoción do dereito á protección, a través de distintas iniciativas de Educación para a Transformación Social apoiadas pola Xunta de Galicia, en concreto, destacase o proxecto “A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030” aprobado nas súas convocatorias de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global nos anos 2022, 2023, 2024 e 2025.
-
Fortalecer as estratexias, as capacidades e as ferramentas das organizacións sociais e o sector da comunicación de Galicia para a defensa dos dereitos humanos e a democracia a nivel global.
Ante a ofensiva contra os DDHH, resistencia organizada. Esta é unha proposta que busca fortalecer o sector das ongd e da comunicación para unha defensa decidida dos dereitos humanos e a democracia nun contexto cada vez máis hostil. Ao mesmo tempo fará especial énfase en pór en valor o aporte da cooperación internacional e os seus diferentes actores nesta mesma defensa.
-
Elas deciden: corpo, territorio e paz. Fortalecendo o compromiso social e institucional a favor da cultura de paz feminista
Elas Deciden intégrase nunha estratexia global de Asemblea de Cooperación pola Paz dende o ano 2020 que xira entorno ao fortalecemento das relacións entre movementos feministas e de mulleres do Sur e Norte Global, identificando necesidades transversais e accións para a promoción da igualdade e o intercambio de coñecementos entre os territorios a un e outro lado do Atlántico.
-
Fortalecemento pedagóxico e participación comunitaria para a mellora da aprendizaxe e a retención escolar en Varanasi (India)
Este proxecto baséase no traballo que o DJDDS leva anos desenvolvendo sobre o dereito á educación en contextos urbanos vulnerables de Varanasi, co apoio de Semilla para el Cambio, fortalecendo os procesos de apoio educativo e avanzando cara a modelos pedagóxicos máis inclusivos, participativos e centrados no alumnado. Do mesmo xeito, a intervención busca fortalecer a participación activa das familias e da comunidade nos procesos educativos, promovendo unha maior corresponsabilidade e apropiación comunitaria do programa.
-
Mellorado o acceso á educación primaria e á alfabetización de mulleres na aldea de Catão na Guinea Bissau
Coa presente proposta pretendemos rehabilitar unha escola pública de primaria na aldea de Catão (Cacheu), ante a falta de recursos do Ministerio de Educación para poder asumir a reparación e mantemento das escolas, sobre todo en zonas rurais illadas como é o caso. A referida escola conta con dous edificios de 150 e 110 m2 respectivamente (ver anexo 7a e 7b_Planos da escola). No primeiro edificio hai tres aulas, unha sala de profesores e un almacén. No segundo edificio hai catro aulas de 25m2 cada unha.
-
Mulleres que texen vida mediante a formación artesanal e o desenvolvemento comunitario en Potosí, Bolivia, Fase II
O obxectivo central do proxecto é consolidar a autonomía económica, social e organizativa das mulleres en situación de vulnerabilidade da comunidade de Barrio Lindo, en Potosí, mediante unha estratexia integral que combina a formación técnica, o desenvolvemento de capacidades produtivas e a protección da infancia.
-
Fortalecemento transfronteirizo da xestión de emerxencias ante inundacións e riadas nas rexións do sur de Perú, coa participación de equipos de Bolivia. Fase II
Este proxecto ten como obxectivo reducir a vulnerabilidade das comunidades do sur do Perú ante inundacións e desbordamentos, mediante o fortalecemento das capacidades dos seus equipos de emerxencia. Amplía a estratexia posta en marcha inicialmente para facer fronte aos incendios forestais, unha resposta motivada polo elevado risco existente nas zonas onde a vexetación foi destruída. O proxecto contempla a colaboración transfronteiriza con Bolivia, fomentando o intercambio de experiencias en materia de xestión de riscos.
-
“Da Intervención á Sustentabilidade”: Fortalecemento institucional para unha atención sanitaria pública de calidade para as persoas con albinismo en Malaui
Este proxecto aposta por fortalecer institucionalmente o Goberno de Malaui e o sistema de saúde pública do país para garantir o dereito á saúde en condicións de calidade e equidade de 660 persoas con albinismo (PCA) de 7 distritos das rexións Norte e Central (Karonga, Chitipa, Rumphi, Nkhatabay, Mzimba, Kasungu, Dowa). Malaui presenta unha das prevalencias de albinismo máis críticas a nivel global.
-
Fortalecemento comunitario e resiliencia fronte ás emerxencias nos campamentos saharauís mediante a Protección Civil
A intervención desenvólvese nos campamentos de poboación refuxiada saharauí situados na hammada alxerina, próximos a Tinduf, onde máis de 170.000 persoas viven nunha situación prolongada de vulnerabilidade social, ambiental e climática (ver anexo de mapa e características dos campamentos).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »