Proxectos
-
Implementación do módulo de hostalería na Escola Técnica integral “San Alonso” da Villa 1º de Mayo. Santa Cruz de la Sierra. Bolivia
O obxectivo da creación do módulo de hostalería na Escola Técnica “San Alonso” é formar homes e mulleres con capacidades técnicas que lles permitan inxerise no mercado laboral. Hai que destacar que a devandita Escola é un centro de carácter integrador, tanto pola inclusión de persoas con discapacidade, como polo especial respecto e protección do factor cultural por parte da comunidade educativa.
-
AYMURAY MIT´A : Mellora do estado nutricional de nenos/as cun enfoque agroecolóxico, produtivo e ambiental en catro Unidades Educativas dos Municipios de Toco e Tarata, Cochabamba. Bolivia
O obxectivo do proxecto é mellorar o estado nutricional de nenas e nenos a través do acceso e a mellora da dispoñibilidade de alimentos nutritivos cun enfoque agroecolóxico, produtivo e ambiental en catro unidades educativas dos municipios de Toco e Tarata.
-
Mellora da calidade de vida das comunidades indíxenas guaranís de Luís Calvo e Hernando de Siles a través do fortalecemento das capacidades organizativas e produtivas. Bolivia
Este proxecto busca abarcar 20 comunidades Guaranís, das cales algunhas se atopan en proceso de consolidación do traballo realizado en fases anteriores e outras que expresaron o seu interese e están dispostas a iniciar accións de desenvolvemento como as que veñen realizando noutras comunidades. Polo tanto, iniciarase o traballo de xeito intensivo en nove comunidades da capitanía de Ingre, seguirase apoiando e consolidando os procesos iniciados en sete comunidades da capitanía de Kereimbarenda e realizaranse accións puntuais en catro comunidades das capitanías de Guakareta e Añimbo.
-
Promover a apropiación de coñecementos, destrezas e habilidades técnicas e o desenvolvemento de competencias emprendedoras de mulleres indíxenas da área rural, que lles brinde un espazo para a xeración de emprego autónomo
A intervención busca apoiar a formación de 550 mulleres residentes do departamento de Sololá e sensibilizar a outras 1.000 para que desenvolvan ou fortalezan competencias para inserirse de xeito dependente ou autónomo ao mercado laboral desde a vía da formación técnica ocupacional no plano extraescolar. Isto permitiralles mellorar as condicións económicas das familias, podendo así mellorar a súa educación, a súa saúde e a súa alimentación.
-
Sensibilizar e formar, en materia de Cooperación ao Desenvolvemento, a un centenar de poboación moza do rural galego en base á soberanía alimentaria e aos principios do comercio xusto
Este consorcio, nacido da experiencia e da coincidencia en obxectivos das catro asociacións participantes, pretende sensibilizar á sociedade galega, especialmente no ámbito rural, en dous eidos que consideran fundamentais: a cooperación ao desenvolvemento e o comercio xusto e responsable (e, por ende, a soberanía alimentaria).
-
Proxecto de difusión do concepto de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano a través da sensibilización e a educación formal na comunidade universitaria e na sociedade galega en xeral 2012
En Enxeñería Sen Fronteiras Galicia somos testemuñas de como a sociedade galega non exerce sempre como cidadanía crítica, constatando unha falta de compromiso social e conciencia da mesma na loita contra a pobreza e a exclusión social que sofre parte da poboación mundial, especialmente nos países empobrecidos, xa que a pesares de que si amosa interese nestas temáticas, valórase moito máis o traballo das ONGD en proxectos no terreo que aquí.
-
Campaña Mundial pola Educación 2013 en Galicia
A finalidade deste proxecto é dar continuidade ao seu traballo de sensibilización da sociedade galega, en xeral, e da comunidade educativa galega, en particular, verbo da situación da educación no mundo.
A Campaña Mundial pola Educación en Galicia impulsa nos centros educativos e entre os axentes sociais e os actores da cooperación galega, a conciencia da grave situación de incumprimento dos obxectivos de educación para todos e todas de Dakar e dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.
-
Cidadanía global e Dereitos Humanos: participación para o cambio social por parte da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade no curso 2012-2013
Con este proxecto, Entreculturas quere dar continuidade ao seu apoio e acompañamento á comunidade educativa galega no labor de promover unha cidadanía global e unha cultura da solidariedade que permita a transformación das realidades de inxustiza e exclusión a nivel global e local. Este apoio realízase a partir das liñas de acción establecidas na área de educación para o desenvolvemento da entidade dos últimos anos, integradas, ademais, na proposta de Redes Solidarias Educativas de Entreculturas.
-
Parcería para o apoio técnico á consolidación da administración rexional de augas do norte (Ara Norte). Mozambique
A presente proposta pretende mellorar de xeito medible ata o ano 2014 a realización das atribucións e competencias do ARA Norte, establecidas no seu estatuto orgánico, para o cumprimento do seu obxectivo de protección, desenvolvemento e xestión integrada e participativa dos recursos hídricos. Así, as áreas seleccionadas de actuación se concentran no monitorio deses recursos hídricos; a avaliación das infraestruturas hidráulicas; e na xestión ambiental, planificación e control do dominio público hídrico, liderando a participación e involucramento dos actores de interese.
-
Fortalecemento institucional e comunitario no marco do programa Oxlajujtz´ikin. Fase IV
O proxecto representa a derradeira fase do programa Oxlajuj Tz’ikin no ámbito do fortalecemento das capacidades técnicas, administrativas, financeiras e políticas dos gobernos municipais e das organizacións comunitarias de Retalhuleu e Champerico. Preténdese que ao finalizar a execución, os gobernos municipais consoliden a súa capacidade financiera para o que se traballará fundamentalmente no ordenamento territorial. Respecto ás estruturas comunitarias, afóndase na súa participación e incidencia para o desenvolvemento integral e a equidade de xénero dende a cosmovisión maia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- …
- seguinte ›
- última »