Proxectos
-
Mellora das capacidades produtivas para a soberanía alimentaria e para o impulso de iniciativas produtivas comunitarias na costa sur de Guatemala. Departamento de Retalhuleu. Fase III
Coa presente proposta preténdense consolidar os procesos iniciados nos períodos correspondentes do 2009 ao 2011 co proxecto "Mellora das capacidades produtivas para a soberanía alimentaria e para o impulso de iniciativas produtivas comunitarias na Costa Sur", financiado pola Xunta de Galicia mediante convenio de colaboración asinado en setembro de 2009, e o convenio asinado o 27 de abril 2011 no marco do Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj Tziquin, Champerico, Retalhuleu, Guatemala.
-
Proxecto para a mellora da atención primaria en saúde e o acceso e uso apropiado de medicamentos esenciais en 17 comunidades rurais dos municipios de Retalhuleu e Champerico na costa Sur de Guatemala, Fase IV
O presente proxecto ten como obxecto a "Mellora da atención primaria en saúde e o acceso e uso apropiado de medicamentos esenciais en 17 comunidades rurais dos municipios de Retalhuleu e Champerico na costa Sur de Guatemala", xerando as capacidades e recursos suficientes para garantir o acceso adecuado aos servizos de atención primaria en saúde e medicamentos esenciais na zona de intervención.
-
Proxecto de saneamento ambiental en Champerico, Departamento de Retalhuleu. Guatemala. Fase III
O principal obxectivo do Proxecto Integral de Saneamento Básico (Convenio III) é contribuír a que catro comunidades do municipio de Champerico accedan a condicións de vida digna a través da mellora da infraestrutura hixiénico-sanitaria sustentada na promoción da equidad, o respecto aos dereitos humanos, á identidade étnica e á diversidade cultural e a protección do medio ambiente.
-
Mellora das condicións de habitabilidade básica no marco do programa Oxlajuj Tz´ikin. Departamento de Retalhuleu - Guatemala. Fase IV
O proxecto, que dá continuidade ao traballo iniciado en 2008, ten como obxectivo mellorar as condicións de habitabilidade básica das familias que se atopan en situación de maior pobreza e vulnerabilidade das Comunidades do Departamento de Retalhuleu a través da construción e mellora de vivendas, capacitación en técnicas construtivas e impulso dunha actividade produtiva de fabricación de materiais de construción.
-
Fondo Galego: 15 anos administrando a solidariedade desde o local
O convenio "15 anos administrando a solidariedade desde o local", quere servir de título ao plan de actividades de sensibilización social do Fondo Galego durante o ano 2012. Neste ano, no que o Fondo cumprirá tres lustros de vida institucional, o obxectivo principal seguirá a ser o de fortalecer a solidariedade municipalista galega. As actividades que se engloban no Plan, son continuadoras do traballo desenvolto no 2010 e 2011, e se centrarán na realización de exposicións, charlas, videofórums, espectáculos de contacontos, ou coa participación no concurso fotográfico: Imaxes con Fondo.
-
Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD no ano 2012
O convenio ten como obxectivo contribuír a mellorar o sistema galego de cooperación ao desenvolvemento, en especial o sector das ONGD, a través do fortalecemento institucional da Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD), que agrupa en 2012 a 48 ONGD galegas.
-
Reforzo das capacidades técnicas de formación en acuicultura técnica a pequena escala en Mozambique
En Mozambique, o sector da pesca contribúe, segundo datos do 2005, á xeración do 2% do PIB. Trátase dun sector que proporciona emprego directo a máis de 130.000 persoas; actualmente, o sub-sector da acuicultura en Mozambique está representado por unha industria de produción de camarón mariño que produce unha media de 1000 toneladas anuais. A adopción da Acuicultura como actividade produtiva por parte das comunidades rurais é fundamental para mellorar as condicións de vida destas e asegurar a súa seguridade alimentaria.
-
Apoio ao reforzo da extensión pesqueira e acuícola en Perú
O proxecto pretendeu incidir na mellora da calidade de vida das comunidades costeiras dependentes da pesca artesanal. A comercialización pesqueira identifícase como un dos aspectos prioritarios a mellorar co fin de incrementar a rendibilidade da actividade extractiva. Por outro lado, o asociacionismo é un dos elementos clave para fomentar o desenvolvemento pesqueiro e concretamente a comercialización. Se ben nas caletas peruanas esixen un grao de asociacionismo elevado, este non se valora como efectivo.
-
Formación profesional e desenvolvemento produtivo sostible da pesca de pequena escala en Centroamérica. PROFOPAC III
A partir da experiencia positiva desenvolvida coas intervencións realizadas nos anos anteriores financiadas pola Xunta de Galicia, identificouse a necesidade de afondar no desenvolvemento de capacidades como unha ferramenta clave para o desenvolvemento social e produtivo do sector da pesca de pequena escala na Rexión.
-
Intervención nutricional de emerxencia nos campos da rexión de Dadaab
O presente convenio establece o marco de colaboración entre a Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados, ACNUR, para a execución de actuacións e proxectos en materia de acción humanitaria que contribúan a mellorar as condicións de vida dos refuxiados dos campos da rexión de Dadaab, en Kenya.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- …
- seguinte ›
- última »