Proxectos

  • Xeración de coñecemento sobre a contaminación por metais pesados na auga subterránea do Sur de Honduras (CADMIO)

    A rexión sur de Honduras enfronta grandes carencias no acceso á auga e ao saneamento, principalmente debido ás condicións climáticas. Esta área atópase no corredor seco de Centroamérica, en pleno trópico seco, e sofre de secas prolongadas agravadas polo cambio climático, sendo unha das zonas máis afectadas do mundo por este fenómeno.

  • O Dereito como Ferramenta Transformadora. Claves xurídicas para unha Transición Enerxética Xusta e Inclusiva desde a Cooperación España-Ecuador na implementación de Comunidades Enerxéticas (TEJICEC)

    O proxecto aborda a falta de acceso á electricidade en zonas rurais de Ecuador e o impacto negativo dos modelos enerxéticos extractivistas sobre comunidades vulnerables. Propón unha cooperación científico-xurídica entre Galicia e Ecuador para impulsar unha transición enerxética xusta mediante comunidades de enerxía renovable e autoconsumo colectivo. A investigación combina a análise comparada dos marcos legais de ambos países co estudo do potencial eólico en Ecuador.

  • Desenvolvemento dunha formulación farmacéutica con peroximonosulfato activado pola radiación solar para mellorar a calidade microbiolóxica da auga de bebida: avaliación fronte ao enteropatóxeno de referencia Cryptosporidium (PharmAquaSol)

    O proxecto aborda o problema do consumo de auga contaminada, que afecta a 2000 millóns de persoas, e a súa relación coas enfermidades diarreicas infecciosas. Para mitigar este risco en áreas con poucos recursos, promóvese o uso do método SODIS, que consiste en expoñer auga en botellas de plástico á radiación solar durante 6 horas. O método SODIS é eficaz fronte ás bacterias, pero presenta limitacións con determinados virus e protozoos.

  • Mulleres á Fronte (MAF)

    O proxecto do grupo de investigación “Mulleres á Fronte” céntrase no estudo da relación entre migración, xénero e desenvolvemento, con especial atención ás mulleres migrantes. Aborda como as persoas migrantes actúan como axentes de cooperación, o asociacionismo migrante, as remesas materiais e inmateriales, e a organización transnacional dos coidados. Así mesmo, analiza a diversidade cultural das comunidades diaspóricas, especialmente a través das súas expresións artísticas e prácticas culturais, e a súa relación co desenvolvemento local e global.

  • Decolonizando os programas de achegamento á cooperación internacional. Avaliación participativa das estadías universitarias no Sur Global.

    O proxecto DECO-UNI busca avaliar de forma crítica e participativa os programas universitarios galegos de estadías en cooperación internacional no Sur Global, cun enfoque decolonial que promova relacións horizontais, ecoloxía de saberes e beneficio mutuo. Preténdese analizar o impacto destas estadías no alumnado, profesorado e organizacións receptoras, identificar boas prácticas e debilidades estruturais, e desenvolver un modelo de avaliación participativa e unha guía de recomendacións para mellorar os programas.

  • Circularidade das cadeas de valor de produción e consumo de bens intensivos en tecnoloxía en Latinoamérica. O papel da Intelixencia Artificial.

    O proxecto realiza unha investigación aplicada sobre economía circular e ecoinnovación en sectores intensivos en tecnoloxía, especialmente nos aparellos eléctricos e electrónicos (AEE) e na intelixencia artificial, en varios países de América Latina. A partir dun análise sistémico, busca identificar innovacións tecnolóxicas, modelos de negocio circulares e accións sociais que reduzcan os impactos ambientais ao longo de toda a cadea de valor.

  • Garantindo o futuro: Educación como esperanza para a infancia na Franxa de Gaza frente ao impacto do conflito

    O proxecto pretende garantir o dereito a unha educación de calidade e a programas de apoio á saúde mental para nenos e adolescentes na Franxa de Gaza, contribuíndo á súa resiliencia e recuperación. Isto implementarase no marco do programa Back to Learning (Volta á Aprendizaxe), que terá lugar en Espazos de Aprendizaxe Temporais (TLS) e en centros educativos operativos ou reconstruídos da UNRWA, proporcionando acceso a espazos de aprendizaxe adaptados á crise e garantindo a continuidade educativa a pesar do desprazamento forzoso.

  • Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

    A intervención contribúe á resposta ás necesidades humanitarias urxentes en Gaza e Líbano, centrando a súa axuda en proporcionar asistencia de emerxencia e subministracións esenciais de saúde á poboación afectada. Na Faixa de Gaza, a axuda está especialmente dirixida aos nenos e nenas afectados polo aumento da violencia, beneficiando tamén ás familias e os conxuntos de poboación afectados pola violencia, o desprazamento e o deterioro no acceso aos servizos básicos.

  • Apoio ao Programa Vacacións en Paz

    Vacacións en Paz preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente aos nenos e nenas saharauís. Trátase, por tanto, de ofrecerlles a estas nenas e nenos, nacidos no medio dun clima de guerra, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non só na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o pobo saharauí.

  • Activistas polo Mundo que Queremos 2025-2026

    Activistas polo Mundo que Queremos 2025-2026 é unha iniciativa dirixida a 300 alumnos e alumnas dos centros galegos de secundaria e formación profesional xunto ao seu profesorado. Ten como obxectivo afondar nas desigualdades sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención á realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega.