Proxectos
-
Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
A intervención contribúe á resposta ás necesidades humanitarias urxentes en Gaza e Líbano, centrando a súa axuda en proporcionar asistencia de emerxencia e subministracións esenciais de saúde á poboación afectada. Na Faixa de Gaza, a axuda está especialmente dirixida aos nenos e nenas afectados polo aumento da violencia, beneficiando tamén ás familias e os conxuntos de poboación afectados pola violencia, o desprazamento e o deterioro no acceso aos servizos básicos.
-
Apoio ao Programa Vacacións en Paz
Vacacións en Paz preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente aos nenos e nenas saharauís. Trátase, por tanto, de ofrecerlles a estas nenas e nenos, nacidos no medio dun clima de guerra, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non só na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o pobo saharauí.
-
Activistas polo Mundo que Queremos 2025-2026
Activistas polo Mundo que Queremos 2025-2026 é unha iniciativa dirixida a 300 alumnos e alumnas dos centros galegos de secundaria e formación profesional xunto ao seu profesorado. Ten como obxectivo afondar nas desigualdades sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención á realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega.
-
Impulsar a prevención da Violencia de Xénero e garantir a protección de mulleres e nenas refuxiadas de Palestina en Xordania.
O proxecto ten como obxectivo central transformar e visibilizar as relacións de poder desiguais entre xéneros, co fin de prevenir a violencia que enfrentan mulleres e menores, mellorar os servizos que se lles ofrecen e reducir o estigma que sofren as superviventes en cada campamento da UNRWA en Xordania e nas súas contornas.
-
Prevención e resposta á emigración, o tráfico e a violencia de xénero no distrito de Napak da rexión de Karamoja, Uganda.
O obxectivo desta intervención é reforzar o entorno de protección dos nenos e nenas do distrito de Napak, en Karamoja (Uganda), que corren o risco de ser vítimas da trata, incluso con fins de explotación sexual.
-
Protección e asistencia en resposta á violencia sexual e de xénero con especial atención a trátaa con motivos de explotación sexual, a mulleres e nenas refuxiadas sudanesas e das comunidades de acollida en Jamjang, norte de Sudán do Sur
O obxectivo deste proxecto é contribuir á protección da poboación refuxiada sudanesa e sursudanesa das comunidades de acollida mediante unha resposta integral de protección contra a violencia de xénero e a falta de acceso a recursos desde un enfoque de construción da paz e coidado ambiental nos campos de persoas refuxiadas de Jamjang, fronteira norte de Sudán do Sur con Sudán.
-
Apoio ao Programa Vacacións en Paz
Vacacións en Paz preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente aos nenos e nenas saharauís. Trátase, por tanto, de ofrecerlles a estas nenas e nenos, nacidos no medio dun clima de guerra, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non só na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o pobo saharauí.
-
Gobernanza participativa a través dunha cultura de prevención da violencia de xénero e xestión de lixo desde o Concello de Santo Domingo (República Dominicana)
O proxecto pretende reforzar a boa gobernanza municipal do Concello do Distrito Nacional a través da concienciación sobre a xestión do lixo e plásticos e, a prevención da violencia de xénero, de maneira máis concreta no barrio de La Ciénaga deste Concello. O presente proxecto, construíuse de forma participativa entre os socios locais e a Dirección de Planificación e Desenvolvemento Comunitario do Concello, permitindo analizar e priorizar as principais necesidades e liñas de traballo de dita instancia.
-
GALICIA ABRIGA: Programa Galego de acollida temporal a mulleres defensoras de Dereitos Humanos (II Edición)
A pesar do recoñecemento internacional do labor das persoas defensoras de dereitos humanos, a defensa dos DDHH segue sendo unha actividade de alto risco en moitas partes do mundo. E éo especialmente para as mulleres defensoras de dereitos humanos, que afrontan os mesmos riscos ca os homes que defenden dereitos humanos, pero que, ademais, deben facer fronte aos riscos vinculados a seren mulleres, polas fortes normas e tradicións socioculturais machistas e pola violencia contra as mulleres exercida en todos os lugares do mundo.
-
O municipalismo, km 0 da cooperación
O proxecto nace da experiencia acumulada do Fondo Galego, coa intención de promover unha maior participación, coordinación, eficacia, eficiencia, impacto e visibilización da cooperación municipalista realizada desde Galicia.