Proxectos
-
Atender as necesidades básicas en auga e saneamento da poboación afectada polo terremoto en Nepal
O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) é a principal organización internacional que traballa para promover os dereitos da infancia e conseguir cambios reais nas vidas de millóns de nenos/as, en calquera situación de emerxencia e crise humanitaria. UNICEF Comité Galicia é un dos comités que a nivel autonómico contribúen co traballo que se realiza en favor da infancia e na resposta ante emerxencias.
-
Prevención da violencia de xénero e mellora da saúde sexual e reprodutiva das mulleres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega. Nicaragua
O presente proxecto ten como obxectivo xeral contribuír á erradicación da pobreza e á mellora das condicións de vida e o exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres do municipio de El Viejo (Nicaragua) a través dun proceso de empoderamento cuios principais compoñentes son: a.
-
Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD no ano 2015
O convenio ten como obxectivo contribuír á mellora do sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da CGONGD; aumentando a lexitimidade desta como plataforma de representación única das ONGDs galegas e de promoción do cambio social e da defensa de política pública de cooperación en Galicia; mellorando o servizo de comunicación e visibilización externa e de información e o asesoramento interno, as capacidades técnicas e procesos internos da Coordinadora.
-
Mellora da infraestrutura nos sistemas de auga potable na zona rural do Distrito de Namora, Perú
O proxecto encamíñase a diminuír a incidencia de enfermidades gastrointestinais, parasitarias e dérmicas da poboación xeral e infantil a través do consumo de auga segura no Distrito de Namora, mediante a realización de diferentes actuacións: 1. Implementar e instalar un sistema de cloración por goteo, que permita o acceso aos servizos de auga segura das familias das comunidades, coa participación activa das familias; 2. Fortalecer e desenvolver as capacidades nas Xunta de Auga e Saneamento (XAS), para a sostibilidade dos servizos; 3.
-
Convenio de colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.
Accións de asistencia e atención inmediata de emerxencia tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (fame, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) para evitar unha gran mortaldade entre os damnificados.
-
Rehabilitación da Escola primaria rural de Ussaca, Mozambique
Este proxecto da Asociación Amigos de Inharrime pretende contribuír á redución da pobreza nas zonas rurais da rexión de Inhambane, promovendo unhas condicións educativas dignas e que melloren a calidade da aprendizaxe neste caso de 428 nenos e nenas de educación primaria dunha maneira sostible.
-
Redución da vulnerabilidade alimentaria e mellora do estado nutricional da poboación ancián usuaria dos servizos do proxecto social humanitario do antigo Convento de Belén, La Habana, Cuba.
La Habana Vieja conta cun número considerable de adultos maiores, rexistrándose na área municipal un total de 17.570 (10.521 mulleres e 7.049 homes), o que constitúe o 18.02 % da súa poboación.
-
Fortalecemento de capacidades en innovación tecnolóxica acuícola pesqueira, xestión socio económica con enfoque de xénero e sustentabilidade ambiental no litoral de Sechura (Piura, Perú)
A proposta que presentase nace da necesidade de 18 asociacións de pescadores mariscadores das caletas do litoral de Sechura (Piura, Perú), de dar continuidade ós procesos de innovación tecnolóxica promovendo a diversificación acuícola, as boas prácticas produtivas e sanitarias e inclusión socioeconómica, a sostenibilidade ambiental e o desenvolvemento organizacional e comercial.
-
Contribución ao acceso a unha educación de calidade para nenos e nenas desprazados e das comunidades de acollida afectados pola emerxencia no Condado de Akobo Este, Sur Sudán
Sudán de Sur é o país de máis recente creación e un dos países máis pobres e menos desenvolto do mundo. Está afectado por continuas crises o que xerou enormes necesidades humanitarias. A maior parte da poboación ten grandes dificultades para cubrir as súas necesidades básicas. A inseguridade alimentaria é unha das grandes preocupacións do país, afectando á metade da poboación, a malnutrición é crónica na maioría das rexións.
-
Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico
Este proxecto constitúe a fase III dos proxectos financiados pola Xunta de Galicia na convocatoria 2012 e 2014, tendo como obxectivo a mellora do coñecemento do recurso hídrico e a potenciación das capacidades de xestión da Administración Regional de Águas do Norte (ARA -Norte).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- …
- seguinte ›
- última »