Proxectos
-
Cooperación Galega: O mundo que queremos (V edición)
O presente proxecto constitúese como a V edición dunha iniciativa que conta con dúas características diferenciais que condicionan cada unha das fases e elementos que o compoñen; dunha banda, o feito de formar parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e doutra, o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades e colectivos galegos con experiencia no eido da EpD das que, no momento da presente formulación xa forman parte 6 entidades. Ambos feitos inciden directamente no obxecto, contidos e metodoloxía do mesmo.
-
20 anos a fondo coa Solidariedade
O ano 2017 é un ano clave na historia do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, posto que cumpre 20 anos. O 2017 resulta tamén clave para o Fondo Galego posto que se atopa nunha fase de expansión e de fortalecemento, tanto a nivel interno coma externo, resultando clave o apoio institucional de diferentes actores a nivel autonómico e estatal. Preséntase para este ano un plan de actividades que xira en torno a esta conmemoración.
-
Consolidación, Reforzo Institucional, Liderado e Gobernanza dos proxectos de Cooperación Galega en Mozambique.
Desde o ano 2008 o IIP e o actual IDEPA traballaron de forma conxunta co Centro Tecnolóxico do Mar- Fundación CETMAR e con financiamento da Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega, no desenvolvemento e implementación de proxectos de acuicultura rural e reforzo da capacidade técnica de investigación pesqueira e acuícola.
-
Asistencia básica para a poboación refuxiada Siria en Xordania
O propósito deste proxecto é contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as sirios residentes nos campos de Zaatari e Azraq asegurando o seu acceso a servizos de emerxencia. Centrarase esencialmente en prover a 88 familias (440 persoas) de materiais básicos non alimentarios segundo estándares internacionais e en cantidades suficientes para o seu uso doméstico. O traballo centrarase especialmente coas mulleres e os/as nenos/as, por ser colectivos que enfrontan numerosos retos.
-
Programa Vacacións en Paz 2017
As vacacións en paz preséntanse como una forma de ofrecer aos nenos/as saharauis, nados no medio dun clima de guerra, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida; de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén a mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o Pobo Saharauí. O programa ten unha duración aproximada de dous meses.
-
Garantir un nivel de vida digno para a poboación refuxiada de Palestina, que vive en absoluta pobreza
Reducir o impacto do conflito e a crise humanitaria na vida da poboación en situación de maior vulnerabilidade da Franxa de Gaza, mediante o incremento do aporte calórico da poboación a través da provisión de 216 cestas alimentarias.
-
Mellora das capacidades da Coordinadora para representar e fortalecer ás ONGD galegas e promover os obxectivos compartidos de transformación social e defensa da política pública de cooperación ao desenvolvemento
A proposta de traballo da CGONGD na actualidade desenvólvese nos seguintes ámbitos de actuación:
-
Convenio de Colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Accións de asistencia e atención inmediata de emerxencia tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (fames negras, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) para evitar unha gran mortandade entre os/as damnificados/as.
-
Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía. Fase V.
Este proxecto constitúe a fase V do proxecto SIXHIARA “Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico “ARA-Norte” no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX), da Hidroxeoloxía e hidroloxía”, financiados pola Xunta de Galicia na convocatoria 2012 (Fase I), 2014 (Fase II), 2015 (Fase III) e 2016 (Fase IV) en Mozambique.
-
Procesos e prácticas educativas para a transición a unha cultura da sustentabilidade e a cooperación en Galicia e a República Dominicana – Investigación acción.
A proposta de investigación denominada “Procesos e prácticas educativas para a transición a unha cultura da sustentabilidade e a cooperación en Galicia e República Dominicana – investigación acción”, sintetizado no acrónimo ALIANZA TERRA, inscríbese no marco conceptual e propositivo da 5ª xeración da Educación para o Desenvolvemento (EpD), centrado na configuración dunha cidadanía planetaria, responsable e comprometida coa superación das inxustizas e dos problemas xerados pola crise ambiental e económica.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- …
- seguinte ›
- última »