Proxectos
-
Impulsando boas prácticas de gobernanza institucional, social e comunitaria na provincia de Kwanza Norte, Angola.
A presente proposta pretende contribuír a un cambio estrutural e sustentable en Kwanza Norte no ámbito da gobernabilidade, a través dunha estratexia integral que fortaleza os escenarios de boa gobernanza xa existentes e incorpore as esixencias sociais en materia de dereitos humanos (principalmente os relacionados coa saúde das mulleres) nas axendas do goberno provincial a través da implantación de accións de incidencia política a nivel municipal, provincial e nacional.
-
Horizonte 2030: Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora
O proxecto pretende crear liderados positivos para unha xuventude galega transformadora a través dun programa que se desenvolverá entre os anos 2017 e 2020.
Esta iniciativa recolle toda a experiencia de Solidariedade en ED, sobre todo o coñecemento xerado nos proxectos de investigación en ED realizados nos catro últimos anos.
-
Tecendo conciencias a través do consumo responsable e o Comercio Xusto no mundo do deporte galego
O proxecto busca crear conciencia na cidadanía galega das cidades de: Lugo, Ourense e Pontevedra, sobre o impacto que teñen os nosos hábitos de consumo sobre as persoas que producen o que compramos e consumimos, ligado a un acto san e cotidiano como é a práctica de deporte.
-
Comunidades Educativas transformadoras desde a ética do coidado por unha cidadanía local e global
O proxecto xurde de procesos de intervención anteriores de InteRed Galicia, e pretende acompañar a incorporación da ética do coidado, a equidade de xénero e o enfoque afectivo-emocional a centros educativos de educación formal, así como a espazos educativos de educación non formal.
-
Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento na Educación Secundaria Obrigatoria no ensino superior universitario de Galicia
O proxecto parte das achegas postas de manifesto nas catro investigacións anteriores levadas a cabo entre SIG e o grupo de investigación PEHS da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña financiadas pola DXRE nas convocatorias 2013, 2014,2015 e 2016.
Trata dun estudo de tipo cualitativo no que se empregan un conxunto de técnicas e procedementos como a Investigación-Acción Participativa, as observacións, as entrevistas, análise de datos e informantes chave.
-
Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a mocidade rural de 8 comunidades do Municipio de Champerico (Guatemala) – Fase III
O presente proxecto proponse fortalecer, como intervención complementaria e de continuidade, ás 2 intervencións previas desenvolvidas co apoio da Xunta de Galicia no municipio de Champerico, co obxectivo da “Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a mocidade do Municipio de Champerico (Guatemala), cuxa Fase I desenvolveuse en 2015 e a Fase II en 2016-2017, nas localidades del Rosario e Nova Cajolá, respectivamente.
-
Articulación da produción e o consumo dos produtos agropecuarios locais, mediante o desenvolvemento dunha ruta agroalimentaria gastronómica ao longo da estrada interoceánica sur, entre os distritos de Ccatcca e Ocongate, Cusco – Perú"
Este proxecto é parte da aposta institucional para superar a pobreza e exclusión da poboación rural da provincia de Quispicanchi mediante a diversificación produtiva, a agregación de valor e a articulación ao mercado da produción agropecuaria e agroindustrial rural; concretamente entre os distritos de Ccatcca e Ocongate, articulando a produción e o consumo dos produtos agropecuarios locais, baixo un enfoque de desenvolvemento económico local inclusivo e produción sustentable.
-
Rede Solidaria da Mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2017-2018
O proxecto pretende dar continuidade ás accións do programa de educación para a solidariedade e a cidadanía global e de participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM) (Red Solidaria de Jóvenes), que se executa en Galicia desde 2004. Este programa ofrece ás comunidades educativas unha estrutura estable de participación, que facilita procesos de capacitación e empoderamento que, á súa vez, incrementan as competencias de compromiso social e cidadanía global dos mozos e mozas galegas nos seus centros de ensino.
-
“Tajimat Pujut”: Contribuir a mellorar o exercicio do dereito á alimentación en comunidades indíxenas Awajún (Amazonas, Perú) mediante a promoción da soberanía alimentaria nas familias, a consolidación das súas capacidades para diversificar as súas parcelas produtivas e a comercialización dos seus produtos en mercados locais
A presente proposta busca garantir as condicións de soberanía alimentaria, a mellora da nutrición e a eliminación da fame nas familias Awajún de 8 comunidades da conca do río Nieva (Amazonas, Perú), mediante a promoción da agricultura sustentable. Para iso, como estratexia, expón consolidar as capacidades de 96 familias indíxenas para diversificar as súas unidades produtivas e a comercialización dos seus produtos en mercados locais.
-
Fortalecemento dos mecanismos locais de prevención de violencia social e de xénero entre a poboación infantil e xuvenil do municipio de Tonacatepeque (San Salvador)
A proposta enmárcase na Estratexia de Prevención de Violencia que Cruz Vermella Española (CRE) e Cruz Vermella Salvadoreña (CRS) executan na área Metropolitana de San Salvador. En concreto, exponse como unha acción de continuidade da experiencia no Municipio de Tonacatepeque , partindo de prioridades identificadas polos beneficiarios/as e incorporando accións innovadoras de prevención de violencia cara a mulleres novas en escolas, transformación pedagóxica de docentes e fortalecemento da comunidade educativa e dos mecanismos municipais de protección.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- …
- seguinte ›
- última »