Proxectos

  • O movemento social do comercio xusto como exercicio de cidadanía global: unha contribución á consecución da Axenda 2030 desde Galicia. Fase II

    Este proxecto deriva dos resultados e da avaliación dunha Fase anterior (Fase I), dando así continuidade á labor iniciada no 2020 por Solidariedade Internacional de Galicia para fortalecer as capacidades do Movemento Social do Comercio Xusto dende Galicia.

  • O GLOBO. Observatorio, escola e espazo de participación

    O presente proxecto da continuidade a unha importante aposta institucional iniciada por SIG no ano 2017 para a promoción da participación social, esforzo que se concreta na ferramenta coñecida coma O Globo. O Globo xira en torno as denominadas “microexperiencias de transformación social”.

  • Campaña Mundial pola Educación en Galicia 2023

    A Campaña Mundial pola Educación (CME) dinamiza, dende o ano 2003 en Galicia, as actividades de sensibilización, concienciación, formación, mobilización social e incidencia política promovidas pola Global Campaign for Education (GCE) en coordinación coa Coalición Española da CME, dirixida dende o ano 2020, a nivel Estatal, por Fundación Educo.  A CME ten por obxectivo velar polo cumprimento dos compromisos adquiridos polos gobernos e a comunidade internacional para garantir o dereito humano á educación a través dunha educación inclusiva, equitativa, igualitaria e de calidade para todas as p

  • Investigación - Acción - Formación para fortalecer a educación e integración do dereito ao hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia Fase 4

    Este proxecto enmárcase nun proceso de catro fases (constituíndo a Fase 4) elaborado a modo de Programa, e iniciado por Arquitectura sen Fronteiras despois de varios anos de traballo experimentando con diversas metodoloxías e estratexias no eido da educación emocional, ecosocial, inclusiva e a coeducación.

  • A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030

    O presente proxecto ten como obxectivo xeral contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa na defensa do dereito a protección da infancia e bo trato fronte a situacións de violencia (ODS 16.2) e violencia estrutural (ODS) para o que se marca como obxectivo específico fortalecer as capacidades e actitudes de nenas, nenos e adolescentes e axentes chave para a defensa do seu dereito a protección, a través da educación para a transformación social.

  • Redes 4.7.: Tecendo Cidadanía Global en Galicia para non deixar a ninguén atrás

    Este proxecto pretende dar continuidade ás accións do programa de educación para a cidadanía global e a participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM), que se executa en Galicia desde o ano 2004. Este programa ofrece unha estrutura de participación estable a centros educativos e organizacións e entidades sociais, facilitando procesos de formación e acción xuvenil, que á súa vez, promoven o liderado e aumentan a motivación e o compromiso social e a cidadanía global de persoas mozas en Galicia nos seus centros educativos ou organizacións e entidades sociais.

  • De Ítaca a Ávalon. Da igualdade na educación á coeducación para a transformación e polo dereito á unha vida libre de violencias machistas. Fase III

    Esta actuación correspóndese coa recta final do proxecto “De Ítaca a Ávalon: Da igualdade na educación á coeducación para a transformación social e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas”.

  • Abeirar: desprazamento e refuxio desde o enfoque de dereitos

    Este proxecto alíñase co ODS 10: reducir as desigualdades en e entre os países, o coñecemento das causas estruturais xeradoras de desigualades e das consecuencias, en concreto do fenómeno migratorio, así como as interconexións existentes entre todos os países.

  • Fame Cero: sensibilización cidadá, e formación, participación e mobilización educativa cunha visión integradora dos ODS

    Este proxecto desenvolve a Fase 1 dunha intervención trienal (2022-2025) en Educación para o Desenvolvemento (EpD) e a Cidadanía Global promovida por Mans Unidas (MU) en Galicia nas dimensións de sensibilización, formación e educación, e mobilización social polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 “Fame cero”.

  • Enredadas no Cambio: Fase II

    Este proxecto, dirixido a mulleres emprendedoras e estudantes de Formación Profesional e bacharelato, pretende consolidar a Rede Internacional de Emprendemento e Solidariedade ( RIES), creada na primeira fase do proxecto Enredadas non Cambio, que busca crear unha sensibilización e comunicación global, que rompa as barreiras e desigualdades de xénero existentes en todas as sociedades pero que afectan máis a certas mulleres pola interseccionalidade que sofren facendo fincapé nas fortalezas locais e globais.