Proxectos
-
PROGRAMA INTEGRAL DE MELLORAMENTO DO BARRIO SANTA LUCÍA/ LA MOSCA. FORTALECEMENTO DAS ORGANIZACIÓNS DA SOCIEDADE CIVIL (FIOSC) SEGUNDA FASE DE EXECUCIÓN
O Programa de fortalecemento institucional das organizacións da sociedade civil (FIOSC), forma parte do Programa integral de melloramento do barrio Santa Lucía/La Mosca da cidade de Santiago de los Caballeros, República Dominicana. Este programa execútase no marco dun convenio de cooperación entre o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia
Período de execución: abril 2009 - decembro 2010 -
PROXECTO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E DE SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO
A través de diversas accións como seminarios e ciclos de conferencias sobre cooperación, proxectos de coñecemento da realidade (PCR) e o Fondo 0,7% preténdese achegar ao público universitario e a sociedade xeral a realidade dos países do sur e a importancia da cooperación ao desenvolvemento na construción dun mundo máis xusto
Período de execución: marzo – decembro 2009 -
REACTIVACIÓN DA COLABORACIÓN EN CIENCIA E TECNOLOXÍA ENTRE GALICIA E A REPÚBLICA DOMINICANA: MEDIDAS DE ACOMPAÑAMENTO PARA O FORTALECEMENTO DA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN SUPERIOR, CIENCIA E TECNOLOXÍA E O DESENVOLVEMENTO DA SÚA POLÍTICA DE I+D+i
O proxecto REACYT enfoca a cooperación para o desenvolvemento promovida pola Xunta de Galicia desde o punto de vista da mellora da política de innovación do Goberno da República Dominicana. Expón o deseño de novas accións de apoio á Secretaría de Estado de Educación Superior, Ciencia y Tecnología (SEESCyT), sobre a base da detección das demandas existentes en Ciencia e Tecnoloxía, co fin de actuar da forma máis próxima ás necesidades dominicanas.
Período de execución: xullo – decembro 2009 -
MELLORA DA ASISTENCIA SANITARIA INTEGRAL DO SERVIZO DE NEONATOLOXIA DENTRO DO HOSPITAL HERNANDEZ VERA – SANTA CRUZ DE LA SIERRA (BOLIVIA)
Resolver a carencia de medios e recursos técnicos do Servizo de Neonatoloxía do Hospital Hernández Verá (nos seus comezos Hospital Primeiro de Maio), situado no departamento de Santa Cruz, dotándoo de incubadoras, servoberces ou berces térmicos, e monitores de signos vitais.
Período de execución: agosto – novembro 2009 -
MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE BÁSICA NO MARCO DO PROGRAMA OXLAJUJ TZ´IKIN
O obxectivo do proxecto será a mellora das condicións hixiénico-sanitarias a través da construción de infraestruturas habitacionais. Establecerase unha planta de fabricación de elementos construtivos (bloques, tellas, estrutura de cuberta e pranchas de formigón) para utilizar os recursos da zona e a man de obra das comunidades para a construción das devanditas vivendas. Do mesmo modo que a fabricación se desenvolverá nas comunidades, na construción, propiamente dita, tamén se empregará man de obra das propias comunidades que será formada con capacitacións de varios niveis no INTECAP.
-
EDUCACIÓN TÉCNICA EN NICARAGUA
Dando continuidade ao programa subvencionado pola Xunta de Galicia aínda en execución, a presente iniciativa pretende mellorar a educación técnica de ao redor de 2.700 estudantes de cinco centros educativos de Nicaragua, con énfase no desenvolvemento de habilidades profesionais para a súa inserción no mercado laboral.
-
FORTALECEMENTO DO SISTEMA DE SAÚDE PÚBLICA EN DÚAS MOUGHATAAS PERIURBANAS DE NOUAKCHOTT A TRAVÉS DA MELLORA DOS SERVIZOS DE SAÚDE SEXUAL E REPRODUTIVA E DA ATENCIÓN Á INFANCIA
O obxectivo do proxecto é garantir a accesibilidade e dispoñibilidade dos servizos de saúde sexual e reprodutiva (SSR) e de atención á infancia en dúas moughataas periurbanas de Nouakchott (Arafat e El Mina)
-
PROGRAMA DE REDUCIÓN DA VULNERABILIDADE EN ÁREAS RURAIS EMPOBRECIDAS DO MUNICIPIO DE MARCOVIA (HONDURAS)
Co programa preténdese xestionar o recurso hídrico, e os recursos naturais en xeral, de forma integral e sustentable no municipio de Marcovia
-
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO SOCIOECONÓMICO TERRITORIAL DO GRAN POTOSÍ, BOLIVIA.
O programa aspira a contribuír á redución da pobreza nunha das rexións máis deprimidas de Bolivia (Mancomunidade Gran Potosí). A este respecto, priorizouse a cadea produtiva propia da cultura local e con maiores posibilidades mercantís: a faba.
-
MELLORAMENTO DAS CAPACIDADES PRODUTIVAS PARA A SOBERANÍA ALIMENTARIA E A IMPLEMENTACIÓN DE INICIATIVAS PRODUTIVAS COMUNITARIAS
Contribuír ao desenvolvemento integral das comunidades da costa Sur do país por medio da implementación de iniciativas produtivas con criterios de sostibilidade, solidariedade e seguridade alimentaria, co fin de contribuír á mellora das condicións de vida das familias.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- …
- seguinte ›
- última »