Proxectos

Neste apartado teñen a súa disposición a información dos proxectos financiados pola Cooperación Galega.

Buscar proxectos en

  • Impulsando medios de vida resilientes que contribúen ao benestar de mulleres e homes da Microcuenca La Joya Pueblo do Departamento de Morazán, O Salvador

    A presente intervención é froito da unión de forzas de diferentes actores locais e internacionais (municipios salvadoreños; institucións públicas, organizacións da sociedade civil e diversos financiadores) para lograr potenciar un desenvolvemento local sustentable e equitativo da Microcuenca La Joya Pueblo, no Departamento de Morazán. Para iso, preténdese fomentar a resiliencia dos medios de vida dos e as Titulares de Dereitos (beneficiarias/os) mediante unha serie de estratexias multisectoriais:

  • Investigando no territorio para coñecer e recoñecer experiencias de educación para a cidadanía global desenvolvidas no ensino regrado de Galicia (Fase III)

    O proxecto consiste nun estudo de tipo cualitativo no que se empregan un conxunto de técnicas e procedementos como a Cartografía Social, a Investigación-Acción Participativa ou a análise de datos e informantes chave. O proxecto parte das achegas postas de manifesto nas 7 investigacións anteriores, levadas a cabo polo consorcio formado por SIG e o grupo de investigación da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña, financiadas pola DXRE entre as convocatorias 2013-2019.

  • O GLOBO. Observatorio, escola e espazo de participación

    O proxecto é unha continuación dos proxectos de Solidariedade Internacional de Galicia que ten no eido da educación para o desenvolvemento que aspira a crear unha ferramenta que sirva para que as escolas sexan un lugar de participación, un espazo de promoción e divulgación da participación social con enfoque de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global, con especial atención á mocidade.

  • Rede de Eco Hortas Escolares

     O proxecto Rede de Eco Hortas Escolares ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables. Para elo traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares, unha rede de traballo colaborativo en torno ás hortas escolares, impulsada por Amigos da Terra e única en Galicia que naceu no curso 2018/2019 e que no actual curso conta cun total de 11 centros educativos participantes a través de diferentes modalidades.

  • En-red-adas no cambio

    ENREDADAS no cambio é un proxecto pioneiro que permite conectar a experiencia e o longo traballo de Taller de Solidaridad en cooperación internacional co traballo de sensibilización e cidadanía global. Quérese crear unha sensibilización horizontal, dirixida nesta primeira fase do proxecto a catro colectivos destinatarios diferentes:

    - Mulleres emprendedoras e organizacións empresariais de mulleres das 4 provincias galegas.

  • Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida

    O proxecto ten como obxectivo visibilizar as problemáticas globais relacionadas coa sobreexplotación de recursos naturais en todo o mundo e que afectan especialmente aos países empobrecidos (extracción de materias primas, produción de enerxía, e explotación da terra, entre outras).

  • Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)

    O proxecto é a séptima fase dun programa de AGARESO que consiste nun proxecto multimedia de comunicación para o desenvolvemento no que participan 5 centros educativos de 5 concellos de diferentes puntos de Galicia -Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión- e máis de Latinoamérica: os centros de ensino dos bateys de La Cubana e Olivares, no municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, na República Dominicana.

  • Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas técnicas da universidade galega

    Con este proxecto quérese impulsar o concepto de tecnoloxía para o ben común na docencia, investigación e activismo da comunidade educativa universitaria galega de base tecnolóxica.

    Para conseguir este obxectivo, o proxecto presentado apoiará e apoiarase na rede creada en 2019 de profesorado técnico universitario Artigo9Tech. Haberá dúas grandes liñas de traballo segundo o grupo de persoas da comunidade universitaria destinatarias ou protagonistas:

  • Investigación-Acción-Formación para fortalecer a educación e integración do dereito ao hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia - Fase 3

    O proxecto é a terceira fase dun programa que consta de catro fases que propón diversos tipos de estratexias e accións para fortalecer as capacidades e recursos de diferentes actores para o traballo dos dereitos do habitat. Para isto, Arquitectura Sen Fronteiras focalízase en centros educativos de secundaria, realizando actividades a modo de laboratorio.

  • Campaña Mundial pola Educación 2022 en Galicia

    Dende o ano 2003 o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) -integrado actualmente por Axuda en Acción, EDUCO, Entreculturas, Taller de Solidaridad e a Universidade de Santiago de Compostela- lidera e dinamiza en Galicia as actividades de sensibilización, concienciación, formación, mobilización social e incidencia política da Global Campaign for Education (GCE) en coordinación coa Coalición Española da CME, coordinada por Fundación Educo desde a súa sede central en Barcelona.