Proxectos
-
Subministracións e servizos esenciais de nutrición para as nenas, nenos e mulleres máis vulnerables en República Centroafricana
-
Mellorada a resiliencia da poboación gazatí ante riscos de saúde ortopédica
-
Promover o dereito á saúde a través dunha estratexia de acceso a WASH entre a poboación refuxiada do asentamento de Kyaka II, Uganda, que foxe da violencia xeneralizada e da epidemia de ébola na RDC
-
Cooperación para o Desenvolvemento Litoral Sostible (Cátedra UNESCO)
-
Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento
O proxecto “Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento (MELINCO)” busca contribuír á protección dos dereitos lingüísticos na cooperación ao desenvolvemento a través dunha serie de accións que redunden nunha mediación lingüística de calidade entre o persoal das ONGD e as persoas usuarias e destinatarias das súas accións de cooperación, dende unha perspectiva de Dereitos Humanos.
-
A EDCG na formación dos profesionais da educación: construíndo o ámbito de educación. As titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Fase II
-
Creación do “Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable”
Este grupo, que está próximo ás ONGd mais relevantes de Galicia no eido de Enxeñería e da Arquitectura –Enxeñaría sen Fronteiras e Arquitectura sen Fronteiras- convenia con estas dúas organizacións para traballar en concorrencia na “Creación dun Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable”.
-
Formación teórica e metodolóxica, elaboración, aplicación e validación de materiais educativos no Programa de Educaçao Bilingue de Mozambique
Este proxecto é a consolidación dun convenio de cooperación entre a Universidade Eduardo Mondlane e a Universidade de Vigo, para o desenvolvemento de proxectos, accións e propostas relacionadas coa Lingüística Aplicada, nomeadamente no eido da educación bilingüe.
-
Cooperación Galega: O mundo que queremos (VI edición)
O presente proxecto constitúese como a VI edición dunha iniciativa que conta con dúas características diferenciais que condicionan cada unha das fases e elementos que o compoñen; dunha banda, o feito de formar parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e doutra, o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades e colectivos galegos con experiencia no eido da EpD das que, no momento da presente formulación xa forman parte 6 entidades.
-
Convenio de colaboración entre a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, as Comunidades Autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, A Rioxa, Murcia, Valencia, Canarias, Illes Balears, Madrid e Castela e León e a FEMP, para a programación conxunta en materia de Acción Humanitaria
O presente convenio de actuación conxunta no ámbito humanitario toma como referencia o Convenio Marco entre a Secretaría Xeral de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e as Comunidades Autónomas, para a articulación, coordinación e complementariedade da cooperación descentralizada, que inclúe entre os seus obxectivos a coordinación da acción humanitaria.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- …
- seguinte ›
- última »