Proxectos
-
Polo dereito das mulleres a unha vida libre de violencias, no Municipio de San Juan Sacatepéquez. Guatemala
O proxecto busca contribuír ao exercicio do dereito a unha vida libre de violencias para as mulleres do Municipio de San Juan Sacatepéquez, Guatemala. Para iso, desenvolveranse procesos de empoderamento persoal e colectivo de mulleres que son vítimas de violencia de xénero ou que son sobreviventes, como punto de partida para aumentar a súa autonomía económica para saír do círculo da violencia.
-
Entreno Conciencia: Deporte, Comercio Xusto e consumo responsable comparten valores en Galicia. Fase II
-
Educación básica de calidade, equitativa e loita contra as prácticas nefastas e a explotación infantil na zona fronteriza do NE de Guinea Bissau
O obxectivo desta proposta, en liña co ODS 4, é promover o dereito a unha educación inclusiva e de calidade para todos os nenos e nenas, así como contribuír á erradicación de prácticas tradicionais nefastas e loitar contra a explotación infantil. Para a consecución deste obxectivo preténdese mellorar a calidade e equidade educativa, así como promover os dereitos dos nenos e nenas a través do fortalecemento dunha rede de escolas rurais de autoxestión comunitaria, especificamente no Norte das rexións de Bafatá e de Oio.
-
Fame Cero: sensibilización cidadá, e formación, participación e mobilización educativa polo dereito humano á alimentación no marco dos ODS. Fase I.
Este proxecto desenvolve a Fase 1 dunha intervención trienal (2018-2021) en Educación para o Desenvolvemento (EpD) e a Cidadanía Global promovida por Mans Unidas (MU) en Galicia nas dimensións de sensibilización, formación e educación, e mobilización social polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 “Fame cero”.
-
“Comunidades Educativas transformadoras dende a ética dos coidados por unha cidadanía local e global II”
O proxecto “Comunidades educativas transformadoras dende a ética do coidado por unha cidadanía global e local II” ven de anteriores procesos de intervención de InteRed Galicia no que se pretendeu acompañar para a incorporación da ética do coidado e a equidade de xénero en espazos educativos, tanto escolares como fóra do ámbito escolar.
-
Tecendo Redes: promovendo a agricultura e a alimentación sustentables en Galicia
Este proxecto parte da experiencia previa e ámbitos de actuación de Amigos da Terra, que continúa o seu traballo para afondar na análise da problemática alimentaria e na posta en marcha de alternativas de alimentación e agricultura sostible. A proposta que expoñemos ten como obxectivo específico promover unha cidadanía concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sostibles.
-
Rede Solidaria da Mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2018-2019
O proxecto pretende dar continuidade ás accións do programa de educación para a solidariedade e a cidadanía global e de participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM) (Red Solidaria de Jóvenes), que se executa en Galicia desde 2004. Este programa ofrece ás comunidades educativas unha estrutura estable de participación, que facilita procesos de capacitación e empoderamento que, á súa vez, incrementan as competencias de compromiso social e cidadanía global dos mozos e mozas galegas nos seus centros de ensino.
-
A fondo cos ODS
O proxecto xira en torno ás especificidades da cooperación municipalista galega, as súas vantaxes comparativas como axentes específicos dentro do sistema internacional de cooperación e como modelo de traballo en rede colaborativo que representa o Fondo Galego. Porén, e dando un paso máis alá, a proposta fai fincapé nunha maior implicación e apropiación das administracións locais galegas na cooperación ao desenvolvemento e na consecución dos ODS, principalmente desde o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
-
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de Fortalecemento da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento 2018-2019
A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) actúa como instrumento común de dinamización das accións de cooperación universitaria para o desenvolvemento, fomentando a investigación e formando ás comunidades educativas, xerando espazos e ferramentas para o intercambio de experiencias, e recompilando as experiencias e capacidades existentes para facilitar tanto a súa visibilización, como para favorecer sinerxías en novas oportunidades de traballo.
-
A protección e asistencia básica para a poboación siria refuxiada no Líbano
O propósito deste proxecto é contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as sirios/as nos países limítrofes e próximos a Siria (Turquía, Líbano, Xordania e Exipto) asegurando o acceso a servizos de emerxencia. Centrarase esencialmente en garantir a cobertura de necesidades básicas, a través da prestación de Cash Assistance, durante 6 meses a 22 familias refuxiadas sirias (132 persoas), que residen nas zonas urbanas de Mount Lebanon, Líbano.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- …
- seguinte ›
- última »