Proxectos
-
A soberanía alimentaria en risco: sensibilizando e capacitando á sociedade para o cambio sostible
Tras anos de traballo na rexión de Centroamérica, onde as ameazas á soberanía alimentaria se presentan como unhas das principais causas de empobrecemento, Amigos da Terra busca difundir na sociedade galega o coñecemento desta realidade dende un enfoque integral, no senso de amosala a través de todos os puntos de vista.
-
Mellora do acceso aos sistemas de auga potable e saneamento en tres comunidades do distrito de Mollepata, provincia de Anta, Cuzco. Perú
O proxecto busca o desenvolvemento de 100 familias que viven en extrema pobreza en tres comunidades rurais do distrito de Mollepata, na provincia de Anta. Actúase no sector de cobertura das necesidades básicas e concretamente no acceso á auga, ao saneamento e á habitabilidade. O obxectivo é garantir o dereito a unha vida digna, unha vez identificados como principais problemas os vencellados á saúde relacionados coa deficiente dispoñibilidade de auga e saneamento.
-
Material didáctico dixital para a campaña “Mulleres Soñadoras”
O proxecto ten como obxectivo a creación e a difusión dun material de sensibilización ao desenvolvemento adaptado ao formato da pizarra interactiva dixital. A temática a desenvolver polo material será a igualdade de xénero e a realidade da muller nos países do Sur.
-
O tesouro de Acahualinca
O presente proxecto pertence á área de traballo de Educación para o Desenvolvemento de Solidariedade Internacional de Galicia e responde á estratexia impulsada pola organización neste ámbito a través do desenvolvemento dunha campaña educativa destinada ao nivel de secundaria dos centros educativos da nosa Comunidade Autónoma.
-
Visibilizar e valorar os coidados como imprescindibles para o sostemento da vida e as sociedades, especialmente no ámbito rural galego
Co presente proxecto, InteRed Galicia pretende traballar ao longo dos dous próximos anos cos seguintes grupos de poboación: o alumnado e profesorado das tres universidades galegas; as comunidades educativas das zonas de Viana do Bolo (Ourense) e Mondoñedo (Lugo); a mocidade galega; e a cidadanía en xeral (prestando unha especial atención á poboación masculina). Deste xeito, o proxecto presenta unha serie de liñas de actuacións diferenciadas e construídas atendendo ás características do público destinatario.
-
Apoio á promoción da soberanía alimentaria e á medicina tradicional con equidade de xénero nas Rexións de Oio, Cacheu e Bafata. Guinea Bissau
O proxecto parte da preocupación fundamental de contribuír á redución da pobreza rural e a mellora das condicións de saúde da poboación rural de 70 comunidades das rexións de Oio, Cacheu e Bafata integradas na federación campesiña KAFO, beneficiando directamente a unha poboación estimada de 1.400 persoas (50% mulleres). As accións propostas articúlanse en torno a dúas compoñentes principais: soberanía alimentaria e saúde comunitaria tradicional.
-
Mellora da educación e comunicación para o desenvolvemento na educación infantil, primaria e secundaria, e da formación en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no ámbito universitario
Este proxecto constitúe unha aposta integral pola sensibilización e formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca dende a educación infantil ata a formación universitaria e se presenta como continuación e complemento do proxecto “Escolas sen Racismo, Escolas pola Paz e o Desenvolvemento”, financiado pola Cooperación Galega na súa convocatoria de educación para o desenvolvemento no ano 2011.
-
Entre-nós
En Ecos do Sur levan dende o ano 1991 desenvolvendo estratexias comúns en migracións e desenvolvemento co obxecto de fomentar a participación do colectivo migrante en tecidos asociativos, acompañado de procesos de articulación transnacional das súas organizacións e redes, prestando especial atención ao papel da muller migrante como promotora dun modelo de desenvolvemento igualitario. Así, o proxecto Entre-nós busca acadar unha maior implicación das asociacións de inmigrantes no desenvolvemento das súas localidades de orixe e acollida.
-
Mellora das condicións técnicas e materiais para o aproveitamento responsable dos recursos pesqueiros, acuícolas, eco turísticos e ambientais dos Municipios de San Luís la Herradura, Tecoluca e Jiquilisco, O Salvador
O proxecto pretende mellorar as condicións técnicas e materiais para o aproveitamento económico pero responsable dos recursos pesqueiros, acuícolas, eco turísticos e ambientais por parte da poboación dos Municipios de San Luís la Herradura, Tecoluca e Jiquilisco.
-
Promoción da saúde dos nenos e nenas de 0 a 5 anos do Distrito II de Managua, A Chureca. Nicaragua
O presente proxecto pretende fortalecer e mellorar o nivel formativo e asistencial do persoal de enfermería do Distrito II de Managua, en especial do C/S Policlínico Francisco Morazán no campo da promoción da saúde na nenez con énfase no campo educativo nutricional a través dun proceso de capacitación completo por parte de persoal experto expatriado e local.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- …
- seguinte ›
- última »