Proxectos
-
Entre-Nós II
O proxecto Entre-Nós II, continuación doutro financiado na convocatoria do pasado ano 2012, contribúe a lograr unha maior implicación das asociacións de inmigrantes no desenvolvemento das súas localidades de orixe e de acollida. Logo de desenvolver unha fase de diagnóstico da realidade do tecido asociativo de Galicia e de crear grupos de traballo provinciais con estas entidades, continuará o traballo de xeito que se poidan elaborar liñas consensuadas de actuación e mellora da súa xestión.
-
Desigualdades (Fase III): da feminización da pobreza a feminización do desenvolvemento.
Esta iniciativa pretende dar continuidade ao traballo iniciado durante os anos anteriores (2010-2012) a través da primeira e segunda fase deste proxecto tituladas “A desigualdade nos países en vías de desenvolvemento: contextos de inxustiza social e de xénero” e “Desigualdade de xénero: a situación da muller e as nenas nos países en vías de desenvolvemento”.
-
Proxecto de difusión do dereito ao hábitat a través da sensibilización e a educación formal na comunidade educativa 2013-2014
O proxecto xurde como resultado da constatación por parte de Arquitectos sen Fronteiras, a través do traballo levado a cabo durante os últimos 18 anos, das carencias formativas e de sensibilización que no eido da habitabilidade, tanto a nivel local como internacional, se poden detectar na comunidade educativa da Coruña.
-
Alternativas na escola: Comercio xusto e soberanía alimentaria
O consorcio que vincula a estas organizacións xurdiu no ano 2012 como consecuencia da experiencia e coincidencia en obxectivos entre elas, para desenvolver o proxecto “Sensibilizando á xuventude rural galega”, cuxo obxectivo foi o de sensibilizar á sociedade galega, especialmente no ámbito rural, en dous eidos fundamentais: A Cooperación ao Desenvolvemento e o Comercio Xusto e Responsable (e, por ende, a Soberanía Alimentaria).
-
O que a túa neveira agacha: axentes multiplicadores cambian as súas pautas de consumo e as difunden contribuíndo á consecución dunha xustiza alimentaria global
O proxecto ten como obxectivo específico lograr que axentes multiplicadores adopten e promovan cambios nas súas pautas de consumo individuais e colectivas, contribuíndo así á construción dun movemento cidadán en aras dunha maior xustiza alimentaria a nivel global.
-
Vaia tea!
A través do presente proxecto, Solidariedade Internacional de Galicia dá continuidade ao resultado doutros dous levados a cabo pola entidade: Comercio con Sentido, comezado en 2006 e Non te Consumas, comezado en 2009. Vaia tea!
-
Cooperación galega; o mundo que queremos 2013
O presente proxecto conta con dúas características diferenciais que condicionan cada unha das fases e elementos que o compoñen. Dunha banda, o feito de ir destinado a incorporarse no Plan Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e doutra o feito de aspirar a ser un proxecto colectivo e participado polo maior número posible de entidades galegas con experiencia no eido da EpD e do que ata o momento da formulación se teñen sumado 15. Ambos feitos inciden directamente no obxecto, contidos e metodoloxía do mesmo.
-
Investigando na educación para o desenvolvemento: un estudio de caso sobre a implementación do proxecto
Este proxecto pretende facer unha reflexión rigorosa sobre as prácticas xeradas e a experiencia socioeducativa da implementación do proxecto de EpD “O tesouro de Acahualinca”, a través da realización dunha investigación centrada nunha análise comparativa de carácter descritiva dos proxectos de EpD e na realización dun estudo de caso sobre o citado proxecto, para xerar coñecemento que permita mellorar a práctica.
-
Investigación e sensibilización sobre a problemática da actividade acuícola insustentable e promoción de alternativas artesanais baseadas na economía social: pontes entre Golfo de Fonseca (Centroamérica
Investigación e sensibilización sobre a problemática da actividade acuícola insustentable e promoción de alternativas artesanais baseadas na economía social: pontes entre Golfo de Fonseca (Centroamérica) e Galicia
-
Proxecto de difusión do concepto de tecnoloxía para o desenvolvemento humano mediante a sensibilización e a educación formal na comunidade educativa de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2013-2014
Este proxecto ten como obxectivo a difusión da concepción do acceso aos servizos básicos como dereito humano e a introdución do concepto da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano coma unha ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario. Estas liñas de acción trabállanse a través da Educación para o Desenvolvemento nas súas dimensións de Educación – Formación e Sensibilización, Investigación e Incidencia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- …
- seguinte ›
- última »