Proxectos
-
PREVENCIÓN DE RISCOS NO SISTEMA DE ABASTECEMENTO E AUGA RURAIS NO PLANALTO DE MUEDA (MOZAMBIQUE)
Segundo datos do INE (2003) o 63,2% da poboación de Cabo Delgado viven baixo o limiar da pobreza e presenta o IDH provincial máis baixo de todo o país. A maioría das familias viven en base á agricultura e á pesca, con sistemas produtivos de alto consumo enerxético e baixo rendemento económico, escaso capital e pouco desenvolvemento tecnolóxico.
A taxa de analfabetismo media da provincia sitúase nun 66,7%. -
MELLORA DAS CONDICIÓNS NA ATENCIÓN SANITARIA DO PORTO PRÍNCIPE DESPOIS DO TERREMOTO
Antes do terremoto de xaneiro o país encontrábase en una etapa de transición epidemiolóxica, manifestada pola diminución das enfermidades infecciosas fronte a un aumento das enfermidades crónicas non transmisibles; e unha diminución da desnutrición.
Na actualidade o país encóntrase especialmente vulnerable a padecer un aumento importante de enfermidades infecciosas, derivadas da situación de urxencia que atravesa: condicións de vida insalubre, contacto con cadáveres nas rúas, falta de auga potable, infeccións por lesións mal curadas o sen curar etc. -
ACOMPAÑAMENTO A FAMILIAS DE DESPRAZAMENTO FORZADO NO SEU PROCESO DE REASENTAMENTO SOCIECONÓMICO NO MUNICIPIO DE BARRANCABERMEJA
A violencia en Colombia converteuse nunha situación crónica nos últimos 50 años. O Magdalena medio concíbese como unha rexión de gran riqueza. A súa importancia estratéxica en canto á localización e á riqueza natural foron conducido a que esta rexión, lonxe de ser próspera economicamente sexa dende hai máis de dúas décadas de especial atención para os grupos armados que interveñen no conflito colombiano. Esta rexión é unha das que máis fortemente viviu o conflito armado interno que vive o país, dada a súa situación xeográfica estratéxica e as súas riquezas.
-
CONTRIBUIR Á MELLORA SOCIOECONÓMICA DE 110 FAMILIAS DA SECCIÓN COMUNAL DE 7IÉME BRAS GAUCHE DE BAINET, DESPOIS DO TERREMOTO DO 12 DE XANEIRO DE 2010
O forte terremoto acontecido o día 12 de xaneiro de 2010, deixou miles de mortos e incontables danos materiais.
Un punto especialmente danado é o Departamento do Sueste, situado ao sur da capital, epicentro da segunda réplica de 5,5 grados na escala Richter. Entre as varias consecuencias posteriores ao terremoto foro na diminución de alimentos para a poboación, a perda de capital a consecuencia da perda de postos de traballo, a caída do comercio etc. -
AXUDA HUMANITARIA Á POBOACIÓN REFUXIADA EN UGANDA. ACESO Á AUGA POTABLE.
Durante as dúas últimas décadas, Uganda pasou de ser un país inmerso nunha situación de posconflito, mediante unha exitosa fase de reconstrución a converterse nun país que goza dun significativo grao de estabilidade interna e externa. Ao longo dos últimos vinte anos, o norte de Uganda viuse devastado polo enfrontamento armado entre o rebelde exército de Resistencia do Señor, o Goberno e as súas forzas armadas. Nas primeiras fases do conflito, un gran número de civís fuxiron das súas casas espontaneamente.
-
APOIO Á CONSTRUCIÓN DE CUARTOS DE BAÑO NA ILLA DO MAIO
O proxecto prevé a construción de 60 cuartos de baño nas localidades de Figueira e Ribeira Don João, con vista a combater os actuais índices de insalubridade así coma a realización de campañas de sensibilización e educación para saúde con vista a contribuír á adopción de novos hábitos de hixiene. Estas campañas serán organizadas a través de procesos participativos e asegurarán o envolvemento directo das asociacións comunitarias das respectivas localidades.
-
MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS E CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE, SANEAMENTO, ORGANIZATIVAS E HIXIÉNICO SANITARIAS DO SERVIZO DE PEDIATRÍA NO HOSPITAL HERNÁNDEZ VERA
Preténdese mellorar e acondicionar das instalacións do pavillón de Pediatría. En concreto:
- Mellorar as condicións de habitabilidade do Servizo de Pediatría.
- Mellorar a atención hospitalaria aos pacientes, derivando nunha atención confortable e acolledora, provocando unha pronta recuperación e a súa posterior alta hospitalaria, reducíndose o tempo de ingreso no hospital
- Ampliar a cobertura e atención sanitaria a un maior número de pacientes -
APOIO AO PROXECTO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E DE SENSIBILIZACIÓN EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL E AXUDA AO DESENVOLVEMENTO
O convenio constitúe un apoio ás actividades de formación e sensibilización e ao curso de posgrao en cooperación ao desenvolvemento que realiza a USC dende o curso 1998-1999.
-
Apoio ao Instituto para el desarrollo y la innovación educativa (IDIE) en Arxentina. Plan de actuación 2010
O proxecto pretende afondar e diversificar as accións levadas a cabo polo Instituto para el Desarrollo y la Innovación Educativa (IDIE-OEI).
-
PROGRAMA INTEGRAL PARA O DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL E PRODUTIVO DA PESCA DE PEQUENA ESCALA E ACUICULTURA RURAL EN CENTROAMÉRICA
O proxecto afonda no desenvolvemento de capacidades como unha ferramenta clave para o desenvolvemento social e produtivo do sector da pesca de pequena escala na rexión. Óptase pola profesionalización sectorial como unha estratexia a longo prazo que leve á poboación implicada ao desenvolvemento progresivo dos seus coñecementos e prácticas económicas, baixo os conceptos de sustentabilidade e produtividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- …
- seguinte ›
- última »