Proxectos

  • C-01-11 O Fondo Galego: fortalecendo a solidariedade desde o local, 2011

    O Fondo Galego, que asocia o seu traballo de sensibilización social á colaboración coa Xunta de Galicia desde o ano 2003, presentou e executou durante o ano 2010 en colaboración coa actual Xunta, un Plan de sensibilización que sintetizou os esforzos desta área nesta primeira década de vida do Fondo.

  • ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A FUNDACIÓN AXENCIA HUMANITARIA DE GALICIA E FARMACÉUTICOS MUNDI PARA ACTUACIÓNS DE ACCIÓN HUMANITARIA E EMERXENCIA

    Accións de asistencia e atención inmediata de urxencia tras declararse un desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (fames, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou poscatástrofes) para evitar unha gran mortaldade entre os damnificados.

  • AXUDA DE EMERXENCIA ANTE A EPIDEMIA DE CÓLERA EN HAITÍ

    A epidemia de Cólera en Haití continúa propagándose rapidamente e pode durar anos e matar a decenas de miles de persoas.
    Despois da primeira axuda enviada pola AECID na que colabora a FAHG o 26 de outubro, a Xunta de Galicia a través da FAHG colabora no envío que a AECID realiza o 24 de novembro. Neste envío transportaranse 40 toneladas de soro e material para a súa administración.
    Para esta colaboración a FAHG tamén utiliza o fondo permanente de material almacenado na sede en Valencia da ONG Farmamundi, a través do convenio de colaboración asinado entre as dúas entidades.

  • AXUDA DE EMERXENCIA Ó BROTE DE CÓLERA EN HAITI

    Despois do tremor que sufriu Haití o pasado mes de Xaneiro, nestes momentos o país vese afectado por un brote de cólera que xa ten causado centenares de mortes e millares de afectados. O cólera é unha enfermidade aguda que se transmite a través da auga e dos alimentos contaminados causando diarrea, febres altas e grave deshidratación, e que pode matar en cuestión de horas si non se trata de un xeito axeitado.

  • 3ª RESPOSTA ANTE O PASO DOS FURACÁNS GUSTAV, HANNA E IKE

    Haití atópase nunha devastadora situación tras sufrir o paso de 3 furacáns xunto con varias tormentas tropicais. Cruz Vermella España en Galicia atende as necesidades de refuxio, socorro, alimentación complementaria, auga, saneamento e saúde de 30.000 persoas das áreas máis afectadas polo paso dos furacáns.

     

  • DOTACIÓN DE MATERIAL DE EMERXENCIA PARA O CENTRO LOXÍSTICO HUMANITARIO DA COOPERACIÓN ESPAÑOLA EN AMÉRICA LATINA, CON SEDE EN PANAMÁ.

    Tras a sinatura en decembro de 2009 dun Convenio Marco de Colaboración asínase o primeiro protocolo adicional entre a FAHG e a AECID.
    O protocolo permitirá continuar coa colaboración e a coordinación de resposta ante urxencias entre a FAHG e a AECID, tal e como se vén facendo nos últimos acontecementos que requiriron deste tipo de actuación.

  • ELABORACIÓN DO III PLAN DE DESENVOLVEMENTO DA ILLA DE SANTO ANTÃO

    O proxecto ten como meta relanzar o exercicio de planificación de carácter rexional no territorio da illa de Santo Antão, interrompido desde 2001 pola falta de recursos financeiros. Ese exercicio, pioneiro en Cabo Verde, deu excelentes resultados na década dos 90 e contribuíu en gran medida para a elaboración, procura de financiamento e execución de proxectos estruturais para illa en varios sectores do desenvolvemento socioeconómico.

  • PROXECTO SANITARIO NOS CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS SAHARAUÍS

    O obxectivo do proxecto consiste en mellorar o nivel de saúde e diminuír a mortalidade da poboación infantil que reside nos campamentos de refuxiados saharauís en Tindouf, de forma específica na wilaya de Smara.
    O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar as condicións sanitarias da poboación refuxiada saharauí garantindo un bo funcionamento do hospital de Smara e dos dispensarios diseminados nas diferentes wilayas.

  • 1ª RESPOSTA EMERXENCIA TERREMOTO EN HAITÍ

    Un terremoto de magnitude 7.3 na escala Richter golpeou o 12 de xaneiro unha localidade situada a 15 Km ao suroeste de Porto Príncipe, a capital de Haití, todas as axencias internacionais de axuda humanitaria, incluída a Fundación Pública Axencia Humanitaria Galega (FAHG), comezaron a coordinación da achega de axudas ante este desastre que se estimou podería afectar a uns 4,9 millóns de persoas, nun país cunha poboación estimada en 9 millóns de habitantes

  • 2ª RESPOSTA EMERXENCIA TERREMOTO EN HAITÍ

    Debido á magnitude que vai alcanzando a catástrofe en Haití, o día 15 de xaneiro a AECID pon en marcha un novo operativo de axuda no que a Xunta de Galicia, a través da FAHG participa co envío de material médico sanitario (paquete IEHK'06 e un de acción inmediata) por valor de 10.500 €. Este material forma parte dunhas existencias que como fondo de urxencias a FAHG ten en Valencia grazas a un convenio asinado coa ONGD Farmamundi.