Proxectos
-
Mellora das condicións de Seguridade Alimentaria e Nutricional da poboación de Sechura a través dun consumo apropiado dos produtos hidrobiolóxicos
O proxecto ten como obxectivo contribuír á mellora das condicións de Seguridade Alimentaria e Nutricional da poboación sechurana a través da incorporación dos produtos hidrobiolóxicos na dieta da poboación do distrito de Sechura (na rexión peruana de Piura). Este proxecto vén dar continuidade ás actividades desenvolvidas pola institución galega nesta zona do Perú en proxectos anteriores.
-
Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (AQUA-MOZ SECARA 4ª FASE)
O presente proxecto Aqua-Moz, Secara 4ª Fase é continuidade das anteriores accións desenvolvidas no marco da xestión da seca en Mozambique. O proxecto pretende contribuír, no marco da loita e prevención contra os efectos do cambio climático, á mitigación dos impactos dos eventos de seca en Mozamibique, fortalecendo á Administración Rexional de Augas do Sur, á Administración Rexional de Augas do Norte e á Administración Rexional de Augas do Centro. Na terceira fase incluíuse como socio líder á asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
-
Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia
Este convenio vén asinándose de forma ininterrompida desde o ano 2009 para garantir unha resposta rápida e áxil da Xunta de Galicia, a través da posta en marcha de accións de asistencia e atención inmediata de emerxencias, tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a intensificación dunha crise crónica (situacións de fame, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) tratando de evitar unha gran mortaldade entre os/as damnificados/as. Nestas actuacións FARMAMUNDI traballará a partir de dúas estratexias distintas.
-
Mellorado o acceso a medios de vida (auga e alimentación) nas localidades de Dembanje, Basseor e Yal na Guinea Bissau, con especial atención ás mulleres.
A presente proposta busca mellorar as condicións de vida da poboación de tres localidades bisauguineanas garantindo o acceso á auga e o papel da muller na súa xestión, así como no auto-abastecemento hortícola. Preténdese rehabilitar dous pozos e mellorar o sistema de bombeo mediante a instalación dunha electro-bomba solar e un depósito elevado nas localidades de Yal e Basseor. Deste xeito búscase abastecer de auga ao conxunto da comunidade e tamén a escola de Yal que está próxima a un dos pozos.
-
Construíndo saúde. Cuarta parte.
Segundo as Nacións Unidas, aproximadamente 1.000 millóns de habitantes indios practican a defecación ao aire libre, o que leva implícita a xeración permanente de todo tipo de enfermidades, alta mortalidade infantil, inseguridade para as mulleres, absentismo escolar e contaminación fecal da auga, impedindo que millóns de persoas poidan acceder a unha vida en condicións e ter opcións para acabar coa pobreza.
-
Reactivación da protección civil saharauí
Esta proposta ten como obxectivo continuar o proxecto xa iniciado no 2018 e interrompido por mor da COVID-19. Este proxecto está centrado nos parques de bombeiros de Rabuni e Smara (construídos na anterior fase) co obxectivo de mellorar a súa capacidade de resposta nos campamentos saharauís ante crises de emerxencias.
-
Acompañamento biopsicosocial a mulleres indíxenas vulnerables en Perú
Este proxecto está centrado na análise do mapa da situación das mulleres indíxenas vulnerables en Cuzco, Perú, e no deseño e implementación dun sistema de comunicación con mensaxes a teléfonos móbiles para mellorar a súa saúde biopsicosocial das devanditas mulleres. Os resultados da investigación serán transferidos e aplicados nos servizos sociais de acompañamento e asesoramento a mulleres indíxenas vulnerables coa finalidade de facilitar o benestar social e a saúde biopsicosocial ás devanditas persoas.
-
Mulleres á frente dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música
Trátase dunha investigación aplicada en materia de cooperación ao desenvolvemento que pon o foco nas mulleres vinculadas coa música e outras artes escénicas, con base na potencialidade das artes en canto ferramentas de intervención para a transformación social. Inspírase na experiencia do grupo de mulleres de orixe caboverdiana “Batuko Tabanka”, de Burela, e na potencialidade do xénero musical do batuko, tradición cultural na illa de Santiago, onde existen decenas de grupos de mulleres unidas pola súa práctica, que se encontra nun proceso de estudo e valorización institucional.
-
Revalorización sustentable de residuos vexetais de alto valor engadido para inhibir a oxidación lipídica en sistemas alimentarios
O perigo de intoxicación alimentaria, con síntomas severos parecidos a alerxias causados polo consumo de peixe deteriorado, é elevado, comprometendo gravemente a seguridade alimentaria e facendo o peixe inaceptable para o consumo humano.
-
Vixilancia e evolución comparativa de actuacións agroforestais no Corredor Seco de Guatemala
O Corredor Seco abarca o 11.8% da superficie de Guatemala; nel, o bosque tropical caducifolio é o tipo de vexetación potencial dominante, o cal se atopa moi decimado e degradado debido á actividade antropozoógena. Tal deforestación afecta o ciclo hidrolóxico e provoca fenómenos erosivos graves. As familias máis desfavorecidas, maiormente da etnia chortí, apenas teñen terreos da súa propiedade para cultivar, concentrando esta actividade en pequenas porcións de terra comunal próximas ás súas vivendas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »