Proxectos
-
Dereito ao Hábitat Rural para a promoción dun modelo de hábitat rural sostible baseado en dereitos humanos, igualdade de xénero, promoción da cultura de paz, cidadanía global e valoración da diversidade cultural en 18 comunidades educativas do ámbito rural galego. Fase 2
O proxecto constitúe a segunda fase da intervención iniciada no curso escolar 2025/2026 e desenvólvese en 18 comunidades educativas do rural galego, pertencentes a territorios nos que se identifican certas vulneracións do dereito ao hábitat.
-
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab| Laboratorio de EpD)
No curso 25-26, EpDLab cumpriu 11 anos; despois de máis dunha década, EpDLab é agora unha comunidade educativa cohesiva e estable, un espazo de intercambio e unha experiencia que acompaña aos grupos participantes no longo prazo. Esta comunidade medra cada ano, acollendo colectivos que achegan heteroxeneidade, e facilitando así que os resultados do proxecto sexan flexibles e adaptables a diversos contextos educativos e socioculturais, no eido formal e non formal.
-
Promover a co-responsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado e profesorado de educación Secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos (Xeración Contrainfo Fase V)
Xeración Contrainfo nace en 2022 como resposta á radicalización dos discursos de odio entre as e os adolescentes, que segundo relataba o persoal docente e os colectivos afectados estaban provocando un clima de polarización social nas aulas e uns altos niveis de intolerancia e de agresividade cara as persoas migrantes e/ou racializadas, as persoas xitanas e as persoas do colectivo LGBTQ+, ao que hai que engadir a transversalización da discriminación por xénero.
-
Campaña Mundial pola Educación 2027
As principais liñas de acción do proxecto Campaña Global pola Educación 2027 en Galicia céntranse na sensibilización, a educación, a formación, a mobilización cidadá e a incidencia política.
-
Rede de Eco Hortas Escolares
A proposta que expoñemos ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables.
Para elo traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares, unha rede de traballo colaborativo en torno ás hortas escolares, impulsada por Amigas da Terra e única en Galicia que naceu no curso 2018-2019 e que no actual curso conta cun total de 14 centros educativos participantes.
-
Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD). ACTÚA!: Fortalecendo as actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de ACPP Galicia e sociedade civil galega.
O proxecto Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento (ESR-EpD) constitúe unha aposta integral pola formación en Educación para o Desenvolvemento e a Paz de maneira transversal e permanente. Desde ACPP-Galicia entendemos o ESR-EpD como un marco de actuación, unha forma de facer e de entender que require da participación de toda a comunidade educativa desde a educación infantil ata a universitaria, para acadar o propósito de crear unha sociedade máis xusta e solidaria.
-
Abeirar: territorios de coidados. Construíndo comunidades acolledoras dende a empatía intercultural, a igualdade de xénero e a participación social.
Abeirar aborda o dereito ao hábitat desde un enfoque de dereitos humanos, entendendoo non unicamente como o acceso a unha vivenda, senón como o dereito a formar parte de territorios seguros, inclusivos, diversos, participativos e libres de discriminación. Habitar implica tamén poder participar na comunidade, establecer vínculos, acceder aos recursos do territorio e sentirse parte del.
-
Biblioteca Humana: libros que contan historias de cooperación e solidariedade.
Trátase dun programa de innovación social e comunicación orientado a fortalecer a lexitimidade social da cooperación internacional e a promover valores como a xustiza global, os dereitos humanos, a igualdade de xénero, a interculturalidade e a cultura da paz nos ámbitos cultural e mediático de Galicia.
-
TI TAMÉN CONTAS: historias fiadas de mulleres rurais para crear unha cidadanía crítica e con conciencia feminista
Galicia caracterízase polo seu alto grao de ruralidade, marcado por unha poboación dispersa, o envellecemento demográfico e un tecido comunitario activo sostido por redes veciñais, asociativas e familiares. Neste contexto, as mulleres representan aproximadamente a metade da poboación rural, aínda que seguen a enfrontarse a desigualdades estruturais no acceso á terra, á propiedade das explotacións, á participación nos órganos de toma de decisións e á brecha de xénero nos sectores agrícola e cooperativo.
-
ENREDA: Educación transformadora para a ecocidadanía global e a agroecoloxía escolar na rede de centros educativos rurais polo dereito humano á alimentación e o ODS 2 Fame Cero (2026-2028)
Este programa desenvolve un programa plurianual de educación transformadora (2026-2028) en educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, promovido por Mans Unidas (MU) en Galicia en agrupación co Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental SEPA-interea da Universidade de Santiago de Compostela (USC), polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 "Fame Cero" na rede de centros educativos rurais polo dereito á alimentación e a agroecoloxía escolar (ENREDA).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »