Proxectos
-
Tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos nos ámbitos profesionais tecnolóxicos de Galicia, fase 2 (ESFpro 2)
A consideración das empresas como axente clave na transformación do modelo produtivo e social cara unha economía máis centrada nas persoas non é algo recente. Pero si o é o tratar dalgún xeito de, no tecido profesional existente, impulsar boas prácticas para acadar ese cambio de paradigma en empresas que xa están funcionando, ademais de proporcionar a profesionais (neste caso da enxeñería e a tecnoloxía) elementos para levar a súa vida profesional boas prácticas cunha perspectiva de cidadanía global e os dereitos humanos.
-
QUEN SABE? Mulleres en diálogo para transformar os imaxinarios sobre a sustentabilidade da vida
QUEN SABE? Mulleres en diálogo para transformar os imaxinarios sobre a sustentabilidade da vida é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EpDCG) que se desenvolverá en Galicia durante 15 meses (do 1 de outubro de 2026 ao 30 de decembro de 2027).
-
Enredadas no Cambio: Educar para emprender a vida
Enredadas no Cambio: Educar para emprender a vida dá continuidade á liña de Educación para a Cidadanía Global (EpCG) que Taller de Solidaridad (TDS) impulsa en Galicia desde 2021 para promover unha cidadanía global crítica, corresponsable e comprometida coa igualdade de xénero, a sustentabilidade da vida e a xustiza global.
-
A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo ciudadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase VII
O obxectivo central de Farmamundi (FM) céntrase na defensa e promoción do acceso universal á saúde a través de procesos de transformación social sostible. Este compromiso concrétase mediante accións de axuda humanitaria, cooperación ao desenvolvemento e educación para a cidadanía global. Fundada en 1993, a entidade conta cunha traxectoria de máis de tres décadas e máis de 120 proxectos desenvolvidos.
-
ODiSeIA: educación, participación e mobilización para reducir o impacto das narrativas de odio e anticooperación co Sur Global
O proxecto ODiSeIA aposta pola transformación das narrativas como ferramenta central para facer fronte á polarización social e promover unha sociedade máis xusta e inclusiva. A partir dos logros e aprendizaxes previas, deseñouse unha proposta inédita que busca dar resposta a desafíos emerxentes mediante unha estratexia que imbrica comunicación, mobilización e educación como eixos de acción.
-
Senda 2030. Xeración Eco-Étika: Construíndo cidadanía global dende as aulas a través da ciencia cidadá e a participación.
É unha proposta de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EpDCG) promovida en agrupación por CIDEL Galicia e a Universidade de Vigo, coa participación do IES Luís Seoane como aliado educativo estratéxico. O proxecto busca mellorar a capacidade da comunidade educativa galega para xerar procesos de acción colectiva ante retos ecosociais desde un enfoque de cidadanía global, articulando investigación e coñecemento, práctica educativa, cooperación e participación.
-
Replay Mocidade x dereitos. Conectar para transformar. Fase I
O proxecto “Replay Mocidade x dereitos. Conectar para transformar. Fase I” ten como obxectivo fortalecer as capacidades e oportunidades dos adolescentes e mozos para comprender criticamente as cuestións que os afectan no exercicio dos seus dereitos e transformar esa comprensión en participación, propostas e acción colectiva. Para iso, 60 mozos de Pontevedra, Vigo e A Coruña, 20 por territorio, emprenderán unha viaxe que conecta as súas realidades coas dos mozos doutros contextos e do Sur Global.
-
Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do Dereito ao Hábitat, no marco da Axenda 2030-ODS, desde a participación social comunitaria e a perspectiva interseccional. Fase 4
O proxecto proponse fortalecer e transferir as capacidades teóricas, metodolóxicas e de incidencia política da veciñanza do barrio da Agra (titulares de dereitos) e de axentes multiplicadores dos ámbitos educativo, social e institucional (titulares de responsabilidades) para a defensa do Dereito ao Hábitat (ODS 11) con perspectiva ecofeminista, interseccional e de cultura de paz.
-
Dereito ao Hábitat Rural para a promoción dun modelo de hábitat rural sostible baseado en dereitos humanos, igualdade de xénero, promoción da cultura de paz, cidadanía global e valoración da diversidade cultural en 18 comunidades educativas do ámbito rural galego. Fase 2
O proxecto constitúe a segunda fase da intervención iniciada no curso escolar 2025/2026 e desenvólvese en 18 comunidades educativas do rural galego, pertencentes a territorios nos que se identifican certas vulneracións do dereito ao hábitat.
-
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab| Laboratorio de EpD)
No curso 25-26, EpDLab cumpriu 11 anos; despois de máis dunha década, EpDLab é agora unha comunidade educativa cohesiva e estable, un espazo de intercambio e unha experiencia que acompaña aos grupos participantes no longo prazo. Esta comunidade medra cada ano, acollendo colectivos que achegan heteroxeneidade, e facilitando así que os resultados do proxecto sexan flexibles e adaptables a diversos contextos educativos e socioculturais, no eido formal e non formal.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »