Proxectos

  • Atención sanitaria móbil nos territorios desocupados de Ucraína

    No contexto da invasión rusa a Ucraína, o presente proxecto busca proporcionar á poboación dos territorios ucraínos inicialmente invadidos por Rusia e posteriormente desocupados -así como a outros núcleos illados e escasamente poboados-, un servizo de recoñecemento médico primario de alta calidade. Trátase de crear un ciclo completo de prestación de servizos de exame médico para pacientes nos territorios desocupados con infraestruturas médicas danadas pola guerra.

  • Garantindo o dereito á educación, en especial das nenas, na Franxa de Gaza.

    Este proxecto é unha continuación das accións que ven realizando UNRWA en Gaza no ámbito da educación con apoio da Xunta de Galicia desde o ano 2021. Neste caso apóiase a escola Jeddah Elementary School, en Rafah. UNRWA pretende garantir o dereito á educación dos menores co seu programa de Educación en Emerxencias (EiE), coidando e protexendo as escolas mediante un apoio que se mostrou indispensable para que sexan lugares seguros e beneficiosos para todos os nenos, e especialmente as nenas, refuxiadas de Palestina.

  • Acceso a servizos de atención psicosocial para previr e ofrecer unha resposta oportuna ás persoas supervivintes de Violencia Baseada en Xénero (VBX) e de saúde mental en Colombia

    O presente proxecto enmárcase dentro do programa global de actuación que ACNUR está a desenvolver en Colombia para garantir a protección internacional da poboación refuxiada e solicitante de asilo venezolana e colombiana retornada ademais das comunidades de acollida colombianas.

  • Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

    O presente convenio ten a finalidade de establecer o marco de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e a entidade Fundación UNICEF Comité Español para a execución de actuacións e proxectos en materia de acción humanitaria e de emerxencia, en países con poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, co fin de paliar o sufrimento das poboacións afectadas e de calquera outras accións que en beneficios destas poboacións póidanse impulsar.

  • Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas, con especial énfase nas máis pequenas.

    O proxecto ten como obxectivo mellorar as capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas, con especial énfase nas máis pequenas.

  • Mellora das condicións de Seguridade Alimentaria e Nutricional da poboación de Sechura a través dun consumo apropiado dos produtos hidrobiolóxicos

    O proxecto ten como obxectivo contribuír á mellora das condicións de Seguridade Alimentaria e Nutricional da poboación sechurana a través da incorporación dos produtos hidrobiolóxicos na dieta da poboación do distrito de Sechura (na rexión peruana de Piura). Este proxecto vén dar continuidade ás actividades desenvolvidas pola institución galega nesta zona do Perú en proxectos anteriores.

  • Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (AQUA-MOZ SECARA 4ª FASE)

    O presente proxecto Aqua-Moz, Secara 4ª Fase é continuidade das anteriores accións desenvolvidas no marco da xestión da seca en Mozambique. O proxecto pretende contribuír, no marco da loita e prevención contra os efectos do cambio climático, á mitigación dos impactos dos eventos de seca en Mozamibique, fortalecendo á Administración Rexional de Augas do Sur, á Administración Rexional de Augas do Norte e á Administración Rexional de Augas do Centro. Na terceira fase incluíuse como socio líder á asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.

  • Convenio de colaboración para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

    Este convenio vén asinándose de forma ininterrompida desde o ano 2009 para garantir unha resposta rápida e áxil da Xunta de Galicia, a través da posta en marcha de accións de asistencia e atención inmediata de emerxencias, tras declararse o desastre ou crise humanitaria ou ante a intensificación dunha crise crónica (situacións de fame, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) tratando de evitar unha gran mortaldade entre os/as damnificados/as. Nestas actuacións FARMAMUNDI traballará a partir de dúas estratexias distintas.

  • Mellorado o acceso a medios de vida (auga e alimentación) nas localidades de Dembanje, Basseor e Yal na Guinea Bissau, con especial atención ás mulleres.

    A presente proposta busca mellorar as condicións de vida da poboación de tres localidades bisauguineanas garantindo o acceso á auga e o papel da muller na súa xestión, así como no auto-abastecemento hortícola. Preténdese rehabilitar dous pozos e mellorar o sistema de bombeo mediante a instalación dunha electro-bomba solar e un depósito elevado nas localidades de Yal e Basseor. Deste xeito búscase abastecer de auga ao conxunto da comunidade e tamén a escola de Yal que está próxima a un dos pozos.

  • Construíndo saúde. Cuarta parte.

    Segundo as Nacións Unidas, aproximadamente 1.000 millóns de habitantes indios practican a defecación ao aire libre, o que leva implícita a xeración permanente de todo tipo de enfermidades, alta mortalidade infantil, inseguridade para as mulleres, absentismo escolar e contaminación fecal da auga, impedindo que millóns de persoas poidan acceder a unha vida en condicións e ter opcións para acabar coa pobreza.