Proxectos

  • A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030

    O presente proxecto ten como obxectivo xeral contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa na defensa do dereito a protección da infancia e bo trato fronte a situacións de violencia (ODS 16.2) e violencia estrutural (ODS) para o que se marca como obxectivo específico fortalecer as capacidades e actitudes de nenas, nenos e adolescentes e axentes chave para a defensa do seu dereito a protección, a través da educación para a transformación social.

  • Redes 4.7.: Tecendo Cidadanía Global en Galicia para non deixar a ninguén atrás

    Este proxecto pretende dar continuidade ás accións do programa de educación para a cidadanía global e a participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM), que se executa en Galicia desde o ano 2004. Este programa ofrece unha estrutura de participación estable a centros educativos e organizacións e entidades sociais, facilitando procesos de formación e acción xuvenil, que á súa vez, promoven o liderado e aumentan a motivación e o compromiso social e a cidadanía global de persoas mozas en Galicia nos seus centros educativos ou organizacións e entidades sociais.

  • De Ítaca a Ávalon. Da igualdade na educación á coeducación para a transformación e polo dereito á unha vida libre de violencias machistas. Fase III

    Esta actuación correspóndese coa recta final do proxecto “De Ítaca a Ávalon: Da igualdade na educación á coeducación para a transformación social e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas”.

  • Abeirar: desprazamento e refuxio desde o enfoque de dereitos

    Este proxecto alíñase co ODS 10: reducir as desigualdades en e entre os países, o coñecemento das causas estruturais xeradoras de desigualades e das consecuencias, en concreto do fenómeno migratorio, así como as interconexións existentes entre todos os países.

  • Fame Cero: sensibilización cidadá, e formación, participación e mobilización educativa cunha visión integradora dos ODS

    Este proxecto desenvolve a Fase 1 dunha intervención trienal (2022-2025) en Educación para o Desenvolvemento (EpD) e a Cidadanía Global promovida por Mans Unidas (MU) en Galicia nas dimensións de sensibilización, formación e educación, e mobilización social polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 “Fame cero”.

  • Enredadas no Cambio: Fase II

    Este proxecto, dirixido a mulleres emprendedoras e estudantes de Formación Profesional e bacharelato, pretende consolidar a Rede Internacional de Emprendemento e Solidariedade ( RIES), creada na primeira fase do proxecto Enredadas non Cambio, que busca crear unha sensibilización e comunicación global, que rompa as barreiras e desigualdades de xénero existentes en todas as sociedades pero que afectan máis a certas mulleres pola interseccionalidade que sofren facendo fincapé nas fortalezas locais e globais.

  • Hackers Sen Fronteiras. Tecnoloxías para o ben común e os Dereitos Humanos no ensino secundario de Galicia, fase 1

    Con este proxecto quérese impulsar o concepto de tecnoloxía para o ben común na docencia da comunidade educativa do ensino secundario galego de base tecnolóxica. O concepto de “Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano” (ou para o ben común e a emancipación, como vimos denominándoo ultimamente), parte de cuestionar o uso histórico da tecnoloxía e apostar por unha tecnoloxía participativa e non excluínte que permita lograr a equidade e a xustiza social cun enfoque de ben común.

  • Rede de Eco Hortas Escolares

    A proposta ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables. Para elo traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares , unha rede de traballo colaborativo en torno ás hortas escolares, impulsada por Amigos da Terra e única en Galicia que naceu no curso 2018/2019 e que no actual curso conta cun total de 10 centros educativos participantes.

  • Promover a corresponsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos (Xeración Contrainfo)

    Xeración Contrainfo pretende analizar a situación de radicalización dos discursos nas aulas entre as e os adolescentes, que están provocando uns altos niveis de intolerancia e agresividade cara colectivos excluídos como as persoas migrantes, as persoas do colectivo LGTBI ou as persoas xitanas, ao que hai que engadir a transversalización da discriminación por xénero. O obxectivo macro é atallar a raíz do mecanismo que xera os discursos de odio, en gran parte provocados pola falta de alfabetización mediática do alumnado.

  • Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)

    Este proxecto, que se enmarca na fase 8 de EpDLab, ten como obxectivo principal  a mellora das habilidades de reflexión crítica e participación social do alumnado e do profesorado de ESO, a través do traballo con centros de 5 concellos de Galicia, xunto a un grupo de centros de ensino de República Dominicana, que participará a través dunha actividade para promover o diálogo intercultural, como ferramenta para educar no coñecemento dos países empobrecidos e no potencial das redes ou alianzas pola xustiza social.