Proxectos
-
A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase II
Grazas á colaboración entre Farmamundi e a Universidade de Santiago de Compostela lévanse a cabo diversos proxectos e iniciativas con estudos de educación superior, principalmente dentro das ramas sociais e sanitarias, co fin de fortalecer as capacidades da comunidade universitaria (alumnado, profesorado, persoal docente e investigador, principalmente) en materia de saúde comunitaria baseado nun enfoque feminista desenvolvido a través metodoloxías participativas que permitan promover procesos de transformación social na defensa do dereito á saúde global a través da metodoloxía pedagóxica da
-
Elas deciden
-
Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego
-
Loita contra a violencia sexual e a discriminación socio-económica das mulleres na República Democrática do Congo - RDC
Convenio asinado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamento de actuacións no marco das medidas 36 e 37 do devandito Pacto, que afectan ao ámbito da cooperación internacional:
-
Acordo de Prórroga do Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria
Prórroga do Convenio entre a cooperación descentralizada e a AECID para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, subscrito o 3 de outubro de 2018, publicado no BOE o 9 de novembro de 2018, cuxa vixencia foi prorrogada nunha primeira anualidade a través da Adenda modificativa relativa ao acordo de prórroga e ao acto de adhesión do convenio entre a cooperación descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, publicada no BOE o 6 de novembro de 2019.
-
Cooperación Galega: o mundo que queremos 2020-2021
Este convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e as organizacións non gobernamentais Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación ONGD Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Asemblea de Cooperación Pola Paz para a execución do proxecto “Cooperación galega: o mundo que queremos 2020-2021”.
-
Protección e atención ás mulleres sobreviventes de violencia machista nos campos de poboación refuxiada da Franxa de Gaza durante a pandemia de COVID-19
Convenio asinado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamento de actuacións no marco das medidas 36 e 37 do devandito Pacto, que afectan ao ámbito da cooperación internacional:
-
Servizos integrados de prevención e resposta á violencia de xénero e protección infantil para nenos e nenas refuxiados en Uganda
Convenio asinado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamento de actuacións no marco das medidas 36 e 37 do devandito Pacto, que afectan ao ámbito da cooperación internacional:
-
A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación
O presente proxecto xorde da experiencia acumulada do Fondo Galego nos seus 23 anos de andaina, así como das demandas e vontades das administracións locais socias. Tivéronse en conta asemade as principais debilidades detectadas para a difusión e implementación dos ODS no eido local, buscando actividades que resultaran atractivas e novidosas. Por outra banda, a participación de concellos de menos de 50.000 habitantes está garantida, sendo un obxectivo para o Fondo Galego promover actividades destinadas aos concellos pequenos e medianos en función da súa poboación.
-
Iniciativa de Desenvolvemento do sector acuícola e pesqueiro artesanal na Baía de Sechura, Perú
O presente proxecto é parte dunha intervención global de título “Incrementar a competitividade do sector pesca artesanal e acuicultura na baía de Sechura a través do fortalecemento institucional e organizacional, a adopción de tecnoloxías e a sustentabilidade ambiental – ACUIPESCA PERÚ”.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- …
- seguinte ›
- última »