Proxectos
-
Construíndo novas identidades de xénero dende o enfoque de medios de vida sustentables para mozas e mulleres sobreviventes de diferentes tipos de violencia e en condicións de post guerra e pobreza, en 6 municipios de Nova Segovia. Nicaragua.
O Instituto de Liderado das Segovias (ILLS) é unha organización non gobernamental sen fins de lucro, que dende o enfoque de dereitos, propicia o desenvolvemento de liderados alternativos para a superación da pobreza e a transformación das relacións de poder, dende o empoderamento da sociedade, en particular: mulleres, mocidade e indíxenas.
-
Mellora das capacidades educativas, organizativas e emprendedoras de 24 comunidades rurais dos municipios de Chirilagua e Jucuapa. El Salvador.
O obxectivo global do proxecto que se presenta é contribuír ao fortalecemento dos procesos educativos, organizativos e produtivos, nos Departamentos de San Miguel e Usulután. Para conseguir isto, a intervención ten varios compoñentes para executar: Alfabetización; Formación e capacitación en Xénero, Masculinidad e Dereitos Humanos; Talleres ou Cursos Vocacionais;
-
Mellora da competitividade da agroindustria rural dos distritos de Ocongate, Ccatcca e Andahuaylillas, Cusco, Perú.
O proxecto ten por obxectivo diversificar e mellorar a competitividade do sector agroindustrial rural emerxente: lácteos, cuyes e fungos; promovendo a participación equitativa de mulleres e homes, baixo un enfoque de sustentabilidade económica e ambiental, nos distritos de Ocongate, Ccatcca e Andahuaylillas. A proposta parte da experiencia de traballo do que constituíu a primeira fase do proxecto, financiada pola Xunta na Convocatoria 2014
-
Promovida a calidade educativa para 3000 nenos e nenas, así como para a comunidade educativa, de 20 escolas públicas primarias rurais do Municipio de Momostenango.
O proxecto desenvolverase no Municipio de Momostenango, no departamento de Totonicapán, Guatemala. A pobreza no municipio é do 80% e atópase dentro dun dos tres departamentos máis vulnerables do país. É un municipio eminentemente rural con poboación indíxena Maya Quiché.
-
Oportunidades de formación vocacional e formación técnica con enfoque de xénero para poboación de barrios e comunidades marxinais en Nicaragua.
O obxectivo desta proposta consiste en garantir que 3.073 adolescentes e xóvenes (1.629 mulleres e 1.444 homes) de 12 centros educativos de Fe e Alegría en barrios e comunidades marxinais de 7 municipios do occidente e a capital de Nicaragua, accedan a unha orientación técnica vocacional (OTV) e unha formación técnica de calidade, baseada en criterios de equidade de xénero, que lles permita adquirir as ferramentas básicas que faciliten o seu paso á formación posterior e/ou ao mercado laboral.
-
Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfasis nas mulleres viuvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades munici
Preséntase a terceira fase do proxecto B'an Chuinklal, que da continuidade á intervención no hábitat domiciliar saudable que a Xunta de Galicia ven apoiando dende o ano 2008, primeiro a través do Programa Integral Oxlajuj Tz'ikin e posteriormente a través dos proxectos presentados á convocatoria, por Arquitectura sin Fronteras nos anos 2015 e 2014.
-
Mellora das condicións técnicas e materiais para o aproveitamento responsable dos recursos ecoturístico, acuícolas, pesqueiros e medioambientais dos municipios de San Luís La Herradura e Tecoluca. Fase IV. El Salvador.
A presente acción expón unha fase IV, coa que se pretende dar continuidade aos procesos en desenvolvemento, así como apuntalar o impacto de aspectos relevantes de anteriores etapas, e que fagan posible xerar oportunidades ás familias beneficiarias e reforzar aos colectivos participantes. Desta forma, o proxecto pretende a mellora das condicións técnicas e materiais para o aproveitamento responsable dos recursos eco turístico, acuícolas, pesqueiros e ambientais dos Municipios de San Luís La Herradura e Tecoluca no Salvador.
-
Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a xuventude no Municipio de Champerico. Fase II. Guatemala.
O obxectivo do presente proxecto é mellorar a calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero da formación da nenez e xuventude do Municipio de Champerico, Departamento de Retalhuleu (Costa Sur guatemalteca) mediante a creación de condicións adecuadas para que o estudantado poida desenvolver da mellor forma posible o seu traballo escolar. Constitúe a Fase II dun proxecto anteriormente financiado pola Xunta de Galicia na convocatoria de 2014.
-
Fortalecemento da intervención público-comunitaria na loita contra a violencia de xénero en Matola. Mozambique.
A través do presente proxecto (continuación da intervención “Mellorar o exercicio dos dereitos de saúde sexual e reprodutiva das/os mozas/os do distrito de Matola, (provincia de Maputo, Mozambique” financiado pola Xunta de Galicia na convocatoria de 2015), Médicos do Mundo (MdM) e os seus socios locais AJPJ e ACODEMU queren contribuír á creación dun sistema integral na defensa dos dereitos humanos das mulleres e as mozas, centrado especificamente na redución do número de casos de violencia de xénero (VdG) no Distrito de Matola.
-
Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito de auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos municipios da Mancomunidade NASMAR, Honduras. Fase III.
Nesta fase preténdese dar continuidade ás accións xa iniciadas, e solucionar debilidades identificadas no transcurso do programa, como son a sensibilización e capacitación en temas de calidade de auga, a necesidade de formación para o deseño de sistemas de abastecemento de auga e a perforación e construción de pozos para o abastecemento comunitario de auga, así como a introdución de ferramentas innovadoras de cartografía participativa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- …
- seguinte ›
- última »