Proxectos
-
Fortalecer a implantación do plan de redución da desnutrición de menores de 5 anos e mulleres embarazadas, en San Martín Sacatepéquez. Guatemala. Fase III.
O proxecto que se presenta forma parte dunha estratexia máis ampla, compartida polos actores da intervención, orientada a reducir a desnutrición de menores de 5 anos e mulleres embarazadas no Departamento de Quetzaltenango, complementando accións e esforzos institucionais e comunitarios. Constitúe a fase III dun proxecto anterior financiado pola Xunta en 2014 e 2015.
-
Convenio de colaboración entre a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e as Comunidades Autónomas de Galicia, A Rioxa, Castela-A Mancha, Illas Baleares, Madrid e Estremadura para a programación conxunta en materia de Acción
O presente convenio ten por obxecto regular a colaboración das partes asinantes en materia de acción humanitaria e, de maneira específica, o establecemento das finalidades específicas da dita colaboración, así como os compromisos financeiros asumidos polas mesmas, para a consecución dos obxectivos do Convenio Marco de colaboración para a articulación, coordinación e complementariedade da cooperación descentralizada coa SGCID.
-
Cooperación Galega: O mundo que queremos
Cooperación Galega; o mundo que queremos é unha iniciativa dirixida a 5 centros de Educación Secundaria (500 alumno/as e 15 profesores/as), seleccionados entre aqueles que soliciten a presente proposta no marco do Plan Proxecta. Co profesorado e alumnado destinatario, afondarase nas desigualdade sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega.
-
Prestación de axuda sanitaria, dotación de material sanitario para o hospital de Bojador e dotación da casa para os médicos na wilaya de Bojador
O obxectivo do proxecto consiste en mellorar a saúde e a calidade de vida da poboación refuxiada na rexión de Tindouf, xa que a comisión sanitaria da asociación pretende chegar a máis dunha wilaya e tratar de diminuír a mortalidade infantil.
-
10 anos de Vacacións con Traballo
O presente convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FOGACOSOL) no proxecto denominado “Plan 2015: 10 anos de vacacións con traballo”. O proxecto ten como obxectivo o fortalecemento desde o local e a sensibilización da sociedade galega en torno á cooperación para o desenvolvemento.
-
Reforzo da Acuicultura Rural a Pequena Escala e a Investigación Pesqueira en Cabo Delgado, Mozambique
O proxecto pretende apoiar a aplicación dun modelo de produción acuícola nas comunidade rurais que supoñan por un lado, a diversificación de fontes de ingresos no marco da estratexia da loita contra a pobreza, e por outro unha contribución á seguridade alimentaria mediante o reforzo da dieta alimenticia.
-
Convenio de colaboración coas Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de conformación dunha Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento
O presente convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as tres universidades galegas no proxecto de conformación dunha Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento.
-
Acceso a auga potable para os/as refuxiados/as sudaneses do este de Chad
Conseguir que os/as refuxiados/as sudaneses/as no campo de Iridimi, xestionado por ACNUR no este do Chad, e a poboación local teña acceso regular aos servizos axeitados de auga cun suministro de calidade de conformidade cos estándares internacionais, evitándose deste modo a transmisión de enfermidades.
-
Convenio de colaboración coa UNRWA (Axencia das Nacións Unidas para os refuxiados en Palestina) para o proxecto Mellora da seguridade alimentaria na Franxa de Gaza "Contribuíndo á supervivencia da poboación refuxiada Palestina a través da provisión de ali
Este proxecto enmárcase dentro do Programa de Emerxencia de UNRWA na Franxa de Gaza, concretamente nun dos seus compoñentes fundamentais, o Programa de Axuda Alimentaria de Emerxencia, que ten por obxecto a provisión de axuda alimentaria de emerxencia a 800.000 persoas, distribuída en catro rondas anuais.
-
Fortalecemento de institucións académicas e de investigación en Cabo Verde como contribución ao desenvolvemento social, económico e ambiental do sector mariño
O proxecto que ten presente os enfoques de xénero, ambiente e dereitos humanos, pretende contribuír ó desenvolvemento social, económico e ambiental do sector mariño costeiro en Cabo Verde, a través do fortalecemento da capacidade e calidade da investigación e docencia do medio mariño.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- …
- seguinte ›
- última »