Proxectos
-
Incrementada a participación social de mulleres e adolescentes na vida política e pública a través da xeración de dereitos, responsabilidades e obrigacións cun enfoque integral de xénero no Barrio Santa Lucía e comunidades contiguas, asociada a IDI República Dominicana, Fase III
O proxecto busca xerar capacidades na poboación, especialmente nas mulleres e a poboación adolescente co fin de que se incida nunha política pública inclusiva e equitativa desde o goberno municipal. En 2020 producirase un cambio no ordenamento municipal de Santiago de los Caballeros, dando lugar á descentralización da xestión municipal.
-
Mellora das condicións para o acceso á educación e á saúde, de mozos migrantes rurais en 18 barrios do Distrito IV do Municipio de Sucre - Bolivia
-
Adolescentes e mozos quichés de Guatemala exercen o seu dereito a unha educación de calidade que favorece a súa aprendizaxe integral e o desenvolvemento da súa cidadanía desde a equidade de xénero
-
Mellora da saúde e nutrición das mulleres en idade fértil e as nenas e nenos menores de 5 anos con enfoque de dereitos, xénero, pertinencia cultural e sustentabilidade ambiental no municipio de Laguna de Perlas, RACCS (Nicaragua)
-
Fortalecemento das capacidades das mulleres, nenas e adolescentes para o pleno exercicio dos seus dereitos a unha vida libre de violencias e a medios de vida dignos no eixo La Paz- El Alto- Santa Cruz. Bolivia
-
Promover a soberanía alimentaria e actividades económicas sustentables, xestionadas por mulleres, mellorando as cadeas de valor locais para a produción agrícola e marisqueira nas illas de Bolama e Soga (Guinea Bissau)
-
Mulleres mozas e adultas de San Juan Sacatepéquez con capacidades fortalecidas, enfrontan as violencias machistas e acceden a oportunidades laborais dignas. Guatemala
-
Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e acceso a servizos públicos de saúde de calidade, especialmente da sexual e reprodutiva nos Municipios de Jiquilisco e Usulatán, O Salvador
A intervención é unha segunda fase do proxecto "Fortalecer os mecanismos de participación cidadá e acceso a servizos públicos de saúde de calidade, especialmente da sexual e reprodutiva, no Municipio de Jiquilisco, Baixo Lempa, O Salvador", financiado pola Xunta de Galicia na súa convocatoria de 2018.
-
Xestión de ecosistemas e riscos climáticos con enfoque de xénero en comunidades campesiñas e nativas de 3 microconcas de Junín e Huancavelica. Perú
O proxecto pretende contribuír á redución das brechas de xénero, sociais, económicas e políticas, das mulleres rurais das rexións de Junín e Huancavelica que foron identificadas no proceso de diagnóstico participativo e nos proxectos anteriores desenvolvidos na zona. Desenvolverase en 8 distritos das provincias de Satipo, Tayacaja e Jauja, sendo a poboación suxeito da intervención 1.555 persoas.
-
Proxecto Qoklen toj xnaq´tzb´il (valor á educación) de mellora das condicións de seis escolas de educación primaria e preprimaria e un Centro de Recursos para a Educación Inclusiva, para proporcionar educación inclusiva de calidade ao alumnado con necesidades educativas especiais, con enfoque de xénero e interculturalidade, no municipio de Champerico, Retalhuleu, Guatemala
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »