Proxectos
-
Proxecto de educación técnica agropecuaria sostible articulado ao mercado para o desenvolvemento social, económico e ambiental do Val de San Lorenzo, Piura -Perú, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres e novas. Proxecto EDUCA-T San Lorenzo
O obxecto do proxecto é o de mellorar o acceso, a oferta e a calidade da educación técnica agropecuaria sustentable da rexión do Valle de San Lorenzo – Piura, mediante o fortalecemento de 7 escolas secundarias e o Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica Agropecuaria da rexión en coordinación coa Unidade de Xestión Educativa Local de Tambogrande e as Asociacións de Mulleres.
-
Liderado comunitario xuvenil para xerar espazos de incidencia social e política para a mellora da igualdade de xénero no Municipio de Baitoa e no Municipio de Santiago de los Caballeros
Este proxecto desenvólvese no Municipio de Baitoa e no Municipio de Santiago de los Caballeros que pertencen á Rexión do Cibao en República Dominicana. Devandito país conta cunha brecha de xénero do 70,4% sendo o segundo país de América Latina cunha maior taxa de feminicidios. Así mesmo, o cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos está a ser vulnerado xa que a interrupción do embarazo está prohibida e penalizada. Da mesma forma, o embarazo en 12 adolescentes é dun 20% en mulleres entre os 15 e os 19 anos, o que a posiciona como o país con maior incidencia na zona do Caribe.
-
Protección Civil saharauí- Fase II
O proxecto de “A Protección Civil Saharauí” pasou por diferentes fases e momentos, debido a pandemia e o conflito bélico entre o Sáhara Occidental e Marrocos en 2020 o proxecto viuse obrigado a deter durante uns anos. No 2023 retomouse e deuse inicio a “Reactivación da protección civil saharauí”, o obxectivo final do proxecto é dotar de servizo de Protección Civil (bombeiros) aos campamentos saharauís, beneficiando a máis de 170.000 persoas que actualmente carecen de atención básica en emerxencias.
-
Formación técnica ocupacional para impulsar a inserción laboral e previr a migración de mozas e mulleres en situación de vulnerabilidade
O proxecto, ten como propósito contribuír á redución da pobreza en Guatemala mediante a mellora das competencias técnicas e profesionais de mozas e mulleres en comunidades rurais vulnerables. O proxecto enfócase en dous municipios do departamento de Suchitepequez, especificamente en Mazatenango e Cuyotenango, e busca capacitar a 210 persoas en formación técnica ocupacional.
-
O Globo. Observatorio, escola e espazo de participación
Este proxecto da continuidade a “O Globo”, unha aposta institucional iniciada no 2017 para a promoción da participación social, que xira en torno ás denominadas “microexperiencias de transformación social”. Iniciativas sociais que contan con 5 características esenciais; transformadoras, colectivas, horizontais, replicables e feministas; e que se organizan segundo a tríada Luces (investigar), Cámara (analizar criticamente) e Acción (actuar), que pretenden contribuír á consecución da Axenda 2030, a través das diferentes temáticas que abordan.
-
O Movemento Social do Comercio Xusto como exercicio de Cidadanía Global: unha contribución á consecución da Axenda 2030 dende Galicia (III)
Esta intervención constitúe a terceira fase do proxecto para fortalecer as capacidades do Movemento Social do Comercio Xusto, dando continuidade á labor das convocatorias de 2020 e 2022.
-
A protección na infancia dende a mirada da Axenda 2030. Unha ollada ao Sur e o ApS como camiño á transformación social
Esta intervención continúa o proxecto “A protección da infancia dende a mirada da Axenda 2030” aprobada e financiada pola Xunta de Galicia nas convocatorias de 2022 e 2023. O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa na defensa do dereito á protección da infancia e a construción de entornas protectoras e de bo trato para a infancia fronte a situacións de violencia.
-
A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase V
O obxectivo do proxecto é poñer á disposición da comunidade educativa un abanico de actividades e contidos que favorecen a comprensión e concienciación sobre as asimetrías e interrelacións globais existentes arredor do planeta, fortalecendo as capacidades da comunidade educativa para impulsar procesos transformadores na promoción da saúde e a equidade e impulsando un compromiso social coa defensa e consecución plena dos DDHH e dos valores coherentes cos ODS e cunha cultura de paz.
-
Abeirar: promovendo actitudes e capacidades de comunidades escolares, mocidade, TdR e TdO asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social e institucional a favor da empatía intercultural cun enfoque reflexivo e crítico.
Este proxecto pretende Contribuír á toma de consciencia sobre os procesos de mobilidade humana e garantir a igualdade de oportunidades cun enfoque de Dereitos Humanos (ODS10). Polo tanto, esta proposta concrétase na intervención en catro centros escolares onde se fomentará o encontro con activistas do Sur, alumnado e profesorado, propiciarase a reflexión coa obra de teatro “A teteira de Kabul” e empregarase a metodoloxía de cartografías sociais con grupos de alumnado.
-
OdiSeIA: educación, participación e mobilización para reducir o impacto das narrativas discriminatorias e anti Axenda 2030
Este proxecto trata de promover a soberanía e apropiación dos dereitos dixitais e sociais por parte da cidadanía, abrindo conversacións sobre as posibilidades democratizadoras das novas tecnoloxías, desde unha perspectiva de avance en dereitos e ben común. A intervención propón unha estratexia educativa e narrativa, baseada en xerar e compartir historias conectadas para forxar, difundir e reforzar narrativas beneficiosas que teñan un impacto acumulativo e nos leven cara un futuro mellor, contrarrestando narrativas as daniñas. Os puntos chave do proxecto son:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »