Proxectos
-
Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD). COÑECE!: Fortalecendo as actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de Asamblea de Cooperación Pola Paz de Galicia e sociedade civil galega.
O proxecto Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento (ESR-EpD) constitúe unha aposta integral pola formación en Educación para o Desenvolvemento e a Paz de maneira transversal e permanente, con esta proposta Escolas Sen Racismo pretende despregar unha intervención durante os próximos tres cursos cos mesmos grupos a nivel escolar en catro centros das provincias de A Coruña e Pontevedra.
-
Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do Dereito ao Hábitat, no marco da axenda 2030-ODS, desde a participación social comunitaria e a perspectiva interseccional. Fase 2
O proxecto busca fortalecer as capacidades dunha comunidade-barrio e de actores multiplicadores chave para identificar as vulneracións do dereito ao hábitat que viven, así como para fortalecer as capacidades e ferramentas para a defensa do mesmo. Este proxecto continúa a nova etapa do traballo de ASF Galicia no eido educativo iniciada no ano 2023, que ampliou o seu campo de acción á escala do barrio e a comunidade.
-
Tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos nos ámbitos profesionais tecnolóxicos de Galicia, fase 1
Este proxecto busca impulsar boas prácticas de educación para a cidadanía global e os Dereitos Humanos no ámbito da enxeñería e a tecnoloxía, para que entidades destes sectores poidan ser motor de cambio social nun sistema onde as persoas estean no centro. A primeira fase desta intervención busca, por unha banda, visibilizar novas posibilidades de facer unha enxeñería mellor no eido profesional, salientando nos Dereitos Humanos e a Axenda 2030, entre outros.
-
Education4ThePlanet: mocidade galega activados pola axenda 2030 e a acción polo clima
EDUCATION4thePLANET aborda Emerxencia climática e a desigualdade de xénero desde o actual sistema de produción e consumo de alimentos, baseado en sobreprodución, degradación ambiental e desigualdade. Promove unha cidadanía activa da mocidade galega con mirada ao Sur Global na defensa da Axenda 2030, en especial do ODS13, poñendo en valor a achega da contorna rural e mariño ante á emerxencia climática con Enfoque de Xénero e Baseado en Dereitos Humanos (EGBDH).
-
Campaña Mundial pola Educación 2025
A sensibilización, concienciación, formación, mobilización social e incidencia política son os campos principais nos que se enmarcan as actividades do proxecto Campaña Mundial pola Educación 2025 (CME). En Galicia o proxecto será desenvolvido pola coalición galega da CME, formada polas entidades Axuda en Acción, Educo, Entreculturas, Taller de Solidariedade e a Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación Terceira Xeración.
-
Hackers Sen Fronteiras. Tecnoloxías para o ben común e os Dereitos Humanos no ensino secundario de Galicia, fase 2
Con este proxecto quérese impulsar o concepto de tecnoloxía para o ben común na docencia da comunidade educativa do ensino secundario galego de base tecnolóxica. O concepto de “Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano” (ou para o ben común e a emancipación, como vaise denominándoo ultimamente), parte de cuestionar o uso histórico da tecnoloxía e apostar por unha tecnoloxía participativa e non excluínte que permita lograr a equidade e a xustiza social cun enfoque de ben común.
-
Promover a co-responsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas ao alumnado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos (Xeración Contrainfo Fase III)
Xeración Contrainfo nace en 2022 como resposta á radicalización dos discursos de odio entre as e os adolescentes, que segundo relatan as e os docentes e os colectivos afectados están provocando un clima de polarización social nas aulas e uns altos niveis de intolerancia e de agresividade cara aos colectivos excluídos, as persoas migrantes e racializadas, as persoas xitanas e as persoas do colectivo LGTBIQ+.
-
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab| Laboratorio de EpD)
Tras dez anos en funcionamento o EpDLab seguirá afondando nos catro eixos fundamentais do proxecto: a ECG como materia transversal no ensino, a innovación educativa con perspectiva crítica, a comunicación dixital como estratexia de transformación social e as ferramentas para facilitar a multiplicación e a réplica dos resultados. Todas as actividades baséanse na comunicación entendida como un feito social e cultural, no seu impacto no contexto cotián e na relación con outras persoas, colectivos e lugares do mundo.
-
Sementando coeducación desde o rural: os coidados como xerme para a sustentabilidade da vida. Fase II.
O proxecto ten como obxectivo contribuír a promover en Galicia unha cidadanía global, crítica e comprometida cun modelo de desenvolvemento que poña no centro o coidado das persoas e do planeta baixo unha perspectiva ecofeminista e de acordo co cumprimento da Axenda 2030. Esta intervención da continuidade a un proceso de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global iniciado no ano 2023 e pensado nun horizonte a tres anos.
-
Fame Cero: sensibilización, formación e concienciación sobre o dereito humano á alimentación e o ODS 2 en centros rurais de ensino infantil e primario. Fase III
Este proxecto desenvolve a terceira fase dunha intervención trienal (2022-2025) en Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global promovida por Mans Unidas en Galicia nas dimensións de sensibilización, formación e educación, e mobilización social polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 “Fame cero”. O proxecto afrontará a actual situación de vulneración do dereito á alimentación que fundamenta o ODS 2 e promoverá entre a cidadanía e a comunidade educativa galega valores, hábitos, actitudes e estilos de vida máis solidarios e sustentables.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »