Proxectos
-
C-06-11 Fortalecemento institucional e Fortalecemento Comunitario no marco do Programa Oxlajuj T’ziquin. Fase III
O proxecto pretende acadar o fortalecemento das capacidades técnicas, administrativas, financeiras e políticas dos gobernos municipais, mediante varias liñas de acción encamiñadas a promover a comunicación social entre as institucións municipais e a poboación, o fortalecemento da planificación municipal, impulsando o ordenamento territorial do municipio, e a promoción do saneamento ambiental no municipio.
Ao mesmo tempo centrarase no fortalecemento das estruturas organizativas comunitarias dos dezaoito asentamentos humanos pertencentes as mencionadas municipalidades.
-
C-05-11 Programa Integral de Melloramento do Barrio Santa Lucía/La mosca. Diminución da Incidencia de Enfermidades de 489 familias do barrio Santa Lucía/A Mosca (Terceira fase de execución)
O Programa Integral de Melloramento do Barrio Santa Lucía/ La Mosca ten como obxectivo xeral mellorar a calidade de vida dos habitantes deste barrio, así como dos traballadores informais do Vertedoiro de Rafey, a través dos seus 4 compoñentes de traballo: Auga, saneamento e habitabilidade; Saúde comunitaria; Fortalecemento das Organizacións da Sociedade Civil; e Formación Profesional e Desenvolvemento Produtivo.
-
C-04-11 Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD. Execución do Plan Estratéxico no ano 2011
A cooperación galega ao desenvolvemento vive momentos de cambio e transformación por mor dos procesos internacionais que están a configurar os elementos básicos dunha nova arquitectónica da axuda.
-
C-03-11 Realización de actividades de formación e de sensibilización en materia de cooperación ao desenvolvemento.
DESCRICIÓN DO PROXECTO, ANTECEDENTES:
-
C-02-11 Mellora das condicións de habitabilidade básica no marco do programa OXLAJUJ TZ´IKIN. Fase III.
O proxecto de "Mellora das condicións de habitabilidade básica" exposto para 2011 dará continuidade ao traballo que se realizou desde o ano 2008. O obxectivo durante o proceso foron o de mellorar as condicións de habitabilidade das familias que se atopan en condicións de extrema pobreza e maior vulnerabilidade e o de fortalecer os mecanismos das propias comunidades para dar resposta aos seus déficits en relación coa habitabilidade básica.
Co fin de avanzar na consecución destes obxectivos estívose traballando nas seguintes liñas: -
Achegar o papel da muller dominicana como axente de desenvolvemento e mellorar o coñecemento da realidade deste país entre a sociedade galega
“Mulleres en Movemento” preséntase como unha campaña de sensibilización que ten como finalidade achegar a toda a cidadanía galega o papel da muller dominicana como axente de Desenvolvemento así como acercar a realidade deste país caribeño e o traballo que ACPP co apoio da Xunta de Galicia realiza dende o ano 2001.
Está destinado a todas aquelas persoas interesadas neste tema, pero especialmente ás mulleres galegas e a xuventude como futuras/os axentes de sensibilización en materia de xénero e desenvolvemento.
-
Tecendo historias de muller
"Tecendo historias de muller" pretende continuar co proceso de sensibilización sobre equidade de xénero que SIG comezou no ano 2002 coa campaña “Mundo; non é masculino singular” e que continuou con propostas coma “Escravas no século XXI”, “Explotadas”, “Iguais no 2015”, etc.
-
Cidadanía global e participación cidadá: da reflexión á acción da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade no curso 2011-2012
Con este proxecto, Entreculturas (EC) quere dar continuidade ao seu apoio e acompañamento á comunidade educativa galega no labor de promover unha cidadanía global e unha cultura da solidariedade que permita a transformación das realidades de inxustiza e exclusión a nivel global e local. Este apoio realízase a través da Campaña Cidade-Planeta (financiada pola AECID a nivel estatal) centrada tematicamente no curso 2011-2012 na participación cidadá.
-
Fomentar o coñecemento, a solidariedade e creación de capacidades en distintos actores da sociedade galega para incorporar o enfoque intercultural, de xénero e de cidadanía na súa práctica diaria
O presente proxecto nace da necesidade de profundar, ampliar e enriquecer o traballo iniciado no marco do proxecto TROCANDO PELES desenvolvido por Acsur nos anos 2009-2010, financiado pola DXREUE, e que tiva como obxectivo Fomentar o coñecemento e a solidariedade así como facilitar ferramentas a colectivos sociais, estudantes e ao profesorado da comunidade autónoma galega para incorporar o enfoque intercultural e de cidadanía na súa práctica diaria.
-
12 Aula itinerante dos contos solidarios
12ª Aula itinerante dos contos solidarios
Un bosque de contos solidarios (Ano Internacional dos Bosques-ONU 2011)
“Bosques para as persoas”
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- …
- seguinte ›
- última »