Proxectos
-
Cambia de papel - Empresas e Cooperación
Este proxecto ten como obxectivo traballar co tecido empresarial a educación ao desenvolvemento para promover un cambio de papel neste colectivo por unha banda informando e formamando ás direccións, persoal e asociadas/os das entidades empresariais sobre a cooperación ao desenvolvemento nas súas múltiples facetas e pola outra conseguir unha implicación activa das empresas e individuos na loita contra a pobreza.
-
Desigualdade de xénero: a situación da muller e as nenas nos países en vías de desenvolvemento
A inciativa que se presenta a continuación pretende proseguir co traballo iniciado durante o ano anterior a través da primeira fase deste proxecto titulada "A desigualdade nos países en vías de desenvolvemento: contextos de inxustiza social e de xénero". Nesta ocasión, os esforzos concentraranse en ampliar a información para que a sociedade galega coñeza a situación da muller e as nenas no mundo.
-
ODM 4 e 6: O seu mañá é hoxe. A saude dereito de todas/os. Actúa!
O proxecto ponse en marcha nun momento de vital importancia, xa faltando poucos anos do prazo comprometido para o cumprimento dos ODM e a urxente necesidade de que o debate sobre os ODM fágase máis presente na opinión pública, considérase imprescindible a necesidade de sumar ao maior número de cidadáns nesta tarefa.
-
Programa de educación para o desenvolvemento Voces do Sur. 3ª edición: as redes como medio de transformación social
Con este proxecto pechamos o Proxecto de Educación e Sensibilización para o Desenvolvemento Voces do Sur no que sería a súa 3º edición. Este ano queremos facer unha especial incidencia no traballo de formación e sensibilización sobre as desigualdades entre os países, as causas estruturais da pobreza e alternativas que se están construíndo, dentro do ámbito específico de traballo de AMARANTE Setem.
-
Campaña Mundial pola Educación 2012 en Galicia
Con este proxecto, o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia e as ONGD que a integran aos efectos deste proxecto (Educación sen Fronteiras, Entreculturas, InteRed e Seminario Galego de Educación para a Paz) quere dar continuidade ao seu traballo de sensibilización da sociedade galega, en xeral, e da comunidade educativa galega, en particular, verbo da situación da educación no mundo.
-
Fortalecemento dos axentes de cooperación en termos de sostibilidade ambiental
O eixe central de Amigos da Terra desde o seu comezo na Cooperación é o enfoque de sostibilidade que sempre imprime nos seus proxectos, intentamos sempre que sexan integrais, porque todo está íntimamente relacionado, polo que a única forma de abordar os problemas é considera-los como un todo.
-
Da información á actuación: itinerario para a mobilización cidadá
Coa presente proposta queremos contribuír á construción dunha cidadanía global, activa e comprometida para un mundo máis xusto. Para lograr este obxectivo cremos que é fundamental traballar
conxuntamente co resto de actores da sociedade civil organizada de Galicia e proporcionar ferramentas e espazos para a formación e autoformación de axentes multiplicadores. Pero tamén son fundamentais as accións de información e sensibilización destinadas á sociedade en xeral, como paso previo e
imprescindible dirixido á transformación social. -
En acción pola Igualdade! Galicia cara a unha cidadanía activa na loita pola superación da pobreza e as desigualdades no mundo
A campaña de sensibilización e EpD "En acción pola igualdade!" nace co obxectivo de sensibilizar e formar á poboación galega sobre cales son as causas que orixinan a pobreza e as desigualdades no mundo globalizado para despois conseguir unha cidadanía activa e responsable na procura de novas formas de guiar o desenvolvemento.
-
Mellora da educación e comunicación para o desenvolvemento na educación infantil, primaria e secundaria, e da formación en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no ámbito universitario
Este proxecto constitúe unha aposta integral pola sensibilización e formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca dende a educación infantil ata a universitaria.
-
Proxecto de difusión do concepto de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano a través da sensibilización e a educación formal na comunidade universitaria e na sociedade galega en xeral 2011
Este proxecto, a través da Educación para o Desenvolvemento (EpD) nas súas dimensións de Educación-Formación e Sensibilización, pretende introducir o concepto da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano (TpDH), como unha ferramenta necesaria para conseguir un mundo máis xusto e solidario e un acceso a servizos básicos como dereito humano.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- …
- seguinte ›
- última »