Proxectos
-
Transporte de Axuda Humanitaria a Ucraína
O proxecto de transporte de Axuda Humanitaria a Ucraína nace por mor da invasión rusa de Ucraína o pasado 24 de febreiro de 2022, como medio de resposta rápida á situación de desabastecemento de produtos de primeira necesidade da poboación debido ao conflito. O seu obxectivo principal e único é tratar de paliar este desabastecemento, asegurando o impacto do proxecto de envío de axuda humanitaria pola información e comunicacións da fundación colaboradora en destino, así como a confirmación dos transportistas contratados do éxito do transporte e entrega.
-
Acordo de prórroga do Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria
Prórroga do convenio entre a cooperación descentralizada e a AECID para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, subscrito o 3 de outubro de 2018 e publicado no BOE o 9 de novembro de 2018, cuxa vixencia foi prorrogada no 2019, 2020 e 2021.
A través deste convenio de colaboración financiáronse as seguintes intervencións:
-
Protección e asistencia de poboación refuxiada venezolana en Colombia no contexto da Covid-19 durante o ano 2022
O presente proxecto implementarase no departamento de Norte Santander, en Colombia, unha zona con alta acollida de refuxiados e migrantes provenientes de Venezuela, e na que ACNUR xa realizou entregas previas de forma prioritaria a familias venezolanas de asistencia en efectivo e a realización de estudos de vulnerabilidade. O obxectivo xeral será contribuír ao proceso de protección internacional dos/as refuxiados/as venezolanos en Colombia asegurando o acceso a servizos de emerxencia.
-
Mellora da sustentabilidade na xestión do recurso hídrico promovendo mecanismos para aumentar a capacidade de planificación e resiliencia fronte ao cambio climático e ás secas no sur de Mozambique-GERHARA
O proxecto GERHARA aborda a situación de grave vulnerabilidade que sofre Mozambique respecto da baixa dispoñibilidade de auga e a pouca sustentabilidade da xestión social deste recurso. Para iso, baséase nunha estratexia que salienta a gobernabilidade do recurso e a sustentabilidade e resiliencia a medio e longo prazo, e que ten como eixos transversais o cambio climático e a perspectiva de xénero.
-
Programa de reactivación económica familiar, social, de saúde comunitaria e organizativa de produtos orgánicos e aseguramento alimentario en Comunidades de bosque afectadas pola pandemia e a crise alimentaria e económica derivada, no val de San Lorenzo, na rexión de Piura – Perú
Este proxecto busca fortalecer un total de 8 comunidades de bosque do Val de San Lorenzo (Distrito de Tambogrande e Las Lombas), co fin de mellorar a situación organizativa, da saúde, socioeconómica e de xestión produtiva destas comunidades para afrontar a emerxencia da Covid-19 e futuras crises sanitarias, mediante 1) o apoio de maneira coordinada dos gobernos locais e as comunidades, 2) garantindo a promoción do exercicio dos dereitos sociais básicos á saúde e á alimentación, 3) mitigando o impacto socioeconómico, reactivando a economía familiar e mellorando a produción e comercialización
-
Mellora do sistema de abastecemento da agua para consumo humano nunha poboación de Guinea Bissau
O presente proxecto oriéntase a mellorar o sistema de abastecemento e da calidade da auga do barrio de Ponte Nova na cidade de Bafatá; unha zona cun sistema de subministración de auga que non consegue dar a cobertura total ao barrio, o que obriga á poboación a consumir auga das fontes superficiais. As súas estratexias principais serán a implantación de medidas correctoras e dun programa para educar á poboación en prácticas seguras e respectuosas coa auga para consumo humano.
-
Fortalecemento da Universidade de Cabo Verde para o fomento do emprendemento e a innovación sostible en Cabo Verde nas áreas da economía verde e azul
Este proxecto, que da continuidade á anterior colaboración entre a Universidade de Vigo e a Universidade de Cabo Verde (UniCV) e a outras intervencións previas financiadas por Cooperación Galega no país, pretende contribuír á xeración de oportunidades de desenvolvemento e creación de riqueza nas poboacións costeiras e rurais de Cabo Verde.
-
Promovendo a equidade de xénero e o empoderamento económico da poboación rural de Yacuambi
Este proxecto ten como finalidade contribuír á igualdade de xénero e ao empoderamento de mulleres de zonas rurais do cantón Yacuambi, provincia de Zamora Chinchipe, para a eliminación da feminización da pobreza e a violencia de xénero, entendendo a pobreza dunha forma multidimensional e vinculada á discriminación e a desigualdade que viven determinados grupos sociais, como son as mulleres, rurais e indíxenas, que serán parte da poboación meta do proxecto.
-
Mellora da equidade de xénero, a soberanía alimentaria e a dinamización económica local co exercicio dos dereitos políticos, económicos, sociais, culturais e ambientais das mulleres rurais en Pespire (Honduras)
O proxecto, que ten como destinatarios indirectos a todas as mulleres, nenas e nenos do municipio de Pespire, persegue –desde un enfoque baseado no respecto dos Dereitos Humanos–, contribuír a erradicar a pobreza, promover a igualdade e a equidade de xénero, loitar contra a fame, garantir a soberanía alimentaria, promover a sustentabilidade ambiental e o desenvolvemento económico local e inclusivo deste municipio.
-
Comunidades resilientes a través do enfoque de saúde integral e seguridade alimentaria e nutricional no municipio de San Marcos de Colón, Honduras – CORESAN
Este proxecto pretende contribuír a impulsar formas de vida resilientes que contribúan ao benestar de 25 comunidades rurais atendidas polo CIS de San Francisco e ZPP As Trementinas do municipio de San Marcos de Colón, Choluteca (Honduras) a través dun enfoque de saúde integral e seguridade alimentaria e nutricional. Para iso, propón unha serie de estratexias e solucións orientadas a incrementar progresivamente o goce do dereito á saúde e a seguridade alimentaria para as citadas comunidades, baseadas nun enfoque de dereitos con perspectiva de xénero.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »