Proxectos
-
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)
O proxecto é a séptima fase dun programa de AGARESO que consiste nun proxecto multimedia de comunicación para o desenvolvemento no que participan 5 centros educativos de 5 concellos de diferentes puntos de Galicia -Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión- e máis de Latinoamérica: os centros de ensino dos bateys de La Cubana e Olivares, no municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, na República Dominicana.
-
Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas técnicas da universidade galega
Con este proxecto quérese impulsar o concepto de tecnoloxía para o ben común na docencia, investigación e activismo da comunidade educativa universitaria galega de base tecnolóxica.
Para conseguir este obxectivo, o proxecto presentado apoiará e apoiarase na rede creada en 2019 de profesorado técnico universitario Artigo9Tech. Haberá dúas grandes liñas de traballo segundo o grupo de persoas da comunidade universitaria destinatarias ou protagonistas:
-
Investigación-Acción-Formación para fortalecer a educación e integración do dereito ao hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia - Fase 3
O proxecto é a terceira fase dun programa que consta de catro fases que propón diversos tipos de estratexias e accións para fortalecer as capacidades e recursos de diferentes actores para o traballo dos dereitos do habitat. Para isto, Arquitectura Sen Fronteiras focalízase en centros educativos de secundaria, realizando actividades a modo de laboratorio.
-
Campaña Mundial pola Educación 2022 en Galicia
Dende o ano 2003 o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) -integrado actualmente por Axuda en Acción, EDUCO, Entreculturas, Taller de Solidaridad e a Universidade de Santiago de Compostela- lidera e dinamiza en Galicia as actividades de sensibilización, concienciación, formación, mobilización social e incidencia política da Global Campaign for Education (GCE) en coordinación coa Coalición Española da CME, coordinada por Fundación Educo desde a súa sede central en Barcelona.
-
De Ítaca a Ávalon. Da igualdade na educación á coeducación para a transformación e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas. Fase II
Este proxecto pretende dar continuidade á fase I do mesmo, que se viu paralizada por mor da pandemia da Covid-19.
-
A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase II
Grazas á colaboración entre Farmamundi e a Universidade de Santiago de Compostela lévanse a cabo diversos proxectos e iniciativas con estudos de educación superior, principalmente dentro das ramas sociais e sanitarias, co fin de fortalecer as capacidades da comunidade universitaria (alumnado, profesorado, persoal docente e investigador, principalmente) en materia de saúde comunitaria baseado nun enfoque feminista desenvolvido a través metodoloxías participativas que permitan promover procesos de transformación social na defensa do dereito á saúde global a través da metodoloxía pedagóxica da
-
Elas deciden
-
Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego
-
Loita contra a violencia sexual e a discriminación socio-económica das mulleres na República Democrática do Congo - RDC
Convenio asinado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamento de actuacións no marco das medidas 36 e 37 do devandito Pacto, que afectan ao ámbito da cooperación internacional:
-
Acordo de Prórroga do Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria
Prórroga do Convenio entre a cooperación descentralizada e a AECID para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, subscrito o 3 de outubro de 2018, publicado no BOE o 9 de novembro de 2018, cuxa vixencia foi prorrogada nunha primeira anualidade a través da Adenda modificativa relativa ao acordo de prórroga e ao acto de adhesión do convenio entre a cooperación descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, publicada no BOE o 6 de novembro de 2019.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- seguinte ›
- última »