Proxectos
-
Garantir condicións para a superación da fenda educativa provocada pola pandemia COVID 19 en comunidades indíxenas de Totonicapán
Co proxecto espérase que 11 comunidades educativas indíxenas de Totonicapán poidan exercer o seu dereito a unha educación de calidade, xerando as condicións para a superación da fenda educativa xerada polas restriccións á educación presencial no marco da pandemia pola Covid 19
-
Alianzas acuícolas entre o sector cooperativo, para o crecemento económico e a redución de impactos ambientais en zonas de áreas protexidas de Chinandega
Este proxecto traballará con 12 cooperativas do sector pesqueiro e acuícola situadas en 2 municipios do departamento de Chinandega (El Viejo y Somotillo), como parte das accións de fortalecemento do sector pesqueiro e acuícola que Amigos da Terra e Fundación LIDER están desenvolvendo tanto nos sectores de intervención, como no territorio en xestión, no contexto das crises a nivel sanitario (provocada pola Covid-19), sociopolítica e económica.
-
Promovido o acceso ao dereito á vivenda e o saneamento básico para as 57 mulleres e un home con discapacidade e as súas familias de colectivos desfavorecidos da comunidade rural Kothapalli, do distrito de Anantapur, India, mellorando a súa seguridade, a saúde comunitaria, o medio ambiente e a autoorganización da comunidade.
O proxecto pretende crear un asentamento humano inclusivo, digno e seguro na aldea rural de Kothapalli, distrito de Anantapur, para familias pertencentes ás castas máis desfavorecidas da India. Para iso proponse a construción de 58 vivendas adaptadas ás demandas da Covid-19, facendo efectivos os dereitos de acceso a vivenda e saneamento de 57 mulleres, 1 home con discapacidade e os seus familiares.
-
Contribuíndo á sustentabilidade para a recuperación dos medios de vida coas comunidades locais da provincia de Maputo no marco da COVID-19, a través do fortalecemento da cadea de valor dos produtos hidrolóxicos desde unha óptica de xénero
O proxecto ten como obxectivo contribuír á sustentabilidade dos medios de vida das comunidades locais da provincia de Maputo, mitigando as consecuencias do Estado de Emerxencia de Saúde Pública provocada pola COVID-19, con especial atención a mozos/as e mulleres, a través do incremento dos ingresos e o consumo de alimentos de alto valor nutricional na poboación dos Distritos de Namaacha y Bonae.
-
Mulleres apicultoras polo seu dereito a emprender
Coa execución do proxecto ``Mulleres apicultoras polo seu dereito a emprender´´ contribuirase ao empoderamento persoal, económico, político e social de 200 mulleres mozas rurais e indíxenas, nos municipios de Somoto, San Lucas, Totogalpa e Telpaneca do departamento de Madriz, Nicaragua, a través dun proceso de formación integral, humanista, asociativo e microempresarial con enfoque de dereitos, nun período de 12 meses.
-
Mulleres rurais asociadas en cooperativas, xestionan e innovan empresarialmente procesos produtivos, mercados sustentables e mitigan os efectos da COVID-19 do corredor seco de Nicaragua
O proxecto contribúe á mitigación do impacto socioeconómico da COVID-19 en 4 municipios do corredor seco de Madriz e a consolidación empresarial das cooperativas lideradas por mulleres, tendo como obxectivo xerar resiliencia dos medios de vida e a sustentabilidade de ingresos económicos nas cooperativas apícolas, lácteas e cafetaleiras do corredor seco de Madriz, co fortalecemento de competencias de innovación e calidade para o acceso ao mercado.
-
Mulleres e comunidade de Sorcca fan efectivo o exercicio dos seus dereitos, mellorando as condicións de saúde e salubridade ao acceder a auga, alimentos e vivenda digna, de maneira sustentable
O proxecto busca o desenvolvemento integral -persoal e comunal-, en equidade, das mulleres do sector de Sorcca, na comunidade de San Xosé de Karkeke, distrito de Huanipaca, facendo efectivo o exercicio dos seus dereitos mediante o fortalecemento das súas capacidades para que acceda ao consumo de auga segura e saneamento, a unha vivenda digna e a unha mellor alimentación. Para iso, o proxecto plantexa tres resultados.
-
Promoción da SAN (seguridade alimentaria e nutricional) de MEF (mulleres en idade fértil) e nenas/os menores de 5 anos para contribuír ao progreso social, sustentable, inclusivo, equitativo e de igualdade nun contexto afectado polo impacto da COVID 19 no municipio de San Miguel Acatán
A proposta pretende mellorar as condicións de saúde e estado nutricional de mulleres e nenos/as menores de 5 anos en dez comunidades de San Miguel Acatán (Huehuetenango). Considérase o enfoque multidimensional da problemática e plantéxase a abordaxe integral das áreas estratéxicas identificadas, sobre as que se sustenta o cambio na situación de inseguridade alimentaria e nutricional.
-
Mellorar a saúde materno-infantil nas comunidades indíxenas de Cotacachi, Ecuador
O obxectivo xeral do proxecto é mellorar a saúde das mulleres embarazadas, as nais e os nenos/as menores de cinco anos nas comunidades indíxenas de Cotacachi, en Ecuador. O proxecto contribúe a este obxectivo ao fomentar o acceso aos servizos de saúde entre 45 comunidades indíxenas que agrupan a 3000 familias. O proxecto impulsará un compromiso interconectado en tres niveis. En primeiro lugar, capacitarase unha escola de partería indíxena. En segundo lugar, fomentarase un compromiso directo coas comunidades.
-
Acordo de Prórroga do Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria
Prórroga do Convenio entre a cooperación descentralizada e a AECID para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, subscrito o 3 de outubro de 2018 e publicado no BOE o 9 de novembro de 2018, cuxa vixencia foi prorrogada en 2019 e 2020.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- …
- seguinte ›
- última »