Proxectos
-
Acceso sustentable a auga potable e soberanía alimentaria para familias indíxenas Ch´orti´ priorizadas da Rexión VIII do municipio de Jocotán (Corredor Seco guatemalteco)
O proxecto enmárcase en dar solución a 3 dereitos fundamentais conculcados á poboación indíxena de Ch´orti´ da Rexión VIII do municipio de Jocotán, os cales son o dereito á auga potable mediante a construción de sistemas de captación e almacenamento de auga de choiva, o dereito á alimentación, promovendo o uso de técnicas agrícolas ecolóxicas na construción de hortos dirixidos a mulleres indíxenas, e o dereito á saúde, apoiando en Centro de Atención Permanente da comunidade e promovendo a vacinación e a adopción de medidas de seguridade contra a propagación do Covid-19.
-
Mellora do exercicio dos dereitos das mulleres co acceso á xustiza de xénero, a soberanía alimentaria e o empoderamento económico no Corpus e Namasigüe (Honduras)
O proxecto ten como obxectivo mellorar o acceso e exercicio dos dereitos das mulleres rurais coa participación social e política, o acceso á xustiza de xénero, a soberanía alimentaria, a nutrición saudable e o empoderamento económico nos municipios do Corpus e Namasigüe en Honduras.
-
Mellorar as capacidades técnicas, materiais e o posicionamento social do sector pesqueiro artesanal, e a súa cadea de valor, desde un enfoque sustentable e inclusivo. O Salvador
Este proxecto é a continuación dun Plan iniciado por Asemblea de Cooperación pola Paz e AGARESO que se inicia no 2007 dentro do sector pesqueiro salvadoreño.
-
Proxecto Q'AQ' IQ' (espírito vital) para garantir as condicións que permitan que a nenez e a mocidade de 10 escolas de educación primaria e 1 instituto de educación secundaria de Retalhuleu, Guatemala, volvan ás aulas e a unha contorna de aprendizaxe propicia que teña en conta a súa saúde e o seu benestar psicosocial, tras o peche dos centros educativos pola pandemia de COVID-19
O proxecto ten como obxectivo incidir na importancia da volta ás escolas dos mozos que, debido á pandemia da Covid-19, viron minguado o seu dereito fundamental á educación polo peche dos centros escolares. Ademais, dáselle importancia á saúde dos mozos, e ao seu estado psicosocial, favorecendo a volta ás clases ademais da creación de puntos de recollida de auga potable. Tamén se pretende crear unha campaña de sensibilización sobre a pandemia da Covid-19 e unha avaliación con enfoque de xénero.
-
Promover o acceso a un hábitat seguro e sustentable, e mellorar os mecanismos locais de defensa e protección dos DDHH e das mulleres que mitiguen os impactos da Covid-19 nas comunidades de Cubana, La Balsa e Olivares, municipio Ramón Santana, provincia San Pedro de Macorís, República Dominicana
Este proxecto ten como obxectivo mellorar as condicións de habitabilidade básica mediante a erradicación dos barracóns e vivendas precarias e a construción de tres bloques de vivendas con enfoque de xénero no batey Cubana e reforzar as capacidades comunitarias nos 3 bateyes para a defensa e protección dos dereitos dos seus habitantes, con especial atención á saúde sexual e reprodutiva de mulleres e nenas, á prevención de contaxios por COVID-19 e ao tratamento dos efectos psicosociais e psicoemocionais que está a provocar a pandemia.
-
Fortalecida a Rede de Saúde pública do Distrito Municipal nº 8 (Plan 3000), Santa Cruz de la Sierra (Bolivia)
O proxecto ten por obxectivo específico fortalecer o sistema público de saúde (Rede Este) do Municipio de Santa Cruz de la Sierra ante futuras situacións de emerxencia sanitaria, a través da mellora integral da atención en saúde primaria e preventiva en Bolivia.
-
Proxecto KLOB'L T'E YAB'IL (prevención da enfermidade) para garantir as condicións esenciais de resposta, en materia de gobernanza, hábitat (auga e saneamento) e hixiene, fronte á COVID19, cunha visión de recuperación e impacto a longo prazo, na Comunidade Mam Cajolá, formada por 267 familias indíxenas, na súa maioría nais solteiras e viúvas, do departamento de Retalhuleu, Guatemala
A presente intervención ten como obxectivo completar o acompañamento (desenvolto por outros proxectos cofinanciados pola Cooperación Galega) ás familias da etnia mam na mellora dos seus sistemas de gobernanza, xestión de riscos e planificación territorial, por ser estas as principais necesidades inmediatas na primeira fase de recolocación das familias, cuxa Comunidade é de recente creación.
-
Mulleres Rurais do Corredor Seco de Nicaragua, aumentan a produción e comercialización, ante os efectos do COVID-19 e o cambio climático
Este proxecto supón unha continuación da actividade desenvolta por Axuda en Acción e a Cooperación Galega no Corredor Seco de Nicaragua desde o ano 2018 en materia de empoderamento económico e social das mulleres das zonas rurais. Con todo, a presente intervención pretende compensar os efectos negativos da COVID-19 e do paso de Furacáns como ETA e IOTA, especialmente os que supuxeron un incremento da violencia de xénero e unha redución e deterioración dos medios de vida.
-
Prevención da incidencia da COVID19 entre a poboación máis vulnerable, con accións e estratexias preventivas e de vixilancia epidemiolóxica, incluíntes, equitativas e articuladas coas comunidades no municipio de Prinzapolka. RACCN, Nicaragua
A presente intervención pretende contribuír na prevención e mitigación do impacto da morbimortalidade derivada da COVID19 entre a poboación máis vulnerable do municipio de Prinzapolka, en Nicaragua.
-
A poboación do Posto Administrativo de Infulene mellora o acceso e o coñecemento a servizos públicos de calidade de Saúde Sexual e Reprodutiva (SSR) no contexto da pandemia de COVID-19. Mozambique
Esta intervención pretende mellorar o exercicio dos dereitos de saúde sexual e reprodutiva (DSSR) das mulleres e adolescentes do distrito de Matola. Trátase dun proxecto que continúa unha linea de acción iniciada en 2011 por Médicos do Mundo nesta zona de Mozambique para abordar as diversas problemáticas en materia de saúde sexual e reprodutiva (violencia de xénero; planificación familiar; saúde de adolescentes...).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »