Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria.
A proposta actual constitúe a fase VI do proxecto "A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria", iniciado no ano 2020 entre Farmamundi (FM) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), co obxectivo de promover a cidadanía global e a transformación social no ámbito da comunidade universitaria. Ao longo das cinco fases anteriores, estableceuse unha ampla rede de colaboración con entidades do terceiro sector e organizacións internacionais. Esta fase consolida un cambio estratéxico cara á Educación e Acción para a Transformación Social (EATS), enfocada na defensa dos dereitos humanos e na construción dunha cidadanía activa.
Xeral: Contribuir á construcción dunha cidadanía global en Galicia comprometida coa transformación social positiva, a solidaridade e o desenvolvemento humano, particularmente coa promoción dunha saúde comunitaria e global que avance no logro dos ODS.
Específico: Fortalecidas as capacidades coa comunidade educativa da USC para impulsar procesos transformadores de promoción da saúde e a equidade -priorizando o EbDH, a igualdade de xénero, o respecto polas diversidades, o enfoque decolonial e a sustentabilidade ambiental-, orientados á contribución nas metas dos ODS (énfase no 3, 4, 5, 10, 13, 17) no contexto actual de saúde local e global
RE 1.1. Desenvolvidas as competencias da comunidade educativa da USC e outros axentes comunitarios (TdR) en materia de promoción da saúde e a equidade (modelo SCBA), integrando diversas miradas -con énfase nos DDHH, a interseccionalidade, a interculturalidade, o ecofeminismo e o enfoque decolonial-, e atendendo á situación sanitaria localglobal e a metas concretas dos ODS (3, 4, 5, 10, 13, 17).
A 1.1.1. Fondo documental de intercambio de recursos e prácticas significativas
A 1.1.2. Realización formación teórico-práctica SCBA para GI ESCULCA
A 1.1.3. Realización formación e acompañamento SCBA e mapeo activos a REGAPS
A 1.1.4. Realización obradoiros saúde comunitaria
RE 1.2. Impulsada a participación comunitaria en saúde (sinerxias e iniativas transformadoras) coa comunidade educativa protagonista e colectivos prioritarios mediante aproximacións de dereitos, interdependencia e ecodependencia que, considerando realidades e alternativas para a promoción da saúde a nivel local e global, contribúen ás metas dos ODS (3, 4, 5, 10, 13, 17).
A 1.2.1. Deseño e desenvolvemento do proxecto de ApS “MicroMundo”
A 1.2.2. Deseño e desenvolvemento do proxecto de ApS “Tecendo historias educativas”
A 1.2.3. Deseño e desenvolvemento do proxecto de ApS “Vite a ceo aberto”
A 1.2.4. Sesións e obradoiros colaborativos con entidades sobre saúde, memoria e xuventude
RE 1.3. Socializadas e difundidas as experiencias protagonizadas pola comunidade universitaria no marco do proxecto, contribuindo á sensibilización da cidadanía en materia de saúde e benestar, diversidade en equidade e xustiza ecosocial e promovendo os ODS.
A 1.3.1. Deseño e implementación Plan Educomunicación
A 1.3.2. Actualización microsite
A 1.3.3. Deseño, elaboración e difusión de materiais divulgativos e video das experiencias transformadoras e formativas
A 1.3.4. Xornadas de devolución, celebración e clausura comunitaria.
RE 1.4. Favorecida a cultura avaliativa o e a sustentabilidade dos procesos transformadores en saúde coa comunidade universitaria para unha cidadanía global comprometida coa consecución da Axenda 2030 e corresponsable cun desenvolvemento humano, equitativo e sustentable.
A 1.4.1. Actualización do estudo de liña de base
A 1.4.2. Elaboración de testemuñas de "cambio máis significativo"
A 1.4.3. Avaliación final do proxecto e sistematización de ApS “Tecendo historias educativas”
Directa: 3485 (1969 mulleres/nenas e 1516 homes/nenos)
Indirecta: 10395 (5853 mulleres/nenas e 4542 homes/nenos)
47.000,00 € (18.800,00 € en 2025 e 28.200,00 € en 2026)