Proxectos
08/11/2017

Campaña mundial pola educación 2017 en Galicia

Con este proxecto, o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia formado por Axuda en Acción, Entreculturas, Educo e Taller de Solidaridad, queren afondar e levar a cabo  este proxecto no próximo curso escolar 2017 – 2018 co Obxectivo de “Promover na comunidade educativa e na sociedade civil galega respostas sociais, educativas e políticas a favor do dereito á educación e dos ODS en educación no novo Marco de Acción pola Educación 2030”.

A CME, ten como finalidade última contribuír ao cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos gobernos para garantir o acceso a unha educación gratuíta, equitativa, de calidade para todas as persoas do mundo.

Ano: 
2017
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
FUNDACIÓN EDUCACIÓN E COOPERACIÓN - EDUCO
AXUDA EN ACCIÓN (FUNDACIÓN)
TALLER DE SOLIDARIEDADE (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Educación para o desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral:Contribuír ao cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos gobernos para garantir o acceso a unha educación gratuíta, equitativa, de calidade para todas as persoas do mundo.

Obxectivo específico: Promover na comunidade educativa e na sociedade civil galega respostas sociais, educativas e políticas a favor do dereito á educación e dos ODS en educación no novo Marco de Acción pola Educación 2030.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: A comunidade educativa galega coñece e reivindica o dereito a unha educación de calidade para todos e todas, no novo Marco de Acción pola Educación 2030.

A1.1.1: Deseñar, maquetar, traducir, imprimir e difundir o material educativo da Campaña Mundial pola Educación 2018 (unidades didácticas para infantil, primaria, secundaria e bacharelato) entre os centros educativos participantes.

A1.1.2. Deseñar a campaña gráfica, traducir, imprimir e publicitar o material de difusión en formato físico (carteis, folleto, manifesto e documento de posicionamento) e on line (banners, pé de firma do correo electrónico) da Campaña Mundial pola Educación 2018.

A1.1.3. Deseñar e executar un programa piloto para achegar a CME a novos centros educativos, en colaboración coa Consellería de Educación.

Resultado 1.2: Sensibilizada a opinión pública galega, especialmente o profesorado e o estudantado universitario galego, como actores multiplicadores clave para reclamar aos gobernos o cumprimento dos compromisos internacionais para garantir unha educación gratuíta, equitativa, de calidade para todas as persoas do mundo.

A1.2.1. Organización dunhas xornadas de educación para o desenvolvemento no marco da axenda de educación 2030, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

A1.2.2. Realización e difusión dun estudo sobre a AOD en educación en Galicia, unha análise do III Plan Director da cooperación galega (2014 – 2017).

A1.2.3. Planificar, organizar e celebrar os actos públicos da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2018 en Galicia.

A1.2.4. Executar a estratexia de comunicación pública da Campaña Mundial pola Educación no curso 2017 – 2018

Poboación beneficiaria: 

Directa: A estimación total da participación directa no proxecto é de 2.840 persoas para dúas liñas de traballo; das cales 1.665 son mulleres.

O proxecto ten dous segmentos de poboación destinataria: a comunidade educativa concretada en 30 centros educativos (2.000 estudantes (60 % mulleres) e 50 docentes (70 % mulleres); e a sociedade civil galega en xeral, e especialmente o estudantado universitario (800 persoas nas diferentes actividades asociadas a este resultado)

Indirecta: Como participantes indirectos considerase as comunidades educativas dos 30 centros onde se levará a cabo a CME 2018 dunha forma máis activa. Cun ámbito de influencia estimado de 100 rapaces e rapazas por centro (50 % mulleres), o que sumaría a 1.500 rapaces e 1.500 rapazas como participantes indirectos. Ademais, de forma moderada estimase que se chegará a 10.000 persoas (50 % mulleres) en calidade de lectores, oíntes, telespectadores, das novas que se recollan nos medios de comunicación

Axudas: 

43.500,00 €; 17.400,00 € (2017) e 26.100,00 € (2018)