Proxectos
-
AXENTES SOCIAIS COMPROMETIDOS CO DESENVOLVEMENTO LOCAL ASUMEN A CREACIÓN E IMPULSO DUN MOVEMENTO SOCIOEDUCATIVO EN VILLA EL SALVADOR (LIMA)
O proxecto que se presenta busca promover unha cultura democrática e fomentar o exercicio cidadán en Villa El Salvador mediante procesos socioeducativos na escola e a comunidade, consolidando así o desenvolvemento dunha proposta socioeducativa que incorpore a perspectiva de cidadanía activa e comprometida cos cambios sociais desde unha educación transformadora
-
DESENVOLVEMENTO DUN PROGRAMA INTEGRAL DE ATENCIÓN E DEFENSA DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS DOS NENOS/AS, ADOLESCENTES, MULLERES E FAMILIAS POR MEDIO DO APOIO DA REDE DE DEFENSORÍAS PARROQUIAIS
Promoción dos dereitos fundamentais e sensibilización pola mellora da situación social, educativa e laboral dos nenos/as, adolescentes, mulleres e familia da provincia de Quispicanchi
-
EDUCACIÓN AMBIENTAL COMUNITARIA PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DA MANCOMUNIDADE MUNICIPAL DA SUBCONCA DO RÍO CHIPILLICO-PIURA
Contribuír ao desenvolvemento integral da educación ambiental comunitaria da poboación da subconca do Chipillico de Piura, Perú.
-
PROGRAMA PARA O FORTALECEMENTO DE PEQUENOS PROCESADORES DE LEITE NO SUROCCIDENTE DE GUATEMALA
Maior desenvolvemento do sector lácteo guatemalteco e polo tanto mellora da calidade de vida da xente dependente deste, mediante o apoio integral das pemes e mepemes transformadoras de leite da zona suroccidente do país e axudando a que se consoliden como xeradoras de emprego e de desenvolvemento rural
-
APOIO Á SOBERANÍA ALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO LOCAL NO MUNICIPIO NICETO PÉREZ DA PROVINCIA DE GUANTÁNAMO
Preténdese contribuír á satisfacción das necesidades básicas da poboación de 23 consellos populares das provincias da Habana, Granma e Guantánamo estimulando o seu desenvolvemento dende un enfoque de soberanía alimentaria que promova a autoxestión dos actores locais no seu propio desenvolvemento.
-
PROGRAMA INTEGRAL DE EMPODERAMENTO DA FEDERACIÓN DE MULLERES CUBANAS (FMC)
O programa contribuirá ao empoderamiento das mulleres, actuando sobre a desigualdade de oportunidades de desenvolvemento das mulleres cubanas, a través de fortalecer a capacidade organizativa e xestora da FMC, e fomentar a reconversión ocupacional das mulleres federadas pertencentes ás cooperativas agrícolas
-
PROGRAMA PILOTO DE DESENVOLVEMENTO DA MELLORA PRODUTIVA E EN INOCUIDADE ALIMENTARIA DAS COOPERATIVAS AGRÍCOLAS NA REPÚBLICA DE CUBA
O programa contribuirá ao aumento dos ingresos dos pequenos agricultores do municipio de Guanabacoa, actuando sobre a desigualdade de oportunidades de desenvolvemento económico das mulleres, e a fortalecer a seguridade alimentaria da poboación cubana
-
FORTALECEMENTO DO SISTEMA PÚBLICO SANITARIO E DA XESTIÓN LOCAL EN SAÚDE DA ÁREA MATERNO-INFANTIL DO HOSPITAL NACIONAL XERAL
Preténdese dar apoio ás medidas de mellora e reforma na xestión da sanidade a nivel de xestión intrahospitalaria, analizando e actuando sobre a distribución dos recursos, a planificación asistencial, a mellora nos procesos de prestación de servizo asistencial e non asistencial, o control da satisfacción do paciente, o papel da muller no sistema sanitario, e a mellora das infraestruturas sanitarias, entre outros aspectos
-
O PROMETIDO É DÉBEDA
Esta campaña de educación para o desenvolvemento “O prometido é débeda" é a continuación das dúas anteriores que tratan tanto os Obxectivos do Milenio, coma a realidade das mulleres a partires do obxectivo núm. 3 da Declaración do Milenio
-
PROXECTO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO VOCES DO SUR
Visualizar entre a sociedade galega a realidade dos países do Sur e as consecuencias que das políticas internacionais se derivan, sen esquecer os cambios que se producen a través do traballo das organizacións e da cooperación ao desenvolvemento
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- …
- seguinte ›
- última »