Proxectos
-
Addenda modificativa relativa ao Acordo de Prórroga e ao Acto de Adhesión do Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria
Prórroga do Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a AECID para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, suscrito o 3 de outubro de 2018 e publicado no BOE o 9 de novembro de 2018. Este convenio permite, por unha banda, o establecemento dunha relación de coordinación constante entre a Oficina de Acción Humanitaria (OAH) da AECID e as Comunidades Autónomas participantes, e por outra, o financiamento conxunto das intervencións que se seleccionen.
-
Fortalecemento do enfoque de protección integral feminista para defensoras de dereitos humanos en Mesoamérica
O presente proxecto nace para dar resposta á actual situación de vulneración de dereitos aos que fan fronte as defensoras de dereitos humanos en Mesoamérica, poñendo un foco especial en Nicaragua debido á crise sociopolítica que se iniciou en abril do ano pasado.
-
Atención Sanitaria a nenos con necesidades especiais en defensa dos dereitos do paciente en Guinea Bissau
O obxectivo xeral deste proxecto, en liña co ODS 3, é contribuír a asegurar o exercicio efectivo do dereito humano á saúde en Guinea Bissau. O obxectivo específico é “Promover o exercicio efectivo do dereito humano á saúde no Sector Autónomo de Bissau, con especial atención aos colectivos máis vulnerables”.
-
Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (AQUA - MOZ)
A xestión dos recursos hídricos e o fortalecemento das administracións responsables é unha prioridade en Mozambique. O desenvolvemento de actividades que vinculen melloras técnicas e procesos de xestión nun mesmo plan de acción foi identificado como unha formulación de éxito na cooperación galega coa administración da auga de Mozambique.
-
Convenio de colaboración coa Fundación Axuda en Acción no marco da Iniciativa de Desenvolvemento do sector acuícola e pesqueiro artesanal na Baía de Sechura, Perú
O proxecto, implementado pola Fundación Axuda en Acción, en Sechura, enmárcase na proposta conxunta baixo un marco de consorcio entre as seguintes institucións: CETMAR, ANFACO, Fundación Axuda en Acción e o Ministerio da Produción (PRODUCE), liderada por CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar) denominada “Incrementar a competitividade do sector pesca e acuicultura na Baía de Sechura a través do fortalecemento institucional e organizacional, a adopción de tecnoloxías e a sustentabilidade ambiental” A intervención contribuirá ao fortalecemento da capacidade de organización e a cultura empresarial
-
Convenio de colaboración coa Fundación CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar) no marco da Iniciativa de desenvolvemento do sector acuícola e pesqueiro artesanal na Baía de Sechura, Perú
O proxecto forma parte dun proxecto integral para a posta en marcha dunha iniciativa de desenvolvemento do sector acuícola e pesqueiro artenasal na Baía de Sechura Perú, que será implementado polo consorcio conformado por: Fundación CETMAR, Fundación Axuda en Acción e ANFACO-CECOPESCA, e socios locais como o Ministerio da Produción (PRODUCE). O proxecto integral recóllese nun convenio marco de colaboración entre Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza dá Xunta de Galicia e Fundación CETMAR, Fundación Axuda en Acción e ANFACO- CECOPESCA.
-
Convenio de colaboración coa Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (ANFACO-CECOPESCA) no marco da Iniciativa de desenvolvemento do sector acuícola e pesqueiro artesanal na baía de Sechura, Perú
Búscase incrementar a competitividade do sector da pesca artesanal e acuicultura na baía de Sechura a través do fortalecemento institucional e organizacional, a adopción de tecnoloxías e a sustentabilidade ambiental. O presente proxecto, de carácter anual, representa o comezo dun proxecto máis global, exposto para tres anos, que pretende incrementar a competitividade da pesca artesanal e acuicultura na baía de Sechura, situada ao noroeste de Perú no distrito de Piura.
-
Actuacións de inclusión social da infancia e da adolescencia na Habana Vella – Cuba
A promoción dunha cultura de dereitos, protección e participación de nenas, nenos e adolescentes é un obxectivo fundamental do traballo de UNICEF en Cuba.
Esta área de traballo céntrase no apoio á promoción dos dereitos e a participación significativa e ao fortalecemento de contornas protectoras para nenos, nenas e adolescentes, a nivel institucional e comunitario. Para iso, en alianza con diversos organismos nacionais, aprovéitanse estratexias que fan uso da investigación social, a cultura, a recreación, a comunicación, o deporte e a actividade física, entre outros.
-
Persoas que se moven: as violencias de xénero que afectan ás mulleres, nenas, nenos, poboación LGTBI e indíxenas no proceso migratorio mesoamericano
Convenio asinado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamento de actuacións no marco das medidas 36 e 37 do dito Pacto, que afectan ao ámbito da cooperación internacional:
-
Fortalecer os recursos locais de prevención e protección das mulleres e nenas sobreviventes de violencia sexual (vs) e violencia baseada no xénero (vbx) nos asentamentos informais de poboación refuxiada en Eastliegh North, Nairobi, baixo un enfoque de restitución integral e promoción dos dereitos sexuais e reprodutivos (DSR)
Convenio asinado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamento de actuacións no marco das medidas 36 e 37 do dito Pacto, que afectan ao ámbito da cooperación internacional:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- seguinte ›
- última »