Proxectos

  • Activistas polo mundo que queremos 2022-2023

    O presente proxecto constitúese como a décima edición dunha iniciativa pertencente ao Plan Proxecta + da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. É un proxecto colectivo e participado por distintas entidades con experiencia no eido da ECG, e dirixido a 400 alumnos e alumnas dos centros galegos de secundaria e formación profesional xunto ao seu profesorado, seleccionados entre aqueles que solicitaran a proposta no marco do programa Plan Proxecta +.

  • Protección e atención fronte a violencia machista para as mulleres vítimas e sobreviventes de violencia de xénero nos campos de poboación refuxiada de Palestina na Franxa de Gaza 2022

    As mulleres palestinas na Franxa de Gaza viven nunhas condicións políticas e socioeconómicas difíciles que lles afectan en todos os aspectos da súa vida, debido á continuación da ocupación israelí, a situación de bloqueo desde hai máis de 14 anos e as  escaladas de violencia dos últimos anos. Todo isto afectou negativamente á vida económica e social das mulleres palestinas e ao seu empoderamento, o logro dos seus dereitos e a súa participación na toma de decisións.

  • Loita contra a violencia sexual e de xénero (VSG) e a discriminación contra as mulleres na República Democrática do Congo-RDC

    Este proxecto ten por obxecto traballar desde un enfoque feminista e unha mirada interseccional que permita comprender a profundidade da opresión patriarcal e responder á diversidade de realidades e preocupacións das mulleres, apostando por materializar a equidade como enfoque transversal e dando impulso á equidade de xénero e ao empoderamento das mulleres refuxiadas centroafricanas na República Democrática do Congo- RDC, nun contexto actual onde a pandemia do Covid-19 actuou como multiplicador das desigualdades estruturais xa existentes, aumentando especialmente as de xénero, violencias ma

  • Actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

    Este convenio asinouse de forma ininterrompida dende o ano 2009 para garantir unha resposta áxil e rápida por parte da Xunta de Galicia, mediante a posta en marcha de accións asistenciais e de atención inmediata ás emerxencias, despois de que se declare a catástrofe ou crise humanitaria ou antes da agudización dunha crise crónica. situacións de fame, desprazamentos de poboación por motivos bélicos, económico-sociais ou post-catástrofe) tratando de evitar unha gran mortalidade entre as vítimas. Nestas accións FARMAMUNDI traballará desde dúas estratexias diferentes.

  • Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD de orientar estratexicamente ás entidades socias para obxectivos compartidos de fortalecemento e incidencia política e socia

    O proxecto pretende mellorar as capacidades da coordinadora de ONGD galegas para orientar estratexicamente a actuación conxunta das ONGD galegas.

  • Mellora dos medios de vida e a seguridade alimentaria da poboación mediante o fortalecemento das cadeas de valor da pesca e a acuicultura

    O proxecto ten como obxectivo contribuír á mellora das condicións de vida e da seguridade alimentaria e nutricional das comunidades do distrito de Namaacha na provincia de Maputo, con especial atención á mocidade e ás mulleres, a través da mellora da cadea de subministración, valor da pesca e a acuicultura e a promoción da seguridade alimentaria nas comunidades.

  • A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación III

    Este proxecto ten como obxectivo específico promover a implicación dos concellos e deputacións galegas na consecución dos ODS e na cooperación ao desenvolvemento, buscando sinerxías coa administración local e rexional dos países da Lusofonía. Para isto, fundaméntase en dúas dimensións:

  • Fortalecemento das capacidades técnicas e operativas para mellorar a xestión dos recursos hídricos en Mozambique (AQUA-MOZ SECARA 3ª Fase)

    Este proxecto AquaMoz, Secara 3a Fase é a continuación das actuacións anteriores desenvolvidas por AdG e a UdC no marco da xestión da seca en Mozambique. O proxecto pretende contribuír, no marco da loita e prevención contra os efectos do cambio climático, á mitigación dos impactos dos eventos de seca en Mozambique, reforzando a Administración Rexional de Augas de Mozambique coa experiencia de xestión dos recursos hídricos en Galicia como unha referencia.

  • Mellora da atención a nenos e nenas con diversidade funcional en Guinea Bissau

    O obxectivo desta proposta, en consonancia cos ODS 3 e 10, é promover a mellora dos servizos de rehabilitación prestados polo sistema de saúde de Guinea Bissau, atendendo especificamente a pacientes especialmente vulnerables con enfermidades crónicas e/ou diversidade funcional (ENT). A intervención terá lugar no Centro de Rehabilitación e Desenvolvemento da Infancia, o único centro de Bissau que ofrece servizos médicos e sociais especializados a nenos con diversidade funcional.

  • Transporte de Axuda Humanitaria a Ucraína

    O proxecto de transporte de Axuda Humanitaria a Ucraína nace por mor da invasión rusa de Ucraína o pasado 24 de febreiro de 2022, como medio de resposta rápida á situación de desabastecemento de produtos de primeira necesidade da poboación debido ao conflito. O seu obxectivo principal e único é tratar de paliar este desabastecemento, asegurando o impacto do proxecto de envío de axuda humanitaria pola información e comunicacións da fundación colaboradora en destino, así como a confirmación dos transportistas contratados do éxito do transporte e entrega.